Noticias

Os podólogos actualizan os seus coñecementos en dermatoloxía en temas como infeccións, tumores cutáneos, dermatite, ezcemas ou psoriase para aplicar no día a día das súas consultas

Os podólogos actualizan os seus coñecementos en dermatoloxía en temas como infeccións, tumores cutáneos, dermatite, ezcemas ou psoriase para aplicar no día a día das súas consultas

O Colexio de Podólogos de Galicia celebrou unha asemblea xeral e presentou a nova sede aos colexiados

O Colexio de Podólogos de Galicia celebrou hoxe un curso de actualización en dermatoloxía, unha actividade que forma parte da programación de formación continua de 2018. A charla foi impartida polo dermatólogo do Hospital Comarcal do Barbanza Luís Casas Fernández, que explicou conceptos das infeccións e tumores cutáneos e outras patoloxías dérmicas inflamatorias e as manifestacións cutáneas de doenzas sistémicas.

O Colexio sinala que os podólogos teñen competencias para tratar afeccións na pel dos pés. Na súa práctica profesional, os podólogos atenden patoloxías dérmicas no transcurso de quiropodias (tratamento de calosidades e uñas), queratose plantar, infeccións por fungos coñecidas como dermatomicose, eczemas, dermatite ou psoriasis. Para determinar cal é a patoloxía que padece o paciente, o podólogo establece un diagnóstico diferencial, que tamén aplica a afeccións máis graves como lunares ou tumores a través dun dermatoscopio co que fai unha valoración inicial -observa bordos irregulares ou un crecemento anómalo-, para a continuación realizar unha biopsia ou derivar o caso ao especialista para a súa análise. Os especialistas do pé poden tamén consultar problemas na pel dos pés causados pola diabetes, como pode ser a pel seca ou as úlceras.

Ademais, o Colexio de Podólogos de Galicia celebrou unha asemblea xeral de colexiados na que se presentou e aprobou o orzamento para este curso. Os colexiados tamén aproveitaron o encontro para coñecer as instalacións da nova sede cameral, situada no número 8 da rúa Manuel Vázquez Cacharrón de Santiago, e compartiron unha comida de convivencia.

 

_DSC5240_resized _DSC5235_resized

El Colexio de Podólogos de Galicia asegura que los pies son la parte... https://t.co/0mtX3eLo0Q
Santiago acoge en octubre el 49 Congreso Nacional de Podología https://t.co/ILt9D5OZg6
Los presidentes del Consejo y de Galicia, tras la audiencia con el Conselleiro de Sanidade @CGPodologos https://t.co/mfWblfp1If
Presentación de nuestro congreso nacional de octubre al Conselleiro de Sanidad de GALICIA. https://t.co/0DgKFRzZiL
Barcelona será sede del Congreso Mundial de Podología en 2021. Además la International Federation of Podiatrists ha… https://t.co/FDkye7Hqjk
Compartimos el reportaje publicado en el número de junio de la Revista ECO sobre la apertura de nuestra nueva sede colegial
13 recomendaciones para cuidar los pies al realizar el #CaminodeSantiago, por el Colexio Oficial de Podólogos de Ga… https://t.co/DdejB5JyrP
Nuestras recomendaciones para los #peregrinos del #CaminodeSantiago en Infosalus, web con contenidos de salud edita… https://t.co/2J9Jf8nQGP
Ponentes de 6 países participarán en el 49 Congreso Nacional de Podología. Estas y más noticias en el boletín nº 36… https://t.co/HqEWNkWEko
Ya está operativa la página web de la #RevistaEspañoladePodología donde podéis acceder al primer número de 2018:… https://t.co/oaXpPmIsmW
#Escapadas Saber Vivir Cómo debes cuidar tus pies si haces el Camino de Santiago, con declaraciones del presidente… https://t.co/OYmsDlw9PN
La secretaria del @Colexio Oficial de Podólogos de Galicia, Ángeles Fernández, comenta diversas particularidades de… https://t.co/UAG1AdBix7