Novas

ASEMBLEA XERAL E CURSO DE FORMACIÓN

Etiquetas:

Achégase a convocatoria á Asemblea Xeral Ordinaria do primeiro semestre do ano, que se celebrará o día 28 de marzo na sede colexial situada na R/Manuel Vázquez Cacharrón, 8 Bx de Santiago de Compostela. Recordámosvos que a Asemblea é o Órgano Soberano do Colexio e que, tal e como establece o artigo 26 do Decreto 115/2011 do 3 de xuño, os seus acordos obrigan a todos os colexiados, aínda que non estean presentes na mesma. A xornada será complementada cun curso en horario de maña sobre “MANEXO PRECIRÚRXICO. SOLICITUDE DE INTERPRETACIÓN ANALÍTICA. MANEXO DE FÁRMACOS ANTIAGREGANTES E ANTICOAGULANTES EN PODOLOXÍA” de baldeexclusivo para colexiados. As persoas que desexen inscribirse o curso deben facelo dende a ligazón: https://old.copoga.com/servizos/formacion/?t=info&id=67 . As prazas son limitadas e adxudicaranse por orde de inscrición. O rematar o curso serviranse, de balde, un xantar de convivencia; as persoas que desexen anotarse a este xantar deben facelo dende a ligazón indicada no paragrafo anterior. CONVOCATORIA ASEMBLEA CURSO 28 MARZO OSCAR CALDERON