09-06-2020
Bochas ao volver calzar as botas despois de tres meses, e sobrecargas e metatarsalxias son os principais problemas aos que se enfrontan os futbolistas profesionais No inicio da liga, o Colexio de Podólogos de Galicia contactou co podólogo do Real Club Deportivo da Coruña, Manuel Romero, para saber como se atopan os futbolistas tras o confinamento O 10 de xuño volve a liga. Como afectarÃa o parón aos pés dos futbolistas? Moitos clubs contan con podólogos nos seus cadros médicos, aÃnda que case sempre como asesores externos ou ocasionais. Algúns, como o Real Madrid ou o Barcelona, hai anos que contan con estes profesionais. En concreto, o Colexio de Podólogos de Galicia, destaca as valoracións do podólogo do Real Club Deportivo da Coruña, Manuel Romero, que explica aspectos diversos sobre o actual estado podolóxico dos xogadores do equipo coruñés, actualmente en segunda división e cuxo primeiro partido da liga SmartBank disputarase o domingo dÃa 14 contra o Real Sporting. A primeira cuestión que calquera afeccionado pode exporse xira ao redor do risco de lesións como consecuencia do parón pola pandemia do covid-19. Manuel Romero, que é profesor da Facultade de EnfermerÃa e PodoloxÃa de Ferrol da Universidade da Coruña (UDC), explica que as recomendacións son as tÃpicas de comezo de tempada: tratar as afeccións dérmicas e ungulares existentes, boa hidratación do pé, protección de zonas habituais de rozamento e ter moito coidado coas botas desgastadas, deformadas ou endurecidas por falta de uso. E sobre as lesións, a pesar do mantemento dos xogadores nas súas casas, a posibilidade está aÃ. Romero sinala que os tecidos non están adaptados como antes ás demandas fÃsicas, e as principais lesións ás que se enfrontan os futbolistas profesionais son bochas ao volver calzar as botas despois de tres meses, talalxias e fascite plantares por levar zapatillas de casa, sobrecargas e metatarsalxias. “AÃnda que se adestrou varias horas ao dÃa, este adestramento foi con limitacións e moi diferente á actividade que realizarán despois do parón. Ademais, o pé traballa e mantén a forma, en parte, grazas a cada paso do noso dÃa a dÃa, e esa actividade viuse reducida case a cero” –asegura–. Tamén destaca que, durante o confinamento, mantivo contacto cos xogadores, para facer seguimento e resolver os problemas que puidesen xurdir. Nestes dÃas, Romero indica que o traballo actual cos xogadores é moi similar ao que se realiza en pretempada, aÃnda que co prexuÃzo de estar máis tempo parados que nas vacacións de verán e coa vantaxe do plan de traballo realizado e unha climatoloxÃa máis favorable sen tanto calor. De maneira xeral, Manuel Romero manifesta que o papel dos podólogos en todas as categorÃas do fútbol é fundamental, e son moitos os clubs que contan xa coa podoloxÃa nas súas organigramas médicos, aÃnda que lembra que “aÃnda queda moito camiño por percorrer”, a pesar de que a demanda dunha atención podolóxica especializada é cada vez maior.