RECLAMACIÓNS
Correspóndelle o Colexio Oficial de Podólogos de Galicia, dentro do seu ámbito territorial, velar pola ética profesional e polo respecto os dereitos dos cidadáns e das cidadás, e exercer a potestade disciplinaria en materias profesionais e colexiais.
Todo cidadán ou cidadá pode formular unha reclamación ou queixa contra un colexiado ou colexiada ou contra o Colexio Oficial de Podólogos de Galicia cubrindo o MODELO DE RECLAMACIÓN e presentándoo presencialmente ou vía postal na secretaría do colexio, ou, tamén, se pode presentar telemáticamente dende a nosa sede electrónica.
Acceder con certificado dixital


Acceder con usuario e contrasinal
RECURSOS
A Xunta de Goberno resolverá informando o sistema extraxudicial de resolución de conflitos, remitindo o expediente aos órganos colexiais competentes en materia disciplinaria, arquivando o expediente ou adoptando calquera outra decisión conforme aos Estatutos colexiais e a normativa vixente.
Os actos e resolucións, suxeitos a dereito administrativo, emanados do Colexio poñen fin á vía administrativa ante este.
O interesado poderá impugnar o acto ou resolución ante a xurisdición contencioso-administrativa vixente, de conformidade coa lei reguladora desta.
ORGANIZACIÓNS DE USUARIOS E CONSUMIDORES
Dende a seguinte ligazón poden acceder os datos das asociacións ou organizacións de consumidores e usuarios ás que os destinatarios dos servizos profesionais poden dirixirse para obter asistencia: https://consumo.xunta.gal/gl/consumidores/asociacions/directorio