O intrusismo esta tipificado como delito polo artigo 403 do Código Penal; cométese cando se exercen actos propios dunha profesión sen estar en posesión nin ter obtido o correspondente título académico expedido ou recoñecido de acordo coa lexislación vixente.
As accións dos intrusos poden afectar a seguridade e a integridade das persoas que por descoñecemento se expoñen a el e constitúe unha mala imaxe da profesión ante a sociedade.
Podes comunicar ter coñecemento de algún caso de intrusismo cubrindo o MODELO DE DENUNCIA FORMAL e presentándoo presencialmente ou vía postal na secretaría do colexio, ou, tamén se pode presentar telemáticamente dende a nosa sede electrónica.
Acceder con certificado dixital


Acceder con usuario e contrasinal
Para que o COPOGA poida considerar o denunciante parte ou interesado no procedemento (os efectos da Lei 39/2015, de Procedemento Administrativo Común das Admin Públicas) este terán que presentar unha DENUNCIA FORMAL.
O COPOGA tamén pon a disposición de todos os cidadáns o “ESPAZO DE COMUNICACIÓN SOBRE POSIBLES IRREGULARIDADES”, onde se poderán COMUNICAR (que non denunciar-formalmente) as irregularidades, sobre esta materia, das que se teña coñecemento.
Neste caso o comunicante NON TERÁ QUE APORTAR NINGÚN DATO PERSOAL e só se recollerá a información sobre as presuntas irregularidades.