Homologacións

RECOÑECEMENTO DE TÍTULOS EUROPEOS PARA EXERCER UNHA PROFESIÓN REGULADA

Compete o Ministerio de Sanidad, Consumo y Bienestar Social tramitar e resolver as solicitudes de recoñecemento para o exercicio profesional en España das Profesións Reguladas (Anexo X do Real Decreto 1837/2008, do 8 de novembro, polo que se incorporan ao ordenamento xurídico español da Directiva 2005/36/CE, do Parlamento Europeo e do Consello do 7 de setembro de 2005), así como a de Psicólogo Xeral Sanitario (Disposición Adicional Sétima da Lei 33/2014 de 4 de outubro, Xeral da Saúde Pública).

A información para a realización de este procedemento está na páxina web do correspondente Ministerio:

https://www.mscbs.gob.es/profesionales/formacion/recoTitulosEuro/profesionales.htm

Para calquera dúbida ou consulta pódese escribir a: reconocimientoue@mscbs.es

RECOÑECEMENTO DE EFECTOS PROFESIONAIS A TÍTULOS EXTRACOMUNITARIOS DE ESPECIALISTA EN CIENCIAS DA SAÚDE

O recoñecemento en España de efectos profesionais aos títulos de especialista obtidos en Estados non membros da Unión Europea, levase a cabo polo procedemento regulado no Real Decreto 459/2010 de 16 abril , que desenvolve o artigo 18 da Lei 44/2003, de Ordenación das Profesións Sanitarias.

A resolución positiva das solicitudes de recoñecemento implica outorgar aos mencionados títulos estranxeiros os efectos profesionais inherentes ao título español que en cada caso corresponda, de entre os relacionados no anexo I do Real Decreto 183/2008, de 8 de febreiro, polo que se determinan e clasifican as especialidades en Ciencias da Saúde e desenvólvense determinados aspectos do sistema de formación sanitaria especializada.
Por iso, o citado recoñecemento outorgará os mesmos dereitos e obrigacións profesionais que o título español de especialista e será requisito imprescindible para o exercicio en España, por conta propia ou allea, da profesión de especialista de que se trate.

A información para a realización de este procedemento está na páxina web do correspondente Ministerio:

https://www.mscbs.gob.es/profesionales/formacion/EspecialistasExtracomunitarios/homeExtracom.htm

Para calquera dúbida ou consulta pódese escribir a: recontitextracom@mscbs.es