Quen pode colexiarse?
Teñen dereito a incorporarse ao Colexio e ser colexiados aquelas persoas que ostenten a titulación legalmente requirida para o exercicio en España da profesión de podólogo.
Ver apartado Acceso á actividade profesional.
Ver apartado Homologacións
Que documentación hai que presentar?
- Impreso de alta cuberto
- Dúas fotografías tamaño carné
- Fotocopia do DNI
- Fotocopia de Diplomada/o ou Grao en Podoloxía ou do deposito de título debidamente. Se aínda non se dispón do título, é necesario presentar o Certificado Supletorio do título expedido pola Universidade correspondente. Este documento debe estar cotexado ou dispoñer de Códigos Seguros de Verificación que permitan comprobar a súa autenticidade.
- Fotocopia ou documento bancario onde aparezan todos os díxitos da conta onde se desexe domiciliar o pago das cotas.
Como podo realizar a colexiación?
Podes iniciar a túa solicitude de colexiación vía online a través da páxina web do Colexio.
Cotas de colexiación
O importe das cotas colexiais está determinado pola Asemblea Xeral do Colexio Oficial de Podólogos de Galicia.
As cotas vixentes no ano 2020 son:
- Cota de alta: 225,38 €
- Cota ordinaria: 90,00 €/trimestrais
- Cota colexiados non exercentes: 45,00 €/trimestrais
Como podo darme de baixa do Colexio?
No caso de desexar darse de baixa, tan só hai que cumprimentar a solicitude de baixa e remitila o COPOGA ou vía online a través da nosa páxina web (ver apartado “baixa colexiación”).
Actualización de datos
Os colexiados deben actualizar os seus datos dende o seu perfil persoal da páxina web colexial.