Eventos

CONCURSO POSTAIS DE NADAL

Dende o Colexio Oficial de Podólogos de Galicia (COPOGA) animamos aos máis pequenos da casa a fixarse nos seus pés e crear con/sobre eles unha postal de Nadal.

Participar no concurso é moi sinxelo; está dirixido a nenos/as de entre 3-6 anos; só hai que imprimir a plantilla que vos anexamos neste correo, cubrila, debuxar nela e enviala a concurso@copoga.com antes do día 14 de decembro.

A obra gañadora servirá de imaxe na postal de Nadal que o Colexio envía ás demais entidades/institucións e tamén ós colexiados.

O autor/a do debuxo gañador recibirá de agasallo unha caixa regalo “Estancia familiar + Actividades e Parques temáticos” onde poderá elixir entre os máis de 500 hoteis con actividades familiares e entradas a parques temáticos de España, Andorra e Portugal.

Asemade, todos os participantes recibirán un set de pintura que consta de 10 lapis de cores, acuarelas con pincel e 1 afiador.


poster e concurso postais de nadal

soleta debuxo