Campos

Os principais campos de actuación da podoloxía son os seguintes:

Quiropodoloxía

Diagnóstico e tratamento de alteracións das unllas e da pel como helomas (calos) ou hiperqueratoses (durezas); baixo as máis estritas medidas de esterilización e asepsia.

Biomecánica

É o estudo e valoración dos movementos e as forzas que se producen, tanto en estática como en dinámica, co obxectivo de previr e tratar patoloxías)

Ortopodoloxía

Confección de tratamentos, realizados a medida de cada persoa, co propósito de compensar ou corrixir alteracións da marcha e deformidades do pé.

Podoloxía preventiva

Acudindo a revisións anuais pódense tratar posibles patoloxías indoloras que poden ter nefastas repercusións para a marcha e para a estática.

Podoloxía pediátrica

Esta rama da podoloxía está especializada no estudo e tratamento dos pés infantís. Detectando problemas na estrutura do pé e na marcha do neno/a pódense solucionar patoloxías actuais ou previr complicacións en idades adultas.

Cirurxía podolóxica

Campo da podoloxía que se encarga de solucionar as patoloxías do pé, como poden ser as ungueais, as de partes brandas ou a osteoarticular valéndose de técnicas e protocolos cirúrxicos propios da podoloxía.

Farmacoloxía podolóxica

Tratamentos medicamentosos orais, tópicos ou mediante infiltracións dispensados con receta podolóxica ou sen ela, empregados para o tratamento das patoloxías podolóxicas.

Podoloxía deportiva

Dedicada ao estudo, diagnóstico e tratamento de lesións provocadas nos pés debido á actividade deportiva. Ademais utilízanse técnicas para mellorar o rendemento e evitar lesións nestes pacientes.

Podoloxía laboral

Cada vez máis, a podoloxía esta máis especializada nas patoloxías dos pés provocadas pola actividade laboral.

Podoloxía xeriátrica

Área dedicada ao estudo e valoración do pé do paciente ancián. O coidado dos pés durante a terceira idade, xunto cos tratamentos ortopodolòxicos axeitados e/ou axudas para a marcha poden mellorar a independencia do ancián, previr caídas e outros problemas asociados coa inmobilidade.

Pé de risco

Estudo e valoración dos doentes considerados de pé de risco, como poden ser os diabéticos, aquelas persoas con problemas circulatorios...

Podoloxía reumática

Estudo das alteracións reumáticas do pé para o seu tratamento.

Podoloxía física

Terapia que inclúe ultrasóns, estimulación eléctrica ou terapias de exercicios tales como exercicios isocinéticos deseñados para diminuír a dor e a inflamación relacionada cos problemas biomecánicos.