Novas

CONCURSO POSTAL DE NADAL

Etiquetas:

Dende o COPOGA animamos aos máis pequenos da casa a fixarse nos seus pés e crear con/sobre eles unha postal de Nadal. Participar no concurso é moi sinxelo; está dirixido a nenos/as de entre 3-6 anos e só hai que imprimir a plantilla que vos anexamos neste correo, cubrila, debuxar nela e enviala a concurso@copoga.com (ou por correo postal a sede colexial do COPOGA) antes do día 10 de decembro. A obra gañadora servirá de imaxe na postal de Nadal que o Colexio envía ás demais entidades/institucións e tamén os colexiados. O autor/a do debuxo gañador recibirá de agasallo unha caixa regalo “Estancia familiar + Actividades e Parques temáticos” onde poderá elixir entre os máis de 500 hoteis con actividades familiares e entradas a parques temáticos de España, Andorra e Portugal. Asemade, todos os participantes recibirán unha copia do conto infantil “Só tres letras teño, pero o teu peso sosteño”, escrito pola pedagoga Yolanda Rial Vázquez como proxecto do Colexio Oficial de Podólogos de Galicia. BASES CONCURSO plantilla consurso