Noticias

O Colexio de Podólogos de Galicia inaugura a súa nova sede en Santiago para lles ofrecer formación de alto nivel aos podólogos, loitar contra o intrusismo e incorporar a profesión á carteira de servizos da sanidade pública

Borja Pérez, presidente: “Conseguimos un maior recoñecemento da profesión ante a sociedade e estendeuse a cultura do coidado do pé entre a poboación”

O Colexio de Podólogos de Galicia inaugurou hoxe a súa nova sede en Santiago de Compostela. Situada no número 8 da rúa Manuel Vázquez Cacharrón, o novo local en propiedade do colectivo dispón dunhas instalacións modernas e diáfanas que contribuirán a mellorar os servizos que se lles prestan aos colexiados galegos. O evento contou coa representación institucional do subdirector xeral de Planificación e Programación Asistencial da Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria da Xunta de Galicia, Alfonso Alonso Fachado; o alcalde de Santiago, Martiño Noriega; a decana da Facultade de Enfermería e Podoloxía da Universidade da Coruña (UDC, Campus Esteiro de Ferrol), Natalia Sobrido; e os representantes dos colexios profesionais de licenciados en Educación Física, Médicos da Coruña, Médicos de Ourense, Logopedas e Fisioterapeutas de Galicia, que foron recibidos polo presidente do Colexio de Podólogos de Galicia, Borja Pérez Serrano, e o resto da xunta de goberno.

O Colexio de Podólogos de Galicia, creado en 1996, conta actualmente con algo máis de 400 colexiados e colexiadas e unha xunta de goberno nova e dinámica que se encargou de realizar unha profunda renovación dos servizos colexiais, centrados principalmente en ofrecer unha formación continua de alto nivel, loitar contra o intrusismo profesional e incorporar a profesión á carteira de servizos da sanidade pública galega, petición que xa foi aprobada polo Parlamento galego e remitida á Consellería de Sanidade. Ademais, outro obxectivo específico do colexio é difundir a importancia dun coidado adecuado dos pés, que son a base do noso corpo, para ter unha correcta saúde podolóxica.

O presidente do Colexio de Podólogos de Galicia, Borja Pérez, destacou que, nas dúas primeiras décadas de funcionamento, a entidade creceu e evolucionou moito, paralelamente a como o fixo tamén a profesión. “Conseguimos un maior recoñecemento da profesión ante a sociedade e estendeuse a cultura do coidado do pé entre a poboación” –manifestou–.

Como evento sinalado de 2018, o presidente indicou que Santiago de Compostela será a sede do 49 Congreso Nacional de Podoloxía, que terá lugar os días 5 e 6 de outubro no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia da capital galega. O simposio, que contará coa asistencia de máis de 1 000 congresistas de toda España, está organizado polo Consello Xeral de Colexios Oficiais de Podólogos de España e o Colexio de Podólogos de Galicia baixo o lema “O Camiño que nos une”. Nos relatorios, mesas redondas e talleres abordaranse cuestións relativas ao diagnóstico, aspectos biomecánicos, tratamentos ortopodolóxicos, tratamentos cirúrxicos e outros avances e contarase con prestixiosos expertos internacionais e nacionais.

Ni chancla ni tacón alto, lo mejor para los pies es la cuña https://t.co/yXno8i2ppM
Consejos sobre chanclas desde Galicia en el informativo nacional de Antena 3 https://t.co/DHSPr7EBUm
Camiñar en exceso pola area da praia pode entrañar riscos | CRTVG https://t.co/92F6QtRAnp
Los podólogos recuerdan a los esteticistas que no pueden usar instrumentos de corte . El Consejo General de Colegio… https://t.co/SuCXgXHMQx
Date una vuelta por el boletín del Consejo de Podólogos y verás noticias del próximo congreso nacional que se celeb… https://t.co/KEMOZpirc2
El Colegio de Podólogos de Andalucía celebra la inclusión de sus profesionales en las bolsas de interinos de Secund… https://t.co/vw2OaO1ifk
El Colegio de Podólogos de Andalucía celebra la inclusión de sus profesionales en las bolsas de interinos de Secund… https://t.co/Av4dbAeCe0
Nuestro presidente ha mantenido hoy una reunión con el secretario xeral técnico de la Consellería de Sanidade y la… https://t.co/BOGOjYVJam
Los pies, los grandes sufridores del verano. En Faro de Vigo https://t.co/q3bXnOvUQ7" target="_blank">https://t.co/q3bXnOvUQ7 https://t.co/q3bXnOvUQ7" target="_blank">https://t.co/q3bXnOvUQ7
Los expertos aconsejan no caminar con chanclas para evitar dedos en garra y fascitis plantar https://t.co/a2o1xzeMqC
Nuestros consejos veraniegos para cuidar la salud de nuestros pies. En La Voz de Galicia https://t.co/wJCsmLQ1Ok
El Colexio de Podólogos de Galicia asegura que los pies son la parte... https://t.co/0mtX3eLo0Q
Santiago acoge en octubre el 49 Congreso Nacional de Podología https://t.co/ILt9D5OZg6
Los presidentes del Consejo y de Galicia, tras la audiencia con el Conselleiro de Sanidade @CGPodologos https://t.co/mfWblfp1If
Presentación de nuestro congreso nacional de octubre al Conselleiro de Sanidad de GALICIA. https://t.co/0DgKFRzZiL
Barcelona será sede del Congreso Mundial de Podología en 2021. Además la International Federation of Podiatrists ha… https://t.co/FDkye7Hqjk