Novas

DÍA INTERNACIONAL DA PODOLOXÍA- 8 DE OUTUBRO

Etiquetas:

cartel dia podoloxia corrixido Dende a FIP estipulouse, o ano pasado, o día 8 de outubro como o DÍA INTERNACIONAL DA PODOLOXÍA. Un día para recordar o papel da podoloxía na sociedade e para manifestar o noso orgullo polo traballo que día a día realizamos. Asemade, e co gallo de conmemorar dita celebración o Colexio Oficial de Podólogos de Galicia e a Facultade de Podoloxía da UDC organizan unha Xornada de Pé Infantil no Salón de Actos do Vicerreitorado ao que estades todos convidados a asistir (achégase programa) Coa elección da temática de este ano queremos insistir en que a prevención e a atención precoz no neno pode evitar trastornos no pé do adulto e que, a maiorías das patoloxías, resólvense ou melloran a súa prognose cun tratamento precoz. Para achegar a importancia de esta prevención á cidadanía galega o Colexio vai distribuír (en colaboración coas Confederacións de ANPAS galegas) 120.000 dípticos sobre pé infantil por toda a xeografía galega. Tamén, se vai presentar (e distribuír) o conto infantil “Só tres letras teño, pero o teu peso sosteño” un proxecto que o Colexio Oficial de Podólogos de Galicia realiza coa pedagoga Yolanda Rial Vázquez e que ten como finalidade achegar a información da importancia do coidado dos pés aos nenos, coa elaboración de un material didáctico sinxelo e entretido. Por outro lado, e tamén coa finalidade de conmemorar o Día da Podoloxía en Galicia, dende o Consejo General de Colegios Oficiales de Podólogos propóñennos que todos colaboremos no seu plan de comunicación realizando selfies de traballo có logotipo de IPD e que o publiquemos poñendo hashtags como #LosPiesImportan #DíaInternacionaldelaPodiatría #DerrotalaEnfermedaddelPie #FeetMatter #InternationalPodiatryDay #FIPIFP #DefeatFootDisease (ademáis dos teus propios); polo que agardamos que colguedes o voso selfie de traballo o día 8 de outubro.   TARXETA PODOLOXIA 2019 3 CORRIXIDA