Inicio / O colexio

O colexio

A Xunta de Goberno do COPOGA dávos a benvida á páxina web do colexio, unha páxina que nace co obxectivo de converterse nun lugar de encontro para as/os podólogas/os que realicen a súa actividade no territorio de Galicia e ao mesmo tempo, pon á disposición das/os cidadás/cidadáns a información precisa para que acudan a profesionais con plenas garantías.

O COPOGA ten como obxectivos básicos a promoción progresiva e xeral do desenvolvemento da podoloxía e a defensa os intereses xerais dos seus colexiados; comprometéndose coa súa representación e defensa, así como tamén, coa ordenación da podoloxía, a loita contra o intrusismo, a promoción da formación, e o coidado polo cumprimento das normas éticas e deontolóxicas.

Agardamos que esta páxina nos proporcione ferramentas que nos axuden de maneira áxil e eficaz a traballar xuntos no fomento destas finalidades, proporcionándonos unha vía de acceso cómoda a múltiples contidos que sirvan para satisfacer o interese da poboación en xeral e das/dos colexiadas/os en particular.