Novas

ANÁLISE TÉCNICO DO CALZADO DEPORTIVO

Etiquetas:

Ábrese o prazo para inscribirse no curso ANÁLISE TÉCNICO DO CALZADO DEPORTIVO que se celebrará o día 24 de outubro no Hotel Tryp Santiago na R/ do Restollal nº 24 de Santiago de Compostela. Para o éxito do tratamento podolóxico nos deportistas é fundamental ter un bo coñecemento do calzado deportivo. Aproximadamente un 40% das lesións deportivas en extremidade inferior poderíanse evitar ou minimizar elixindo correctamente a zapatilla e, en caso de que o deportista use soletas, a importancia de elixir unha zapatilla correcta aumenta considerablemente. O obxectivo de este curso é o dar o alumno os coñecementos axeitados para poder asesorar o deportista da zapatilla que máis se adapta as súas necesidades. Achégase a este correo electrónico o programa do mesmo; as persoas que desexen inscribirse deben facelo dende a seguinte ligazón da páxina web colexial: https://old.copoga.com/servizos/formacion/?t=info&id=77 Durante a celebración do curso tomaranse as medidas de prevención, para evitar a propagación da COVID-19, indicadas polas Administracións Sanitarias; como o manter a distancia de seguridade, o  máximo aforo recomendado e é de obrigado cumprimento que todos os asistentes asistan con máscara. ANÁLISE DO CALZADO PROGRAMA calzado deportivo_compressed