Novas

Lia, unha nena de catro anos de Noia, gaña o concurso de postales de Nadal do Colexio de Podólogos de Galicia

Etiquetas:

O debuxo, que recrea uns edificios de vivendas en forma de pés coa lenda “Por un Nadal sempre en pé”, será a postal institucional coa que se felicitarán as festas

O Colexio de Podólogos de Galicia fallou o seu concurso de postales de Nadal, un certame que celebra este ano a súa segunda edición para que os máis pequenos da casa comecen a prestar atención aos seus pés e a coñecer máis sobre o seu coidado. O concurso, dirixido a nenos e nenas de entre tres e seis anos, contou coa participación de máis de 460 propostas nas que os pés e os detalles do Nadal foron os protagonistas.

Lía, unha nena de catro anos de Noia, creou unha postal de Nadal na que aparecen uns edificios na forma dos pés, facendo unha referencia ao tempo pasado en confinamento durante este ano, o debuxo converterase na imaxe da felicitación oficial do colexio profesional. O xurado, composto por presidente do Colexio, Juan Dios, e outros membros da Xunta de Goberno, valorou a orixinalidade do debuxo e o significado do mensaxe que o acompaña: “Por un Nadal sempre en pé”.

A ganadora recibirá un obsequio unha caixa regalo dunha “Estancia familiar + Actividades e Parques temáticos”, onde podería elexir entre os máis de 500 hoteis con actividades familiares e entradas a parques temáticos de España, Andorra e Portugal. Ademais, todos os participantes recibirán de regalo un set de pintura con dez lápices de cores, acuarelas con pincel e un sacapuntas.