O Colexio

A Xunta de Goberno do COPOGA dávos a benvida á páxina web do colexio, unha páxina que nace co obxectivo de converterse nun lugar de encontro para as/os podólogas/os que realicen a súa actividade no territorio de Galicia e ao mesmo tempo, pon á disposición das/os cidadás/cidadáns a información precisa para que acudan a profesionais con plenas garantías.

Buscador

 

UREADIN

 

A podoloxía é a ciencia que ten por obxecto o estudo das afeccións e deformidades dos pés.

A/o podóloga/o é o profesional sanitario universitario que prevé, diagnostica e trata os problemas do pé, ocupándose dun coidado completo e integral do mesmo, así como da súa relación co resto do corpo, posto que así como hai enfermidades sistemáticas que poden provocar patoloxías no pe tamén un mal funcionamento do pé pode producir diversos problemas no resto do organismo.

A estrutura e o funcionamento dos pés son moi complexos e esíxenlle á/ao podóloga/o profundos coñecementos en distintas materias, así como as habilidades e aptitudes necesarias para realizar e/ou elaborar calquera tipo de tratamento do pé mediante os procedementos terapéuticos propios da súa disciplina.

10 Maio, 2013

EXPOSICIÓNS DE CASOS CLÍNICOS NAS “I XORNADAS GALEGAS DE PODOLOXÍA”

30 Abril, 2013

O Colexio de Podólogos de Galicia aconsella visitar a un profesional para revisar os pés antes de facer o Camiño de Santiago para evitar lesións e diversas patoloxías dolorosas

2 Abril, 2013

Actualización en Podoloxía Infantil. Casos Clínicos

6 Marzo, 2013

SUSPENSIÓN CONVENIO MUGEJU