Consellos

COMUNICADO CONXUNTO SOBRE A EXPOSICIÓN BIOCULTURA DA CORUÑA

COMUNICADO CONXUNTO SOBRE A EXPOSICIÓN BIOCULTURA DA CORUÑA

Os Colexios de Fisioterapeutas de Galicia (COFIGA), de Podólogos de Galicia (COPOGA), o Consello Xeral de Dietistas e Nutricionistas e a Asociación de Afectados de Intrusismo Médico Sanitario (AIMS) ante a celebración este fin de semana da Exposición BIOCULTURA na cidade da Coruña queren manifestar o seguinte:

1º – Algunhas das empresas expositoras ofrecen produtos ou servizos que consideramos cuestionables no referente á seguridade e calidade para os usuarios, posto que carecen do aval dos profesionais sanitarios CUALIFICADOS para a súa comercialización e utilización.

2º – A venda indiscriminada dalgúns aparellos, presuntamente dirixidos á curación ou corrección de anomalías físicas cuxo tratamento corresponde aos colectivos profesionais de Fisioterapeutas e Podólogos, para que sexan utilizados directamente por calquera persoa a título individual ou mesmo de forma colectiva desde establecementos non habilitados legalmente para iso, pode entrañar un grave risco para a saúde.

3º – De igual modo desde o colectivo profesional de Dietistas e Nutricionistas maniféstase o máis absoluto rexeitamento a todo aquilo que supoña ofertarlle aos cidadáns “súperalimentos” “suplementos alimenticios” etc. sen ningún tipo de control ben por un profesional habilitado para iso ou no seu caso por un médico especializado.

4º – A Asociación de Afectados de Intrusismo Médico Sanitario, como vén sendo unha constante no seu traballo desde hai dez anos, únese a esta queixa dos profesionais sanitarios porque entende que calquera tipo de tratamento, asesoramento, produto ou servizo dirixido á saúde dos cidadáns debe vir apoiado SEMPRE por un profesional colexiado.

Á marxe de canto foi exposto, queremos sinalar que esta queixa en nada supón unha crítica aos auténticos emprendedores e produtores que ofrecen servizos ou produtos seguros e/ou con indicación de que requiren supervisión por profesionais sanitarios. Ben ao contrario, recoñecemos e agradecemos o seu traballo, mentres mantemos a nosa alerta e crítica a quen pretenden comercializar servizos ou produtos que supoñen un potencial risco para a saúde dos cidadáns, valéndose da aparencia de lexitimidade que supón o respaldo institucional do Concello da Coruña ao acto e ante a falta dun exhaustivo control da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia.

Ya tenemos a la vuelta de la esquina el 49 Congreso Nacional de Podología. No pierdas más tiempo, inscríbete ya‼️ https://t.co/AJsJJVOmJB
Os podólogos infantís aconsellan non abusar de botas ou deportivas. Nuestras recomendaciones para la #vueltaalcolehttps://t.co/YfNBgIGMpv
Los peregrinos siguen llegando a SANTIAGO en septiembre por todos los caminos. Nosotros iremos a COMPOSTELA en octu… https://t.co/3c2mOTjWz3
Recomendacións dos podólogos para a volta ao cole en Televisión de Galicia: https://t.co/Uws1RXE3rw" target="_blank">https://t.co/Uws1RXE3rw https://t.co/Uws1RXE3rw" target="_blank">https://t.co/Uws1RXE3rw
Descubrimos cuáles son los errores y aciertos que comentemos a la hora de comprar calzado infantil https://t.co/fxn3XFweYq
AMA firma las pólizas de vida con los Colegios de Podólogos de Galicia y Dentistas de Salamanca - El médico interac… https://t.co/XPM3VBd2PJ
AMA firma las pólizas de vida con los Colegios de Podólogos de Galicia y Dentistas de Salamanca - El médico interac… https://t.co/UwKt43qp8i
Para cada medra o seu zapato. En Revista ECO: https://t.co/xVaZ0c6XH3" target="_blank">https://t.co/xVaZ0c6XH3 https://t.co/xVaZ0c6XH3" target="_blank">https://t.co/xVaZ0c6XH3
Sinatura do convenio con AMA para a renovacion do seguro de vida do que se benefician todos os colexiados!
Sinatura do convenio con AMA para a renovacion do seguro de vida do que se benefician todos os colexiados! https://t.co/GJ1fqJofAz
Seis consejos de los especialistas para elegir calzado en la vuelta al cole https://t.co/qoRhqzPbrM
Los zapatos, el mejor calzado para los escolares en la vuelta al colegio https://t.co/CtFcfbBoQU
Ni chancla ni tacón alto, lo mejor para los pies es la cuña https://t.co/yXno8i2ppM
Consejos sobre chanclas desde Galicia en el informativo nacional de Antena 3 https://t.co/DHSPr7EBUm
Camiñar en exceso pola area da praia pode entrañar riscos | CRTVG https://t.co/92F6QtRAnp
Los podólogos recuerdan a los esteticistas que no pueden usar instrumentos de corte . El Consejo General de Colegio… https://t.co/SuCXgXHMQx