19-11-2020
Coa finalidade de garantir as medidas de prevención contra o contaxio do COVID-19 e de favorecer a asistencia á Asemblea Xeral Ordinaria, este ano celebrarase de maneira telemática, previa inscrición dos/as asistentes, o sábado día 19 de decembro ás 12.00h en primeira convocatoria e 12.30h en segunda convocatoria.
As persoas que desexen asistir deben inscribirse na seguinte ligazón da páxina web colexial (ligazón: https://old.copoga.com/servizos/formacion/?t=info&id=78 ).
Asemade, as persoas que desexen delegar o voto poden cubrir, asinar e enviar o Colexio por correo electrónico, o modelo de delegación de voto que aparece o final da convocatoria anexa.
Lembramos que a Asemblea é o órgano soberano do Colexio e que todas os seus acordos obrigan a todos os colexiados/as, aínda que non estean presentes; de aí a importancia da asistencia á mesma.
Para completar a xornada ás 9.30h celebrarase o webinar Manexo precirúrxico de doentes para podoloxía, impartido polo Dr. Óscar Álvarez-Calderón Iglesias e que será de balde para todos os colexiados que desexen asistir.
Quedando a programación do día da seguinte maneira:
9.30 h.-12.00h webinar Manexo precirúrxico de doentes para podoloxía
12.00 h 1ª convocatoria Asemblea Xeral Ordinaria do 2º semestre do ano
12.30h 2ª convocatoria Asemblea Xeral Ordinaria do 2º semestre do ano
As persoas que desexen inscribirse no webinar deben facelo dende a páxina web colexial ( ligazón: https://old.copoga.com/servizos/formacion/?t=info&id=79 )
convocatoria asamblea novembro 2020