Novas

CANDIDATURA ELIXIDA

Etiquetas:

Transcorrido o prazo de presentación establecido no calendario electoral recibiuse unha única candidatura á Xunta de Goberno do Colexio Oficial de Podólogos de Galicia. Dita candidatura quedou admitida despois de comprobar que todos os seus membros presentan as condición para ser elixibles estipuladas no artigo 44 dos Estatutos Colexiais e que a súa composición cumpre o establecido no artigo 35. Polo que, e segundo o indicado no artigo 46.d), ao haber unha proposta única non se celebrarán as votacións e proclámase como elixida a seguinte candidatura:

  •  Presidente: D. Juan F. Dios Tomé, nº de colexiado 727
  • Vicepresidenta: Dna. Rocío Dono Gago, nº de colexiada 831
  • Tesoureira: Dna. Celia Sieiro Rodríguez, nº de colexiada 969
  • Secretaria: Dna. Cristina Fernández Espiño, nº de colexiada 1043
  • Vogal: D. Gonzalo Barros García, nº de colexiado 715
  • Vogal: D. Martín Veiga Jalda, nº de colexiado 827
Atentamente, A Comisión Electoral   563_12_06_2019 unica candidatura