Noticias

Os corredores deben realizar un estudo da pisada para comprobar a saúde dos seus pés e gozar do running sen lesións, pero nunca en tendas deportivas

Os corredores deben realizar un estudo da pisada para comprobar a saúde dos seus pés e gozar do running sen lesións, pero nunca en tendas deportivas

O Colexio de Podólogos de Galicia aconsella prestar especial atención ao tipo  de zapatillas e calcetíns, lavar e hidratar adecuadamente os pés e realizar un corte cadrado das uñas

A afección polo running e o sendeirismo está cada vez máis en boga e coa chegada do bo tempo moitas persoas saen a correr polos parques das súas cidades ou pobos. Coa premisa de que a práctica de calquera deporte é boa para a nosa saúde, o Colexio de Podólogos de Galicia ofrece unha serie de consellos para manter tamén un correcto e saudable estado dos nosos pés

Ao ser o pé unha estrutura anatómica moi complexa, composta por 28 ósos, 33 articulacións e máis de 100 tendóns, o Colexio de Podólogos de Galicia recomenda aos corredores porse en mans dun especialista do pé para recibir asesoramento sobre como realizar mellor a actividade física co obxecto de previr lesións ou evitar o seu agravamento.

10 consellos para coidar os pés dun corredor

  1. Coida a túa pisada. É fundamental someterse a un estudo biomecánico para comprobar a idoneidade da pisada. Cos resultados da exploración, o podólogo tratará de corrixir, se é necesario, a maneira de pisar. Non deben facerse estudos da pisada en centros comerciais ou marcas deportivas.
  1. A zapatilla adecuada. É moi importante adestrar coa zapatilla adecuada en función do peso, quilómetros que se percorren e tipo de superficie. En terreos naturais débense elixir zapatillas con sola de surcos profundos que permitan que a materia que se pisa poida evacuarse correctamente. En asfalto ou materiais sintéticos, os surcos poden ser menos profundos, e en campos de herba ou similar, os tacos é o máis recomendable.
  1. Non estrear calzado antes dunha proba deportiva. Actualmente, tamén moitos afeccionados ao running inscríbense en probas deportivas como os maratóns. As zapatillas deben estrearse con anterioridade para evitar rozamentos ou bochas. Ademais, hai que comprobar a idoneidade do número do calzado, xa que o ideal é que sobre un centímetro entre o final do dedo máis longo e a zapatilla posto que o pé aumentará de tamaño ao dilatarse coa actividade física.
  1. Calcetíns técnicos. Estira ben os calcetíns para evitar calquera engurra que poida facer rozadura. O mellor é utilizar un calcetín con tecido técnico, que non comprime, axústase perfectamente ao pé e dispón dunha serie de canles de ventilación que o manteñen máis fresco, a pesar da suodoración. 
  1. Axusta os cordóns. Os cordóns deben estar axustados, porque é importante que a zapatilla, soleta e pé formen un bloque xa que a maior parte de bochas xéranse por fricción, é dicir, por desprazamento do pé dentro da zapatilla.
  1. Crema antifricción. Nalgúns casos, a vaselina ou outras cremas específicas antefrición poden ser de gran axuda para evitar rozaduras ou bochas ao estendela por todo o pé, na planta, entre os dedos e no empeine.
  1. Coidado das uñas. Hai que cortar as uñas en forma cadrada, sen redondear as esquinas para non provocar uñas encarnadas.
  1. Revisa os teus pés tras adestrar. Nunca se debe descoidar unha ferida ou bocha, por pequena que sexa. O pé é un dos lugares do corpo onde a hixiene é máis importante, e unha infección aí pode chegar a ter consecuencias máis prexudiciais do que nun principio podería esperarse.
  1. Mantén seco o calzado. Ao termo dunha carreira deben secarse as zapatillas, e os persoais se se usan. Se hai tendencia a unha suodoración excesiva dos pés, pódense usar pos secantes durante o día aplicándoos por dentro para que cheguen ata a punta do calcetín.
  1. Hidrata os pés todas as noites

 

É ilegal que as tendas deportivas usen os estudos da pisada para diagnosticar  patoloxías no pé

Para coidar adecuadamente os pés na práctica deportiva, o Colexio de Podólogos de Galicia defende que son os podólogos os profesionais competentes e co coñecemento sanitario adecuado para realizar estudos da pisada completos e a posterior recomendación no uso do calzado. Aclaran que as tendas deportivas que ofertan diagnósticos da saúde do pé mediante estudos da pisada están a incorrer nunha práctica de intrusismo profesional, ao non ter o seu persoal a formación nin competencia para analizar a saúde do pé, polo que non poden facer diagnósticos apoiándose nos resultados da máquina. Ademais, aclara que este tipo de establecementos de venda de material deportivo poden usar a análise da pisada para asesorar sobre que calzado deportivo óptimo podería ser mellor ou peor para o seu cliente, pero nada máis.

Más ecos del congreso nacional en Santiago https://t.co/vq3BAkSnJX
¿Quieres profundizar en la valoración global del deportista? De la mano de los podólogos Manuel Mosqueira (Factor B… https://t.co/Q4ZgrXCCNU
ECOS DEL CONGRESO.- Javier Alfaro https://t.co/trhLdsdbCW
Condenada por intrusismo al ejercer como podóloga sin título ni licencia https://t.co/Aolf3CYUII
Ecos del congreso de Santiago. Y echamos el cierre. ¡Feliz puente del Pilar! https://t.co/2DBPDC2F3x
Ecos del congreso de Santiago. Luke Cicchinelli https://t.co/XRkCpZrg9c
ECOS DEL CONGRESO.- Los presidentes del Consejo y el Colegio de Galicia, José García Mostazo y Borja Pérez Serrano,… https://t.co/QFWBzMrWtb
Ecos del congreso de Santiago. Noemí Lorenzo también expuso sus creaciones artísticas https://t.co/WIabvtBIP7
Fin de congreso de los podólogos en el Obradoiro, en La Voz de Galicia. Edición Santiago https://t.co/u3fmSI6bok" target="_blank">https://t.co/u3fmSI6bok https://t.co/u3fmSI6bok" target="_blank">https://t.co/u3fmSI6bok
Profesionales extremeños asisten al Congreso Nacional de Podología en Santiago Compostela https://t.co/L0Lvs9UF2Q
Los podólogos españoles se reúnen para conocer los retos a los que se enfrenta la profesión: https://t.co/F2IcG5NR5c" target="_blank">https://t.co/F2IcG5NR5c https://t.co/F2IcG5NR5c" target="_blank">https://t.co/F2IcG5NR5c
Podólogos dicen que es "preciso" que los políticos valoren el potencial de la especialidad https://t.co/y0cCpeKWVo
Finaliza el Congreso de Podología, que atrajo a más de 1.000 expertos https://t.co/ixGbyFN77u
El Congreso de Podología reivindica la importancia de la salud de los pies https://t.co/96UST8hO1f
Os podólogos reclaman a súa inclusión no servizo público da sanidade, en Televisión de Galicia… https://t.co/3rOmShHhL1
Ecos del congreso de Santiago. Profesor Alexander Cepeda, que vino de Ecuador. https://t.co/cCE1tE4i0M
Finaliza el Congreso de Podología, que atrajo a más de 1.000 expertos https://t.co/ixGbyFN77u