11-02-2019
O aumento de volume e peso orixinan un aplanamento do arco do pé, o que causa problemas de apoio e as súas consecuentes dores lumbares
Borja Pérez, presidente: “Usar un calzado adecuado, cunha boa sola que amorteza a pisada, realizar un estudo biomecánico e usar soletas personalizadas proporcionaralles ás embarazadas maior comodidade no apoio”
O embarazo é unha experiencia vital para moitas mulleres, pero neste perÃodo de xestación prodúcense unha serie de modificacións a nivel fisiolóxico que repercutan nos seus pés, tanto no seu funcionamento como na forma de camiñar.
O Colexio de Podólogos de Galicia explica que o aumento de volume abdominal e de peso, sumado a outros factores fisiolóxicos tÃpicos do embarazo como a liberación de substancias tipo elastina que favorecen a apertura da canle do parto, orixinan un desprazamento do centro de gravidade que desencadea nun aumento progresivo da curvatura lumbar, provocando un cambio importante na marcha ao sobrecargar a musculatura dos membros inferiores. En concreto, os profesionais destacan que se reduce a velocidade e se incrementa a base de sustentación ou a separación dos pés. “Os pés sofren un aplanamento no seu arco o que pode causar problemas de apoio coas súas consecuentes molestias na columna, con dores de costas e lumbalxias” –explica o presidente do Colexio de Podólogos de Galicia, Borja Pérez–.
A prevención e o tratamento do afundimento do arco ao camiñar fanse con soletas, que proporcionarán á paciente un mellor soporte e axuda para a correcta distribución dos apoios plantares. O presidente destaca que normalmente no posparto moitas mulleres normalizan o estado dos seus pés, aÃnda que outras pacientes poden sufrir a posteriori algunha molestia. “Usar un calzado adecuado, cunha boa sola que amorteza a pisada, realizar un estudo biomecánico e usar soletas personalizadas proporcionaralles ás embarazadas maior comodidade no apoio” –sinala–.
Tamén manifesta o colexio que son moi comúns as cambras na cara posterior das pernas e coxas debidos ao cansazo e ás alteracións circulatorias. E outro dos problemas frecuentes nos pés das embarazadas é o edema, unha inflamación de pés e nocellos. “O útero exerce presión nos vasos sanguÃneos da cadeira producindo unha diminución da velocidade da circulación de retorno, xeralmente maniféstase nos últimos meses de embarazo” –apunta o presidente–.
Revisión dos pés durante o embarazo
O Colexio de Podólogos de Galicia precisa que é importante que todas as mulleres embarazadas teñan coñecemento sobre a saúde dos seus pés para poder previr molestias. Para iso, recomenda que ao longo do embarazo acudan a un podólogo para someterse a unha revisión, coa finalidade de previr alteracións e conseguir que os pés volvan ao seu estado normal tras o parto. As principais recomendacións dos profesionais son:
É importante controlar o peso e que se atope dentro dos lÃmites establecidos.
Para activar a circulación e baixar o inchazo é recomendable moverse e non estar moito tempo sentada e hidratar os pés a diario.
Masaxear os pés e realizar baños de contraste frÃo-calor especialmente ao terminar o dÃa.
Evitar unha exposición continuada á calor. Manter a temperatura corporal fresca será de grande axuda para evitar o inchazo dos pés.
Estar preferiblemente nunha postura coas pernas elevadas. Recoméndase non sentar coas pernas ou nocellos cruzados.
Evitar presións como poderÃa ser a roupa axustada. Pódense utilizar medias especiais ou de descanso.
É recomendable beber moita auga. Isto fará que o corpo reteña menos lÃquidos. O aconsellable é beber polo menos 2 litros de auga ao dÃa.
Levar unha dieta equilibrada, con comidas lixeiras e baixas en graxas. Asà mesmo, débese reducir a cantidade de sal nas comidas.