Noticias

Os podólogos españois reúnense en Santiago para coñecer os retos aos que se enfronta a profesión, que conta cun “desenvolvemento imparable en todos os segmentos da sociedade”

Os podólogos españois reúnense en Santiago para coñecer os retos aos que se enfronta a profesión, que conta cun “desenvolvemento imparable en todos os segmentos da sociedade”

Javier Alfaro, podólogo da Selección Española de Fútbol: “Realizamos unha podoloxía integral para abordar calquera problema no pé, aínda que os máis habituais son alteracións dérmicas e das uñas, propias dos lances do xogo e da bota”

Santiago de Compostela acolle hoxe venres e mañá sábado o 49 Congreso Nacional de Podoloxía 2018, organizado polo Consello Xeral de Colexios Oficiais de Podólogos de España e o Colexio de Podólogos de Galicia. Celebrarase no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia. Os máis de 1.000 podólogos participantes no simposio, entre conferenciantes e congresistas, chegan a Santiago de Compostela desde 23 países diferentes (Portugal, Italia, Arxentina, Ecuador, México, Reino Unido, Uruguai, Francia, Haití, Costa Rica, Estados Unidos, Brasil, Alemaña, Guatemala, Colombia, Malta, Israel, Marrocos, Bahamas, Chile, Grecia, Finlandia e, por suposto, España), o que lle confire ao evento un marcado carácter internacional.

O congreso foi inaugurado polo presidente do Consello Xeral de Colexios Oficiais de Podólogos de España, José García Mostazo; o presidente do Colexio de Podólogos de Galicia, Borja Pérez Serrano; o Conselleiro de Sanidade da Xunta de Galicia, Jesús Vázquez Almuiña; o presidente da Federación Internacional de Podólogos, Christian Jerome; e o presidente da Asociación Americana de Podólogos (EE UU), Denis Frisch.

Borja Pérez explicou que o congreso, ademais de cuestións científicas, abordarase  a problemática do intrusismo e a situación da podoloxía en España e no resto do mundo. “O desenvolvemento e a implementación da podoloxía en todos os segmentos da sociedade é imparable” -asegurou.

O presidente galego sinalou que é preciso que os representantes políticos coñezan e valoren o potencial da podoloxía e todo o que a profesión pode achegar á sociedade, ademais de valorar debidamente este desenvolvemento científico e competencial que a profesión está a realizar con simposios deste tipo. “A actualización de coñecementos, as relacións e convivencia entre compañeiros e a industria reportará aspectos beneficiosos para nosa práctica clínica co obxecto de ser mellores profesionais”-manifestou.

García Mostazo: “Temos que demostrar a nosa capacidade para ser eficientes, convencer ás autoridades que destinar investimentos en podoloxía-saúde é algo moi produtivo”

Cualificando ao congreso como o evento máis importante da profesión, José García Mostazo indicou que se trata dunha oportunidade para compartir experiencias e estreitar lazos entre profesionais, institucións de investigación e formación de podólogos, como son as universidades, e as empresas expositoras. “O congreso propúxose constituírse nun espazo para a análise e discusión dos temas presentes no interese dos podólogos. A nosa lema é O camiño que nos une que reflicte o interese por estreitar relacións, construír pontes de achegamento no desenvolvemento da nosa disciplina, así como xerar coñecementos e rescatar as experiencias e saberes, que serán de gran utilidade na construción de novos paradigmas e as súas aplicacións en beneficio da calidade de vida e desenvolvemento de saúde de individuos e grupos sociais que compoñen a sociedade” -argumentou.

En canto ao sistema sanitario, Mostazo lembrou que a Sanidade española é unha das mellores do mundo, pero actualmente atravésanse momentos complicados nos que ven ameazados os logros conseguidos ao porse en cuestión a súa sustentabilidade. Asegurou que o máis común e fácil sería acudir ao recorte de servizos, e o difícil, pero o adecuado, é buscar a eficiencia nos procesos, na xestión e nos recursos. “Cando os gobernos tomen decisións sobre as políticas a seguir deben ser moi conscientes que nos atopamos ante un círculo virtuoso onde a máis saúde menos gasto e consecuentemente máis orzamento dispoñible para xerar saúde. Por iso a inclusión da podoloxía no sistema sanitario público é tan estratéxico. Temos que demostrar a nosa capacidade para ser eficientes, convencer ás autoridades, sobre todo económicas, que destinar investimentos en podoloxía-saúde é algo moi produtivo, que sabemos xestionalo e que devolveremos o esforzo en calidade de vida  e en benestar económico e social”- manifestou.

Sanidade está a desenvolver un convenio co Colexio de Podólogos de Galicia para traballar nos elementos crave que garantan unha asistencia adecuada para o paciente

Para clausurar a inauguración, o Conselleiro de Sanidade aplaudiu a celebración deste congreso de podoloxía en Santiago no que se poderán compartir experiencias e absorber coñecementos multidisciplinares, co obxecto de concienciar á sociedade da importancia dos pés, previr patoloxías e lesións nos profesionais do mundo deportivo, analizar o intrusismo profesional ou a situación xeral da podoloxía en España e o resto do mundo. “Unha das especialidades dos podólogos é o pé diabético, campo no que traballa o Sergas, xa que actualmente as úlceras aparecen durante o curso da enfermidade en aproximadamente o 15% e o 25% dos casos de pacientes diabéticos” -explicou, lembrando tamén que o Colexio de Podólogos participou na redacción da Guía Práctica de Úlceras de Pé Diabético para que finalmente o paciente teña a mellor calidade asistencial.

Neste marco, Almuiña destacou que actualmente a Consellería de Sanidade está a desenvolver un convenio de colaboración co Colexio de Podólogos de Galicia para traballar nos elementos crave que garantan unha asistencia adecuada para o paciente e unha mellor calidade de vida.

O tendón de Aquiles soporta entre dous e tres veces o peso corporal, oito ao correr e once ao saltar

Como podólogo da Selección Española de Fútbol, Javier Alfaro destacou que o servizo médico da selección está formado por un equipo multidisciplinar, integrado por un médico deportivo, un traumatólogo, cinco fisioterapeutas e un podólogo. Realiza unha podoloxía integral para abordar calquera problema no pé, aínda que sinalou que os máis habituais son alteracións dérmicas e das uñas, propias dos lances do xogo e da bota, como poden ser bochas, helomas, hiperqueratose, onicocriptose ou hematomas.

Outro amplo campo de traballo son os estudos biomecánicos. Javier Alfaro destacou que se realiza unha exploración no laboratorio (balances articulares e musculares, diferentes test estáticos, plataforma baropodométrica, test dinámicos 4D e escaner 3D) e tamén se analiza o xesto deportivo no propio campo mediante persoais instrumentadas e sensores de profundidade. “Todos estes datos compártense co resto do servizo médico co obxectivo de entender mellor a biomecánica do xogador e poder mellorar os tratamentos realizados”- indica.

Outra das súas funcións como podólogo da Selección Española de Fútbol é  manter interlocución cos  fabricantes das botas, especialmente con ADIDAS como provedor da Selección Española. O especialista puntualizou que, mediante tecnoloxía Younext impresión 3D, realízanse hormas personalizadas para unha mellor adaptación do xogador á bota e diferentes proteccións por exemplo para a exóstose de Handlung ou espinilleiras.

O tamén podólogo do Real Zaragoza C.F participou nunha mesa redonda sobre as patoloxías do tendón calcáceo, coñecido como tendón de Aquiles. Javier Alfaro explicou que o tendón de Aquiles é o que une ao músculo tríceps sural, formado polos xemelgos e o sóleo, co calcáneo e comunícase coas estruturas da planta do pé grazas a unha unidade coñecida como Sistema Aquileo-calcáneo-plantar, o que permite manter o corpo ergueito grazas á súa composición de coláxeno e elastina que proporciona rixidez e elasticidade. “No corpo humano, o tendón de Aquiles é sen dúbida un dos máis fortes, a cada paso que damos soporta entre dous e tres veces o peso corporal, oito ao correr e once ao saltar”- destacou.

A nivel patolóxico, Javier Alfaro considera que as lesións nos tendóns se producen xeralmente por desaxustes na carga que levan á desorganización e dexeneración da estrutura, e no caso do tendón de Aquiles as máis comúns son as tendinites. Ademais, explicou que o enfoque do tratamento debe ser multidisciplinar, xa que para a pronta e correcta recuperación necesítase de podólogos e fisioterapeutas, agás se se trata dunha rotura, cuxa única solución é cirúrxica. Nesta liña, argumentou que a colocación dunha ortese plantar resulta fundamental para redireccionar as forzas que están a actuar sobre o tendón dexenerado. “A recuperación dunha lesión tendinosa non adoita ser nin fácil nin rápida, pero co enfoque adecuado, adaptado e personalizado é posible devolver de novo as propiedades á estrutura e mesmo fortalecela máis do que estaba antes”- sinalou.

Patoloxías infeccións, traumáticas ou conxénitas nas uñas

Pola súa banda, o podólogo e profesor da Universidade de Estremadura, Alfonso Martínez Nova moderou unha mesa redonda sobre patoloxía ungueais e dérmicas. O especialista explicou que as uñas dos pés, como parte da pel que son, poden sufrir numerosas patoloxías, desde infecciosas (por bacterias ou fungos), traumáticas (uña encarnada) ou conxénitas. Ademais, indicou que poden xurdir patoloxías máis graves, como tumoracións benignas ou malignas. “O podólogo pode ser o primeiro en descubrir déficit de vitaminas no organismo, sospeitar de presenza de patoloxías sistémicas ou ben ser o primeiro en diagnosticar un tumor maligno e aumentar moitísimo a esperanza de vida desa persoa” – apuntou.

Martínez Nova destacou que as principais patoloxías que presenta a uña adoitan ser alteracións por unha incorrecta irrigación ou ben traumatismos da uña, o que se denomina onicrogrifose e consiste no engrosamiento da lámina ungueal e tamén no cambio de coloración, que pasa de ser trasparente a máis escuro e opaco. Como patoloxía infecciosa, sinalou a onicomicose ou infección por fungos, unha patoloxía que non é dolorosa polo que o paciente non adoita darlle moita importancia. “O podólogo debe facer cultivo ou outro tipo de probas para determinar que tipo de fungo é, e  así propor o mellor tratamento farmacolóxico oral ou tópico”- explicou.

Como patoloxía traumática, o especialista asegurou que sen dúbida a “raíña” sería a uña cravada ou encarnada, debido ao mal corte das uñas (xeralmente de forma redondeada), o que ocasiona unha inflamación do tecido que rodea a uña, creando dor, inflamación e impotencia funcional. Martínez Nova apuntou que se non é tratado convenientemente, pode chegar a precisar de cirurxía, que se fai de forma ambulatoria na consulta do podólogo.

Programa xornada de mañá sábado

O sábado comezará con senllas mesas redondas centradas na podoloxía deportiva sobre aplicacións prácticas na exploración biomecánica, calzado deportivo, patoloxía metatarso-dixital, aplicacións prácticas do calzado deportivo e continuará con outra sobre pé diabético. Finalmente celebraranse simposios sobre podoloxía pediátrica e cirurxía reconstructiva por complicacións provocadas por profesionais sanitarios e amputacións. O congreso contará con dez talleres teórico-prácticos: exploración vascular ecográfica, tratamentos e actualización en terapia láser, diabético, cirurxía osteoarticular e técnicas de cirurxía ungueal e partes brandas orteses dixitais, ecografía avanzada, dermatoscopia, exploración e descargas en pé.

Antes de acudir a una farmacia en busca de un medicamento debemos dirigirnos a un podólogo y que sea él quien lo di… https://t.co/PQfQmE09Sk
Pongámonos a pensar... ¿Es lo mismo un pie bonito que un pie sano? En este artículo se descubre el punto clave de l… https://t.co/7zpQjqFGT2
Nesta publicación fálase da importancia dun correcto estudo da pisada do deportista para a mellora do seu rendement… https://t.co/f0HmZpp9Kk
Abrir unha clínica podolóxica non é tan sinxelo como pode parecelo. Nesta publicación explícase o procedemento a se… https://t.co/DX0Auy4rtB
Los podólogos gallegos recomiendan usar zapatos cómodos esta Navidad https://t.co/MMXkoNM6oc
Está a sociedade concienciada do impacto socio-sanitario que supón o pé diabético? Sen dúbida estamos a falar dun… https://t.co/AXL6QRNZvm
Para aquell@s que no pudieseis ver el reportaje sobre intrusismo en medicina, con casos concretos de… https://t.co/YGnKgDMt4t
Os dejamos aquí ⤵️ el boletín informativo de la International Federation of Podiatrists con informaciones sobre el… https://t.co/6k5GtF8x7q
Quizais moitos se pregunten a que idade deben comezar os máis pequen@s a ir ao podólogo... No seguinte post, as apo… https://t.co/U6vTvrK0WG
Os Colexios Oficiais de Podólogos do territorio español esperan con desexo a inclusión da súa profesión na sanidade… https://t.co/AN97bBLXIP
Antes de acudir a un podólogo é importante saber si está realizando a actividade de maneira lícita. Se non é así, a… https://t.co/9LZs4EZMTn
La problemática del intrusismo en la podología; hoy en el blog del COPOGA. https://t.co/YkrQhZwYsY
¿Cuáles son los requisitos legales para poder fabricar productos sanitarios a medida en nuestras clínicas? La ases… https://t.co/78dtyycexE
Ecos de la emisión del reportaje sobre intrusismo en podología en el programa En el punto de mira de Cuatro, en El… https://t.co/5ZomGVyizJ
Cuatro acaba de emitir el reportaje sobre intrusismo profesional en el que aparece nuestro caso gallego con Fabián… https://t.co/rx3rHP7fXw
📣 Esta noche no os podéis perder el programa de investigación @puntodemira_tv de @cuatro ​. Nuestro presidente Borj… https://t.co/HgQmOikKAH