Novas

CONVOCATORIA ASEMBLEA

Etiquetas:

Como todos/as sabedes, a Asemblea Xeral Ordinaria do primeiro semestre do ano tivo que ser cancelada por mor do estado de alarma provocado pola COVID-19. A nova data de celebración de dita Asemblea é o día 26 de setembro de 2020, na sede colexial, ás 10.30h, en primeira convocatoria. A razón de convocala en dita data é o cumprir cos prazos indicados nos Estatutos Colexiais e evitar as datas tipicamente vacacionais, para promover a asistencia dos/as colexiados/as. Todos/as colexiados/as teñen o dereito de asistir libremente á Asemblea Colexial e participar na toma de decisións (lembramos que a Asemblea é o Órgano Supremo do Colexio e que os seus acordos ou resolucións obrigan a todos/as os/as colexiados/as, incluídos os que voten en contra dos mesmos, se absteñan ou estean ausentes), máis debido á situación provocada pola COVID-19, e coa intención de tomar as medidas de prevención relativas o seu contaxio, pedímosvos que, as persoas que vaian asistir, o indiquen na secretaría do COPOGA.   192_14_07_2020 convocatoria asemblea