Noticias

Máis do 70 % dos problemas nos pés poderían resolverse con podólogos en atención primaria, sen chegar aos hospitais

Máis do 70 % dos problemas nos pés poderían resolverse con podólogos en atención primaria, sen chegar aos hospitais

O 40 % das lesións no pé diabético poderíanse evitar se se diagnosticasen e tratasen dunha maneira precoz, de maneira ambulatoria

  • Estes datos despréndense da memoria presentada polo Consello de Colexios de Podólogos ao Ministerio de Sanidade para xustificar a inclusión de podólogos en atención primaria na sanidade pública
  • O Colexio de Podólogos de Galicia reuniuse hoxe coa Consellería de Sanidade para continuar desenvolvendo o convenio de colaboración para a elaboración dun programa de prevención e atención podolóxica a pacientes diabéticos e de risco

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2018 (Vía Láctea Comunicación).- Máis do 70 % dos problemas nos pés poderían resolverse con podólogos en atención primaria. Así se reflicte nun informe realizado polo Consello Xeral de Colexios Oficiais de Podólogos que xustifica a inclusión dos podólogos no Sistema Nacional de Saúde e, máis concretamente, nos centros de saúde. A memoria foi presentada pola Comisión de Sanidade do Consello Xeral de Colexios de Podólogos ao Ministerio de Sanidade e nela reflíctese que o 40 % das lesións no pé diabético se poderían evitar se se diagnosticasen e tratasen dunha maneira precoz, de maneira ambulatoria.

Sobre esta cuestión de pé diabético, o presidente do Colexio de Podólogos de Galicia, Borja Pérez Serrano, mantivo hoxe un encontro co subdirector xeral de Planificación e Programación Asistencial da Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria da Xunta de Galicia, Alfonso Alonso. Na reunión de traballo proseguiuse co desenvolvemento do futuro convenio de colaboración entre ambas as organizacións para a elaboración dun programa de prevención e atención podolóxica a pacientes diabéticos e de risco, tratando de achegar posturas co obxecto final de ofrecer a mellor asistencia podolóxica aos pacientes. Ademais, o Colexio de Podólogos recibiu o apoio explícito de diversas entidades, como son a Federación Galega de Asociacións de Persoas con Diabete (Fegadi), a Sociedade Galega de Endocrinoloxía, Nutrición e Metabolismo (SGENM), e os colexios profesionais de médicos.

A Unidade do Pé en atención primaria

A atención integral da saúde dos cidadáns, ademais dun mandato constitucional, supón un investimento que, a medio e longo prazo, rebaixa os custos sanitarios e mellora a calidade de vida dos cidadáns. Neste sentido, a Unidade do Pé en atención primaria tería unha positiva incidencia por diferentes motivos:

- Descargaría as consultas, mediante a colaboración coas distintas especialidades que requirisen a intervención do podólogo. En Atención Primaria o podólogo podería recibir ao paciente derivado polo médico de familia e evitar a miúdo tratamentos innecesarios.

- Serviría de filtro para a remisión de pacientes á área hospitalaria.

- Reduciría as listas de espera, tanto clínicas como cirúrxicas, xa que supoñería unha axuda valiosa nos servizos de Endocrinoloxía, Dermatoloxía, Traumatoloxía, Rehabilitación, Neuroloxía, Cirurxía e Urxencias. Así, en Endocrinoloxía, por exemplo, co tratamento do pé diabético, enfermidade que afecta o 7 % da poboación con moitas complicacións no pé. Entre os factores de risco atópase a idade, o tempo de evolución da enfermidade, a biomecánica, o mal control metabólico, a falta de hixiene e a obesidade. Estes factores poderíanse minimizar desde unha boa atención primaria por parte dos podólogos. O pé diabético é unha das complicacións máis frecuente na diabetes e a principal causa das amputacións non traumáticas na extremidade inferior. A prevalencia está entre o 8 e o 13 % da poboación diabética e en persoas entre 45 e 65 anos. O 20 % dos diabéticos que ingresan no hospital son por problemas nos pés e 5 de cada 6 amputacións non traumáticas que se practicaron en pés son en pacientes diabéticos. Úlceras, amputacións, infeccións ou neuropatías son as complicacións máis frecuentes.

Outro exemplo de redución das listas de espera sería como consecuencia da atención temperá das patoloxías dérmicas simples como as verrugas, durezas e callos (helomas neurovasculares ou hiperqueratose), fungos nas uñas (onicomicose), suor excesiva (hiperhidrose) etc. Se fosen tratadas polos podólogos reduciríase o tempo de espera nas consultas dos dermatólogos.

A resolución de patoloxías ungueais (uñas enterradas, onicogrifose, onicomadese etc.), problemas músculo-esqueléticos e osteoarticulares (fascite, tendinopatías, neurite, metatarsalxias, dedos en garra, xoanetes ou hallux valgus, exostose etc.) poderían ser resoltos pola Podoloxía en réxime ambulatorio. Isto axudaría a diminuír dunha maneira notable as listas de espera doutros especialistas como cirurxiáns ou traumatólogos e descargaría as consultas dos médicos de primaria de tal maneira que, colaborando con eles, aumentaríase a calidade asistencial aos pacientes.

- Reduciríanse tamén os custos psíquicos e sociais derivados da ansiedade xerada nas listas de espera, as baixas laborais e as amputacións en pacientes con pés de risco. Neste tipo de pés de riscos entrarían tanto os vasculares como os diabéticos. (Curación e prevención de úlceras, feridas abertas etc.).

- Diminuiríanse os custos asistenciais derivados de patoloxías podolóxicas, actualmente atendidas por outros profesionais da saúde.

- Os podólogos atenderían, ademais, as urxencias podolóxicas.

Funcións: diagnóstico e tratamento de afeccións e deformidades dos pés

Coa proposta do Consello Xeral de Colexios Oficiais de Podólogos corresponderíanlle ao podólogo o diagnóstico e tratamento de afeccións e deformidades dos pés como as seguintes:

Podoloxía Xeral.- Recepción do paciente, remitido polo seu médico, para o primeiro exame clínico, tratamento directo (curas cirúrxicas, tratamentos complementarios nos pés de risco, aplicación e comprobación dos tratamentos ortopodolóxicos etc.) ou remisión a outra unidade ou servizo. Ademais asumiría a exploración biomecánica e ortopodolóxica: estudo e diagnóstico das alteracións na estrutura anatómica e funcionalidade dos pés tanto no neno como no adulto. Así mesmo, realizaría o estudo preventivo nos pés de risco (vascular, diabético, neurolóxico etc.) e o control posterior dos tratamentos ortopodolóxicos.

Pés de risco.- Avaliación e tratamento das patoloxías no pé dos pacientes diabéticos, con alteracións neurolóxicas e isquémicas.

Cirurxía podolóxica.- Tratamento cirúrxico ambulatorio con fins terapéuticos (uñas enterradas, exostose, dedos en garra, xoanetes etc.) ou con fins diagnósticos, (nevus ou lunares, neuromas etc.).

En base a esta memoria, a Comisión de Sanidade do Consello de Podólogos elaborou un documento coa “Carteira de servizos podolóxicos mínimos imprescindibles para a sanidade pública”. Os servizos podolóxicos que se deben incluír na sanidade pública, segundo este documento, son os seguintes: A Podoloxía en atención primaria, a Podoloxía para o coidado do pé xeriátrico e a Podoloxía para o coidado do pé diabético.

¿Sabes realmente cuáles son las competencias del podólogo? En el siguiente artículo se exponen los conocimientos y… https://t.co/NexXbllh5W
La gota es un problema que afecta a gran parte de la población. En el siguiente post se explica en qué consiste y d… https://t.co/CMbGX4Rriq
Hoy en El Correo Gallego Inciden en vigilar los pies de las personas mayores https://t.co/g8AM7piso7" target="_blank">https://t.co/g8AM7piso7 https://t.co/g8AM7piso7" target="_blank">https://t.co/g8AM7piso7
Seguramente todos sabemos lo que es un papiloma ya que se dará el caso de que alguien de nuestro entorno o nosotros… https://t.co/dsX58iC9lu
La legislación es demasiado benévola con el intrusismo / Nuestro presidente, Borja Pérez, hace declaraciones en est… https://t.co/9VsRPEHTS4
"SEMINARIO USOS KLASER EN PODOLOGÍA". Se impartirá el próximo 26 de enero en las sede del @ColexioPodologo. Las per… https://t.co/gW9pokvujo
El último número de la revista de la FIP (Fédération Internationale des Pologogues) ya ha sido publicado. Podeis ac… https://t.co/a0XUueRPHK
La Revista Española de Podología cumple 50 años y para celebrarlo se ha editado un número especial conmemorativo.… https://t.co/MF9RxPoRTV
Podólogos en Atención Primaria podrían resolver el 70 % de problemas en los pies https://t.co/xs7xW74jXZ" target="_blank">https://t.co/xs7xW74jXZ https://t.co/xs7xW74jXZ" target="_blank">https://t.co/xs7xW74jXZ
Despedimos el año con la asamblea general ordinaria del @ColexioPodologo, en colaboración con @ama_seguros. Felices… https://t.co/u3XET6Pegs
Desde el Colexio Oficial de Podólogos de Galicia os deseamos una Feliz Navidad 🎄 y un próspero año nuevo 🎉🎊❗️Espera… https://t.co/mM8DU1U1VZ
¿Cuál es la diferencia entre un podólogo y un ortopeda? Quizás muchos no sepan responder a esta cuestión. Para ello… https://t.co/nwq7hT94Hd
La mayoría de problemas en los pies se podrían resolver con podólogos en Atención Primaria https://t.co/dGZbw08vTE
Más del 70% de los problemas en los pies podría resolverse con podólogos en Atención Primaria vía @ActaSanitaria https://t.co/GNAwannk8c
Más del 70% de los problemas en los pies podrían resolverse con podólogos en Atención Primaria, sin llegar a los ho… https://t.co/w3M7xkXq9j
Antes de acudir a una farmacia en busca de un medicamento debemos dirigirnos a un podólogo y que sea él quien lo di… https://t.co/PQfQmE09Sk
Pongámonos a pensar... ¿Es lo mismo un pie bonito que un pie sano? En este artículo se descubre el punto clave de l… https://t.co/7zpQjqFGT2
Nesta publicación fálase da importancia dun correcto estudo da pisada do deportista para a mellora do seu rendement… https://t.co/f0HmZpp9Kk