10-11-2020
Juan Dios, presidente do Colexio de Podólogos de Galicia: “A prevención podolóxica temperá é crucial, xa que a partir dos dez años desde que se instaura a diabetes as posibilidades de complicacións importantes no pé aumentan considerablemente”
Con motivo do DÃa Mundial da Diabetes [14 de Novembro], o Colexio recomenda aos pacientes accións individuais de coidado do pé, como revisalos diariamente, hidratalos, usar sempre zapatos e calcetÃns, protexerse da calor e do frÃo e manter o fluxo sanguÃneo
A diabetes estase a converter nas últimas décadas nunha epidemia silenciosa, polo que as autoridades sanitarias mundiales concluiron que é fundamental a súa prevención. En España calcúlase que a súa prevalencia acada ao 13% da poboación maior de 18 anos e vai en aumento.
Trátase dunha enfermidade que padecen as persoas que teñen unha cantidade elevada de glucosa (azucre) no sangue porque o organismo non a procesa correctamente, e pode causar o chamado pé diabético. Con motivo do DÃa Mundial da Diabetes, que se conmemora este sábado, 14 de Novembro, o Colexio de Podólogos de Galicia cree que para este proceso crónico é fundamental a prevención, ao ser a diabetes a primeira causa de amputación non traumática nos membros inferiores. “A prevención podolóxica temperán é crucial, xa que a partir dos dez anos desde que se instaura a diabetes as posibilidades de complicacións importantes no pé aumentan considerablemente” –explica o presidente do Colexio, Juan Dios–. Para iso, o Colexio de Podólogos de Galicia solicita unha vez máis a inclusión do podólogo na carteira básica do Servizo Nacional de Saúde a través do Ministerio de Sanidade ou no Servizo Galego de Saúde en unidades de pé diabético a través da ConsellerÃa de Sanidade da Xunta de Galicia, “unha reivindicación de vital importancia e necesidade social”.
Ademais, este ano o Colexio de Podólogos de Galicia colabora coa Asociación Diabética Auria na súa campaña “EnfermerÃa e Diabetes” na que se destaca a importancia que teñen estos profesionais para o colectivo de persoas con diabetes. AsÃ, Juan Dios explica nun vÃdeo, subido á web da asociación –https://auriadiabeticos.com/–, o papel fundamental da educación en diabetes.
AÃnda que o tratamento do paciente sexa con pastillas ou con inxeccións de insulina, o Colexio profesional recalca que a prevención é igualmente imprescindible en ambos casos, e debe ser o podólogo o que paute un seguemento do estado de saúde dos pés do paciente, adecuado ao seu estado de risco. Co paso do tempo, a diabetes pode afectar á circulación do sangue e ao sistema nervioso producindo pé diabético.
No caso de afectación do sistema nervioso (neuropatÃa periférica), os podólogos galegos indican que pode causar nos pés dor, formigueo, sensación de “acortizamento” ou perda de sensibilidade, “o que fai que se perda a capacidad de sentir dano no pé e, polo tanto, que poidamos reaccionar de maneira adecuada ante este estÃmulo, empeorando a situación”. Por exemplo, os podólogos explican que esta neuropatÃa provocada pola diabetes pode impedir detectar obxectos ou croios que se atopen dentro do calzado e que poden causar lesións coma cortaduras ou chagas que incluso se poden infectar ou provocar úlceras, xa que a propia ferida tampouco se percibe e, polo tanto, non se trata. “A falta de sensibilidade tamén pode ocasionar que o pé non sexa capaz de repartir ben o peso do corpo, producÃndose queratopatÃas na planta do pé (calos e durezas) que co tempo poden complicarse chegando a formar úlceras” –señala Juan Dios–.
Cando a afectación afecta á circulación do sangue (enfermidade vascular periférica) implica que os pés non recibirán suficiente sangue, polo que aos tecidos non chegan osÃxeno nin nutrientes de maneira adecuada, o que fará máis difÃcil recuprarse de feridas e infraccións. En casos moir graves, cando se produce gangrena ou as úlceras non melloran cos tratamentos médicos ou cirúrxicos, pode ser necesario chegar á amputación do dedo do pé ou de parte da perna.
Diferentes tratamentos segundo o problema do paciente diabético
Para previr ou tratar o pé diabético, o Colexio profesional destaca que é moi importante poñerse en mans dun podólogo de forma temperán, que valorará o estado de risco do pé para instaurar o tratamento necesario, asà como a pauta de seguemento axeitada. Para iso o podólogo verá o estado da circulación de pés e dedos, a sensibilidade, a presenza de deformacións estructurais (xoanetes, dedos en garra…), o estado da pel (presencia de durezas, fungos, unllas encarnadas…) e o estado de saúde xeral do paciente, sobre todo o control da glucemia.
AsÃ, dependendo do problema do paciente, o podólogo pode instaurar diferentes tratamentos como quiropodias periódicas, protectores a medida para os dedos, órteses plantares a medida, descargas temporais da zona afectada e incluso tratamentos farmacolóxicos ou cirúrxicos.
Ademais, tamén hai unha serie de medidas que ofrece o Colexio de Podólogos de Galicia que pode seguir o paciente a modo de prevención:
Revisar os pés a diario: aÃnda que non sinta dor, revisar os pés cada dÃa permitirá atopar calquera lesión antes de que se agrave. Unha boa rutina é revisar os pés todas as noites ao descalzarse. Para facelo, débense revisar todas as zonas do pé, tamén entre os dedos. Se resulta complicado por problemas de movilidade ou visión, pódeselle pedir axuda a alguén ou utilizar un espello. Débese prestar atención a cortaduras, chagas, manchas vermellas, ampolas con lÃquido, unllas encarnadas que crecen debaixo da pel, calos ou zonas endurecidas polo roce, verrugas na planta dos pés, pé de atleta ou áreas quentes, que poden ser o sinal de que está empezando a desenvolverse unha ampola.
Para tratar as ampolas, cortaduras e chagas, o mellor é cubrilas cunha venda. Nunca se deben cortar os calos nin utilizar produtos sen receita podolóxica porque poden provocar queimaduras, feridas ou infeccións.
Tamén é recomendable hidratar os pés con cremas hidratantes con urea ou ácido láctico, masaxeando cunha capa fina desde a planta do pé ata o xeonllo e nunca aplicala entre os dedos. Non utilizar polvos, talco ou aerosoles.
Cortar as unllas. Débense cortar as unllas dos pés cando sexa necesario. O más recomendable é facelo despois da ducha e cos pés secos, que é cando as unllas están máis brandas. Os cortes deben ser en liña recta cun cortaunllas ou unha tesoiras de punta roma e sempre se debe deixar que sobresaia polo menos 1mm. Non se deben cortar as esquinas das unllas, senón limalas de xeito suave cunha lima de unllas ou de cartón. Asà evitaranse as unllas encarnadas. No caso de unllas complicadas, problemas de visión ou de mobilidade que impidan chegar correctamente é mellor acudir a un podólogo.
Usar sempre zapatos e calcetÃns. Non se debe camiñar descalzos ou só en calcetÃns, nin sequera na casa, xa que poderÃa pisar algo e lastimarse sen darse de conta ao non sentir cor. Débese comprobar que o zapato non ten obxectos ou croios dentro antes de calzarse, e sempre con calcetÃns, preferiblemente de algodón, para evitar ampolas ou chagas. É preferible usar calcetÃns limpos, lixeiramente acolchados, sen costuras, ligas nin elásticos apretados, xa que iso dificultarÃa a circulación sanguÃnea. Os zapatos deben ser cómodos desde o momento da compra. E utilizalos pouco a pouco, primeiro na casa durante ratos breves e aumenta o tempo de maneira progresiva. O mellor calzado será transpirable, lixeiro, flexible, con sola antideslizante e non moi grosa e con tacón de menos de tres centÃmetros. Non é recomendable utilizar calzados de plástico, que non permiten respirar ao pé, nin ampouco sandalias, que non protexen os dedos nin o talón. Débese manter os zapatos secos e aireados e cambiar os calcetÃns cada dÃa.
Protexerse da calor e do frÃo. Se temos problemas de sensibilidade nos pés causados pola diabetes, débense tomar medidar para evitar queimarse sen darse conta. Na praia, débense usar zapatos e protector solar na parte superior dos pés para evitar queimaduras. No inverno, non debemos utiliar botellas de agua quente nos pés se se ten frÃo para durmir, o mellor é utilizar calcetÃns de lá que non apreten. Tampouco se deben acercar os pés a radiadores ou fogueiras.
Favorecer o fluxo sanguÃneo nos pés. Existen varios hábitos que axudan a manter a circulación sanguinea nos pés: