Novas

O Colexio de Podólogos de Galicia recomenda no verán unha hidratación exhaustiva para evitar a sequedade e a aparición de gretas nos pés

Etiquetas:

As persoas con pé diabético deben prestar maior atención aos seus pés, porque nalgúns casos a falta de sensibilidade provoca a aparición dalgún tipo de doenza que, de non ser tratada a tempo, pode derivar nunha complicación máis grave A importancia da saúde dos pés é un aspecto que cada vez cala máis na poboación, que presta máis atención aos seus coidados básicos "hixiene, corte de uñas e hidratación". En concreto, esta concienciación increméntase no verán cunha maior atención ao proceso de hidratación para evitar a sequedade, a aparición de gretas e para manter un estado de saúde óptimo na pel dos pés para que poida resistir as agresións externas, máis frecuentes nesta época de calor pola gran exposición ao sol e o abuso de calzado aberto ou sen suxeción como as chanclas. As persoas con pé diabético deben prestar maior atención aos seus pés, porque nalgúns casos a falta de sensibilidade provoca a aparición dalgún tipo de doenza que, de non ser tratada a tempo, pode derivar nunha complicación máis grave Para manter os pés sans e hidratados, o Colexio de Podólogos de Galicia recomenda a aplicación de cremas específicas, xa que existen composicións e formulacións que poden actuar ben a nivel do corpo pero que resultan insuficientes para os pés. Os podólogos explican que os activos máis recomendados para tratar estes problemas nos pés son a glicerina ou queratolíticos suaves como a urea, o ácido láctico ou o salicílico. O pé diabético e o seu coidado nos meses de verán requiren dun equipo profesional de podólogos. Aínda que os pés necesitan un coidado continuo, o Colexio de Podólogos de Galicia lembra que no caso concreto dalgunhas persoas que padecen diabetes faise aínda máis necesario, especialmente durante a época estival. Nestes meses de verán todas as persoas deben extremar o coidado dos seus pés, pero as persoas con pé diabético aínda máis. Os podólogos galegos sinalan que hai pacientes con pé diabético que teñen falta de sensibilidade, situación que unida a que nos meses de calor levan os pés máis descubertos, pode provocar a aparición dalgún tipo de doenza que, de non ser tratada a tempo, pode derivar nunha complicación máis grave. Por iso, os podólogos galegos aconsellan revisar os pés polo menos dúas veces ao día, e observar o seu estado para atender posibles feridas ou infeccións que pola falta de sensibilidade non se consideraron. Ademais, é recomendable non fumar, porque o tabaco aumenta o tempo de cicatrización das feridas. Tamén é aconsellable hidratar os pés moito máis do habitual, xa que a pel das persoas diabéticas é máis propensa a sufrir infeccións e gretas. En canto ao calzado, os expertos apuntan a zapatos cunha boa sola que protexa o pé do chan para evitar cortes ou golpes con algún obxecto. Ademais de ter en conta estes consellos, o Colexio de Podólogos de Galicia considera  recomendable, sempre que se produza algún problema nos pés, acudir a un especialista en podoloxía que realice un diagnóstico e  tratamento podológico e ofreza a solución máis adecuada a cada patoloxía. pies hidratados