Noticias

Relatores de seis países participarán no 49 Congreso Nacional de Podoloxía que terá lugar os días 5 e 6 de outubro en Santiago de Compostela.

Relatores de seis países participarán no 49 Congreso Nacional de Podoloxía que terá lugar os días 5 e 6 de outubro en Santiago de Compostela.

Os presidentes do Consello Xeral de Colexios Oficiais de Podólogos de España e do Colexio de Podólogos de Galicia presentárono hoxe ante o alcalde da cidade e o conselleiro de Sanidade.

O simposio, no que se prevé unha asistencia de 1.000 podólogos, abordará as patoloxías do corredor, o calzado deportivo e o intrusismo no mundo do material deportivo e contará coa presenza dos podólogos da Selección Española de Fútbol e do Real Madrid

 

Santiago de Compostela acollerá os días 5 e 6 de outubro o 49 Congreso Nacional de Podoloxía 2018, organizado polo Consello Xeral de Colexios Oficiais de Podólogos de España e o Colexio de Podólogos de Galicia. Terá lugar no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia. O programa xa pode consultarse na web do Congreso e conta con relatores de seis países: Estados Unidos, Australia, Gran Bretaña, Suíza, Malta e España. A organización prevé unha asistencia de 1.000 congresistas chegados de diversos puntos de España e tamén de Portugal.

Unha delegación do simposio –composta polo presidente do Consello Xeral de Colexios Oficiais de Podólogos e do comité organizador do congreso, José García Mostazo; o secretario do Consello, Rafael Navarro Félez; e o seu tesoureiro, Marcos Villares Tobajas; ademais do presidente do Colexio de Podólogos de Galicia e á súa vez secretario xeral do comité organizador do congreso, Borja Pérez Serrano; e o vogal do comité organizador e do colexio galego, Juan Divos– presentouno hoxe en senllos encontros mantidos co alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e o conselleiro de Sanidade da Xunta de Galicia, Jesús Vázquez Almuíña.

O congreso será inaugurado o venres 5 de outubro por José García Mostazo e Borja Pérez Serrano. Na apertura participarán tamén o presidente da Federación Internacional de Podólogos, Christian Jerome, e o da Asociación Americana de Podólogos (EUA), Denis Frisch, así como o conselleiro de Sanidade da Xunta de Galicia, Jesús Vázquez Almuíña.

 

DesPEzando o congreso

O congreso contará con mesas redondas nas que se debaterán casos clínicos reais para aprender a proceder nestes casos e incentivarase a participación activa dos

asistentes para aclarar conceptos e permitir unha actualización efectiva na abordaxe destas patoloxías.

Así, o programa científico comezará o venres cunha atractiva mesa redonda que leva por título Aquiles: de semi Deus a humano, na que se tratarán as patoloxías do tendón de Aquiles, xa que o nocello é fundamental na podoloxía. Esta mesa, moderada polo podólogo Raúl Ramos, membro do Comité Científico do 49 Congreso de Podoloxía contará, entre outros relatores, cos doutores americanos Amol Saxena, do Hospital de Stanford en Pau Alto (California), e Michael Downey, de Philadelphia; Javier Alfaro, podólogo da Selección Española de Fútbol.

O programa científico continuará cunha mesa redonda en formato Pecha Kucha sobre a fascite plantar e co debate Correr é de covardes? para aclarar conceptos sobre as patoloxías do corredor. Estará moderado por Manuel Mosqueira, membro do comité científico do 49 Congreso. Nesta mesa debaterán os doutores Richard Blake, referencia mundial en Ortopodoloxía (EUA), Benno Nigg (Suíza), Daniel Bonnano (Australia), Chris Nester (Gran Bretaña), Julio Calleja e Alfonso Martínez Nova.

A primeira xornada de tarde comezará coa mesa Pel, uñas e cía sobre patoloxías ungulares e dérmicas. Estará moderada polo doutor Alfonso Martínez Nova, da Universidade de Estremadura. Nesta mesa, veranse novas técnicas, diferentes criterios diagnósticos e de abordaxe cirúrxica. Destaca a presenza como relatora da doutora Tracey Vlahovic, de Philadelphia (EUA) que abordará as dermatites nos pés e as verrugas plantares, e do doutor estadounidense Scott Maley (EUA) que abordará o melanoma no pé.

A xornada do venres pecharase con dúas mesas redondas, unha titulada Sigo sendo o Rei sobre patoloxía do primeiro radio, en formato Pecha Kucha e por Javier Pascual, membro do comité científico do congreso. Debaterán os doutores Alan Banks (EUA), Pedro Munuera, Sergio Miralles, Mario Suárez e Francisco Monzó.

A segunda mesa, A ver quen levanta isto, centrarase no pé plano. Estará moderada polo podiatra Luke Cicchinelli, secretario do comité científico. Debaterán os doutores norteamericanos Michael Downey, Richard Blake, Scott Maley e Alan Banks, o australiano Daniel Bonnano e o español Ángel Orejana.

 

Talleres teórico-prácticos

O congreso contará cunha ampla oferta de talleres teórico-prácticos sobre distintos temas. O obxectivo é profundar na actualización de coñecementos, nos temas que máis lle interesen ao congresista. As catro principais sociedades científicas españolas relacionadas coa podoloxía –Asociación Española de Cirurxía Podolóxica (AECP), Asociación Española de Cirurxía de Mínima Incisión do Pé (AEMIS), Sociedade Española de Biomecánica e Ortopodoloxía (SEBIOR), Sociedade Española de

Podoloxía Deportiva (SEPOD)– terán unha presenza destacada no congreso impartindo conferencias e talleres e participando en diversas mesas redondas.

Pola tarde, haberá unha mesa redonda sobre O intrusismo no mundo do material deportivo na que intervirán o presidente do Consello Xeral de Colexios de Podólogos, José García Mostazo; Verónica Esteban, da Comisión de Intrusismo do Consello e presidenta do Colexio de Podólogos de Asturias; e os presidentes das sociedades científicas SEPOD, Ángel González de la Rubia, y SEBIOR, José Manuel Castillo. Tras a mesa, de la Rubia ofrecerá a conferencia Plan maratón saudable.

 

Analizaranse as diversas complicacións que poden xurdir na práctica profesional e a súa resolución

O sábado comezará con senllos simposios centrados na podoloxía deportiva. O primeiro sobre aplicacións prácticas na exploración biomecánica e o segundo sobre calzado deportivo, impartido polo suízo Benno Nigg, referente mundial en biomecánica e análise de calzado deportivo.

A continuación comezará a mesa Todos menos o gordo, sobre a patoloxía metatarso-dixital. Moderada polo doutor Luís M.ª Gordillo, membro do comité científico, abordará técnicas de cirurxía, coa presenza de podólogos americanos e podólogas españolas.

Pola tarde, terá lugar unha mesa titulada Se puidese volver atrás, dedicada a analizar as complicacións na práctica profesional e claves para a súa resolución. A mesa de debate en formato Pecha Kucha estará moderada por Francecs Soriano, membro do comité científico e participará Thomas Zgonis, xunto a outros nove relatores.

Pola tarde, regresarase á podoloxía deportiva, coa mesa Os pés tamén xogan, moderada por Víctor Alfaro, podólogo do Real Madrid. Nesta mesa abordaranse aplicacións prácticas do calzado deportivo, o papel do recuperador físico nas lesións do pé, a variación da temperatura podal tras carreiras en asfalto e montaña ou o adestramento da carreira.

A xornada finalizará coa mesa redonda Minimizando riscos, sobre pé diabético. Tratarase sobre a figura do podólogo no ámbito internacional en relación ao pé diabético. Moderada polo doutor. Thomas Zgonis, referencia mundial no campo de pé diabético, contará coa presenza de tres doutoras: Cyntia Formosa (Malta) y las españolas Rocío Merino e Esther García.

 

Trataranse o melanoma do pé, a ansiedade dos pacientes ou as amputacións

O sábado tamén haberá diversos talleres sobre ecografía, aplicación do láser en podoloxía, fungos nas uñas ou siliconas e unha mesa con temas variados como os

novos fármacos anticoagulantes, a ansiedade dos pacientes durante o proceso poscirúrxico, a presentación dun estudo sobre o efecto das soletas a medida fronte ás soletas sen molde en pacientes con artrite, o tratamento de fracturas no maimiño provocadas polo fútbol ou o diagnóstico da fascite plantar.

Pola tarde, haberá tres simposios, un sobre podoloxía pediátrica, impartido por Roberto Pascual; e outro coa Asociación Española de Cirurxía Podolóxica, dedicado a casos de cirurxía reconstrutiva por complicacións provocadas por profesionais sanitarios e a amputacións.

 

30 comunicacións multimedia

Ademais, habilitarase un espazo no Palacio de Congresos para que os asistentes poidan ver os distintos relatorios multimedia que se presenten. O antigo formato de póster avanza cara ao formato multimedia, onde o autor pode expoñer coma se fose un relatorio, ademais de poder incorporar todos os elementos audiovisuais que precise.

Así, haberá 30 comunicacións multimedia sobre os temas máis variados: aplicacións podolóxicas nos Xogos Olímpicos de Río 2016, evolución do calzado deportivo de uso cotián, acupuntura aplicada á podoloxía, infiltración de corticoides, uso de soletas na prevención e tratamento de alteracións posturais, alteracións dermatolóxicas relacionadas co calzado, crecemento do pé en idade escolar, idade para levar os nenos ao podólogo… Así mesmo, o Palacio de Congresos contará cunha exposición comercial coas 25 empresas colaboradoras do evento.

Web do 49 Congreso Nacional de Podoloxía: www.49congresopodologia.com

Encuentro con el alcalde de Santiago, Martiño Noriega

¿Conóceis el diagnóstico de la onicomicosis? Esta patología prevalece en los mayores de 65 años pero puede aparecer… https://t.co/WViXuGINJ9
Los podólogos gallegos se forman para tratar problemas en las uñas y explorar las utilidades de las ortesis digital… https://t.co/apHxitjGya
Los podólogos se forman para tratar problemas en uñas https://t.co/PRowzLFeL9
La asamblea del sábado sirvió para hacer balance de un exitoso y fructífero 2018. Nuestro presidente, Borja Pérez,… https://t.co/AMID8xgSyV
#formación Hoy nos centramos en las uñas y las ortesis con el curso sobre remodelación ungueal y siliconas en patol… https://t.co/4Pb2vypn8z
✍️ Formación para tratar problemas en las uñas y explorar las utilidades de las ortesis digitales de silicona 👣 Or… https://t.co/vZXG850AoE
Los callos son una patología bastante frecuente entre los ciudadanos pero seguramente muchos de ellos no conozcan l… https://t.co/QEOepzDf9F
La aparición de una lesión en el running puede perjudicar de manera tajante a su desarrollo por lo que debemos acu… https://t.co/lv2GYTVcSK
Os podólogos aconsellan un calzado específico segundo a idade dos nenos | CRTVG https://t.co/wbxQJSPzC9
Desaconsejan que se herede el calzado infantil https://t.co/iI2XMtyMYE
Aconsejamos un calzado específico según la edad de los niños, y que no sea... https://t.co/96dd7wnpci
La podóloga Noelia Porto realiza actividades referentes a la podología en campos refugiados de Algeria. Se trata de… https://t.co/WIJ8rlkUeT
SÍ, EL PODÓLOGO ¡OPERA! https://t.co/jEHLTqGd34
La fibromialgia es una enfermedad un tanto frecuente entre la población, más concretamente en las mujeres. Como ver… https://t.co/w2sB5ihDtT
El aumento constante de la presión en la zona metatarsal produce dolor, inflamación y sensación punzante al caminar… https://t.co/fYDfEOu1EC
Y ya casi casi de fin de semana, os dejamos 👇 una lectura entretenida para el fin de semana. Ya está listo y prepar… https://t.co/BcJRdHtv2j
La Federación Internacional de Podólogos (International Federation of Podiatrists) realiza un diagnóstico en España… https://t.co/fyLZiFOcK3
Existen una serie de alteraciones en las uñas en pacientes geriátricos. Se deben tratar lo antes posible ante el po… https://t.co/IIGxbCdsWt
Presentación EReceta Médica Privada al Ministerio de Sanidad https://t.co/D1ggJWHuaI" target="_blank">https://t.co/D1ggJWHuaI https://t.co/D1ggJWHuaI" target="_blank">https://t.co/D1ggJWHuaI