Novas

CONVOCATORIA ASEMBLEA

Etiquetas:

Achégase a convocatoria á Asemblea Xeral Ordinaria do segundo semestre do ano, que se celebrará o día 14 de decembro de 2019 na sede colexial, situada en R/Manuel Vázquez Cacharrón, 8 Bx de Santiago de Compostela. Recordamos que a Asemblea é o Órgano Soberano do Colexio e que, tal e como establece o artigo 26 do Decreto 115/2011 do 3 de xuño, os seus acordos obrigan a todas as colexiadas/os, aínda que non estean presentes; de aí a importancia da asistencia á mesma. Aproveitamos tamén para lembrarvos que se pode delegar o voto, no caso de non poder asistir; ó final da convocatoria tedes un modelo a cubrir para ese fin. A xornada complementarase cun Seminario Informativo, en horario de mañá, sobre “Actualización en Lexislación, Protección de datos e Contratación Laboral para podólogos” e, coa finalidade de fomentar a convivencia e a relación entre colexiadas/os, realizaremos un xantar de Nadal. A vindeira semana abrirase o prazo para inscribirse en ambas actividades.   604_14_11_2019 convocatoria asemblea 2 semestre