Novas

O Colexio de Podólogos de Galicia recomenda non estar moito tempo sentado para evitar problemas circulatorios durante o confinamento

Etiquetas:

Nas saídas a supermercados, farmacias ou a unha urxencia recorda que é importante quitar os zapatos na porta da casa, porque poden ser unha fonte de contaxio Aconsella usar calzado e calcetíns amplos, comer moitas froitas, verduras e froitos secos, beber auga e manter un coidado diario dos pés Ante a situación actual de Estado de Alarma en España debido á pandemia do coronavirus (COVID-19), a poboación está obrigada a pasar moitas horas na casa, co que aumenta o sedentarismo e el tempo que se está sentado, sen poder saír ao exterior a camiñar, dous factores de risco do confinamento que sumados poden provocar problemas na circulación en pés e pernas. O Colexio de Podólogos de Galicia detalla unha serie de consellos para reducir, na medida do posible, os efectos que esta situación poida ter nos pés: •    Evitar prendas e calzados apertados. O calzado debe ser amplo e plano, e intentar que as medias ou calcetíns non sexan moi axustados. •    Non estar longos períodos de tempo sentado. Cada hora é aconsellable levantarse e dar paseos pola casa. Se se pasa moito tempo sentado, é recomendable colocar as pernas en alto e non cruzar as pernas. •    Controlar a alimentación. Aumentar a inxesta de alimentos como froitas, verduras e froitos secos que poden axudar a mellorar a circulación, e evitar as graxas saturadas e o sal. Beber polo menos 1,5 litros de auga ao día. •    Prestar atención ao coidado diario dos pés:

- Cortar as uñas rectas - Secar ben os pés e prestar especial atención entre os dedos.Revisar os pés por se aparece algunha lesión. - Non manipular as lesións, así como evitar o uso de calicidas. - Hidratar os pés diariamente, dando unha masaxe desde os dedos ata o xeonllo. Evitar aplicar crema entre os dedos. - En caso de que a persoa presente unha lesión grave, é preciso contactar co seu podólogo/a habitual, e este profesional sanitario tratará de darlle indicacións telefonicamente. Se a lesión é moi grave (presenza de infección ou úlcera), considerarase unha urxencia e poderá atenderse na clínica podolóxica. Só se poderán atender casos urxentes, co obxectivo de evitar que o paciente teña que asistir a urxencias hospitalarias, e así evitar o colapso do sistema sanitario público.

•    Se ten que saír da casa, por causa de extrema necesidade, para comprar alimentos ou medicamentos ou para unha urxencia, ao regresar debe sacar o calzado na porta. O calzado podería ser unha fonte de contaxio.