Novas

CURSO SOPORTE VITAL - LUGO

Etiquetas:

Como ben sabedes, e por mor da situación creada pola crise do COVID-19, o COPOGA viuse na obriga de cancelar o Curso de Soporte Vital que estaba organizado para celebrarse o día 14 de marzo no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA). A nova data de celebración de dito curso é o día 12 de setembro no Centro de Saúde de Fingoi (R/ Armórica, s/n de Lugo) en horario de 9.00h a 15.00h. Como xa sabedes, en Asemblea Xeral Ordinaria do 2º Semestre do ano 2019, aprobouse a realización de cursos provinciais de SV, realizados pola Fundación do 061, subvencionados polo COPOGA polo que, o prezo do curso son 127,85 €/alumno, mais O COLEXIO SUBVENCIONA O 50%, polo que os colexiados asistentes teñen que aboar 63,93 €. As persoas interesadas, deben inscribirse, até o día 4 de setembro dende a seguinte ligazón: https://old.copoga.com/servizos/formacion/?t=info&id=69 . As prazas son limitadas; o Colexio porase en contacto coas persoas que estaban inscritas para asistir o día 14 de marzo e ditos colexiados/as terán prioridade de inscrición.