Noticias

Un 75 % dos problemas nos pés dos maiores son causados por enfermidades osteoarticulares que poden complicar a súa mobilidade

Un 75 % dos problemas nos pés dos maiores son causados por enfermidades osteoarticulares que poden complicar a súa mobilidade

Patoloxías reumáticas como a artrite ou a artrose poden agravarse e provocar episodios dolorosos durante o inverno

O Colexio de Podólogos de Galicia recomenda calzado con suxeición de cordóns ou velcros e sola antiescorregadiza, calcetíns de fibras naturais e usar soletas personalizadas para que persoas de idade avanzada poidan camiñar con maior seguridade e comodidade

Atendiendo-paciente-mayor

As baixas temperaturas do inverno e os altos índices de humidade que hai en Galicia poden provocar doenzas nos pés. Co intenso frío destes últimos días, e as copiosas xeadas que conxelaron toda a xeografía galega, o Colexio de Podólogos de Galicia incide na necesidade dun coidado específico dos pés das persoas maiores, esencial para a súa saúde e prevención de patoloxías que poderían orixinar outras enfermidades, antes de que se agraven e cheguen, mesmo, a afectar á súa mobilidade.

Segundo un estudo publicado na Revista Española de Podoloxía, un 75 % dos problemas nos pés das persoas con máis de 65 anos son derivados de enfermidades osteoarticulares ou reumatolóxicas como a artrite reumatoide ou psoriásica, artrose ou a gota, que poden verse agravadas ou con episodios de maior dor durante o inverno. “É moi importante que as persoas maiores acudan periodicamente ao podólogo para revisar os seus pés, tratar as doenzas que presenten para que non afecten a súa mobilidade durante a marcha e evitar a aparición de patoloxías graves. Por exemplo, tratar a tempo problemas circulatorios pode evitar a aparición dunha gangrena” –explica o presidente do Colexio de Podólogos de Galicia, Borja Pérez Serrano–.

Aínda que os problemas máis comúns nos pés deste grupo poboacional son as queratopatías –callos e durezas– (23 %); distrofias ungulares (29 %); uñas enterradas (16 %); e infeccións por papilomas ou fungos nas uñas (15 %). Outras das enfermidades que afectan directamente á saúde dos pés son a obesidade, os trastornos cardiovasculares ou a diabetes, debido a que poden comportar cambios na estrutura dos pés que alteren a marcha, xeren molestias ou supoñan perda de sensibilidade, entre outros.

Para manter unha saúde podolóxica óptima, os podólogos recoméndanlles ás persoas maiores protexer as prominencias óseas e deformidades dos pés, por exemplo co uso de orteses de silicona que poden axudar a evitar a dor causada polo movemento, que podería alterar a marcha e incrementar a inestabilidade. O colexio asegura que o uso de persoais personalizados en persoas maiores lles axuda a camiñar con maior seguridade e comodidade.

Os expertos aconsellan utilizar zapatos que suxeiten ben o pé con cordóns ou con velcros e adecuados á anchura dos pés, e evitar os calzados de punta ou cun tacón moi alto. Sinalan tamén que o calzado debe dispoñer de sola antiescorregadiza e débese evitar levar zapatos con solas desgastadas, tacóns altos, chancletas ou zapatilla solta, sempre se elixirán zapatos que permitan a transpiración natural. Como é moi frecuente que os pés inchen, os podólogos indican que é preferible que o calzado sexa de lycra ou escumas que cedan, para que non aperten ao longo do día. Ademais, recomendan usar medias e calcetíns de fibras naturais –algodón ou la– e descartar as fibras sintéticas, porque non favorecen a transpiración e incrementan a sudación. E mesmo lembran que non se deben utilizar calcetíns ou medias remendadas ou con costuras, nin ligas ou calcetíns con elástico superior que aperte, xa que ao impedir ou entorpecer o retorno venoso poden causar edemas periféricos.

Os anciáns teñen maior probabilidade de padecer as dolorosas frieiras

O colexio galego sinala tamén que o eritema pernio, coñecido popularmente como frieira, é un trastorno localizado en zonas distais como as mans e os pés, como resposta anormal ao frío por vasoconstrición prolongada, que conduce a hipoxemia e inflamación das paredes vasculares.

A baixada das temperaturas pode afectar directamente a saúde dos pés, por iso é necesario protexelos adecuadamente para evitar posibles doenzas causadas polo frío. Ademais, unha boa circulación sanguínea é fundamental para evitar a súa aparición. Por tanto, o colexio recomenda non estar moito tempo parados, evitar a cafeína e tomar alimentos ricos en magnesio e calcio. “Os anciáns deben ser especialmente cautelosos, xa que debido ao sedentarismo, a pouca deambulación e a mala circulación teñen maior probabilidade de padecelos. Ademais, afecta en maior medida a mulleres que a homes, aínda que non se detectaron problemas circulatorios” –explica o presidente–.

Para diminuír a sintomatoloxía da súa aparición, o colexio recomenda evitar a calor de fontes directas, como achegar os pés á estufa ou ás bolsas de auga quente porque poderían incentivar precisamente a aparición de frieiras.

La reducción de la mobilidad y el aumento de dolor de pies son aspectos muy comunes en la vida diaria del paciente… https://t.co/Ulkg8SRj9A
El presidente, Borja Pérez, ha hablado en el espacio de salud de Cope Vigo 📻 sobre las recomendaciones para mantene… https://t.co/l1KY23Xabk
Tus pies en buenas manos | Pies y embarazo https://t.co/11AidSytmK
La elección del calzado es determinante para la salud de nuestros pies.El uso reiterado de zapatos de tacón puede p… https://t.co/aEEeDoUtye
Visto hoy en @EL Correo Gallego, nuestras recomendaciones para proteger la salud podológica de las mujeres embaraza… https://t.co/FdG1ufFgxi
Recomendamos vigilar la salud de los pies durante el embarazo para evitar alteraciones en la marcha tras el... https://t.co/ryjIgZjZh5
Podólogos andaluces instan a Junta a dialogar sobre el servicio de atención podológica dentro de sanidad pública https://t.co/7Qd6k3FgX4
Damos a conocer la tesis doctoral presentada por Daniel López López en el año 2011. Posteriormente el autor... https://t.co/IAyJiySEnY
Los pies sufren una serie de modificaciones durante el embarazo. Es imprescindible realizar una serie de cuidados e… https://t.co/XSE7nKGzC4
Más del 80% de las personas mayores necesitan los cuidados de un podólogo de manera periódica La incorporación de… https://t.co/OooPyJ0RoA
📣 Ya está aquí el Boletín nº 43 del Consejo General de Colegios Oficiales de Podólogos. Lectura constructiva para e… https://t.co/sR76hvChBi
La uña encarnada produce dolor e inflamación. En el momento en que percibamos la alteración debemos acudir al podól… https://t.co/dEoFOziPIH
Largas horas caminando suponen una serie de dolencias y lesiones en los pies. Para ello se recomienda acudir al pod… https://t.co/y78QMhxaSW
Los podólogos gallegos analizan los beneficios terapéuticos del láser y su aplicación para la cicatrización de heri… https://t.co/60EYmbTnkw
Actualizando y descubriendo aplicaciones del láser en podología, hoy en el curso que organizamos con K-Laser en nu… https://t.co/bTpB1rPpCB
El Colegio de Podólogos de Galicia imparte un curso sobre los usos del láser en la especialidad vía @ActaSanitaria https://t.co/K7trIblxw2
Los podólogos gallegos indagan en los beneficios terapéuticos del láser y su aplicación para la... https://t.co/NaDcXQBSkq
Es fundamental tener en cuenta los consejos de los podólogos a la hora de comprar nuevos zapatos. De esta manera pr… https://t.co/1YBIBNq1pn
Nuestro presidente, Borja Pérez, inició contactos con la Consellería de Política Social con intención de ahondar en… https://t.co/DMZ6kDdijO