03-07-2019
Propón crear unha unidade de pé diabético en cada unha do sete Estruturas de Xestión Integrada, cun podólogo por área sanitaria para dar á poboación atención asistencial de calidade cun menor custo económico O Colexio de Podólogos de Galicia (COPOGA) demanda á Xunta de Galicia unha eficiente repartición dos recursos no ámbito da podoloxÃa. Tras a entrada en servizo o pasado luns da nova rede de apoio a maiores no rural, denominada RedMay, o Colexio de Podólogos de Galicia mostra a súa oposición a este programa da ConsellerÃa de PolÃtica Social que ofrece servizos gratuÃtos de podoloxÃa, saúde visual, prevención do alzhéimer e de apoio persoal para persoas maiores de 55 anos a través de unidades móbiles que circularán por unha vintena de concellos galegos. Propón crear unha unidade de pé diabético en cada unha do sete Estruturas de Xestión Integrada, cun podólogo por área sanitaria para dar á poboación atención asistencial de calidade cun menor custo económico O colectivo considera que este programa, que conta cun orzamento de 590.000 euros achegados pola Administración Autonómica e un 75% máis de fondos europeos, fai un uso pouco efectivo do que é a podoloxÃa, con instalacións que non están indicadas para os tratamentos podolóxicos e un servizo que mesmo pode chegar a confundir á poboación. Tamén aclara que este servizo itinerante polo rural desprázase a municipios nos que xa hai servizos de podoloxÃa en lugar de acudir a zonas nas que non existen. Para ofrecer á poboación un servizo de calidade asistencial, o Colexio de Podólogos de Galicia xa presentou á Xunta diversos programas cun bo criterio podolóxico e cun custo máis reducido que o RedMay, como é crear unha unidade de pé diabético en cada Estrutura de Xestión Integrada, para o que se necesitarÃa a sete podólogos "un por cada área sanitaria". Ademais, apuntan a outra opción pola que apostaron outras comunidades autónomas, como é un programa piloto no que se incorpora a figura do podólogo en Atención Primaria.