Consellos

Unha cirurxía “pouco invasiva” permite tratar a fascite plantar e camiñar desde o primeiro día

Unha cirurxía “pouco invasiva” permite tratar a fascite plantar e camiñar desde o primeiro día

Borja Pérez, coordinador das xornadas:

“É a inflamación dun ligamento que atravesa toda a planta do pé e que sofre unha alta porcentaxe da poboación”

Uns 120 podólogos galegos asisten hoxe e mañá ás Xornadas Galegas de Podoloxía en Santiago de Compostela

O Colexio Oficial de Podólogos de Galicia (COPOGA) celebra hoxe e mañá as Xornadas Galegas de Podoloxía: Patoloxía do Retropé. Diagnósticos diferenciais e abordaxes terapéuticas, no Hotel Os Abetos de Santiago de Compostela. Trátase dun congreso dirixido a profesionais que queren actualizar a súa formación a través de relatorios e talleres prácticos que tratarán de explicar as diversas patoloxías da parte traseira do pé e os seus tratamentos. O acto de presentación estivo presidido polo coordinador das xornadas e portavoz do Colexio de Podólogos, Borja Pérez, a secretaria da entidade, Montse Martínez, e o podólogo e membro da Asociación Española de Cirurxía Podológica, Bernardino Baseas.

As xornadas galegas de podoloxía son o principal evento de formación continua do ano en Galicia nas que participarán aproximadamente 120 podólogos galegos, doutras comunidades autónomas e de Portugal, ademais de estudantes e casas comerciais. Contarase coa experiencia de prestixiosos expertos nacionais e internacionais.

O congreso centrarase en dous puntos importantes: o diagnóstico e o tratamento das patoloxías da parte traseira do pé. Para abordar os diversos diagnósticos está previsto un amplo programa de conferencias e cinco talleres orientados a depurar a metodoloxía terapéutica. Na fase de tratamentos, as xornadas tratarán de ofrecer información sobre diversas abordaxes terapéuticas, desde tratamentos conservadores con vendaxes, férulas, persoais ou fisioterapia, até os máis avanzados procedementos cirúrxicos.

O talón e as estruturas que o rodean son parte fundamental para o correcto estado do pé e do membro inferior. “A parte traseira é como o temón, que dispón como vai ser o comportamento e dinámica do pé” –explicou Borja Pérez. Esta zona do pé vese afectada por alteracións nas articulacións, tendóns ou ligamentos, e o seu  diagnóstico é moi complexo debido á dor difusa que xera e que pode asociarse a incidencias no membro inferior (xeonllo e cadeira).

Borja Pérez manifestou que unha das patoloxías máis frecuentes que xorden na parte posterior do pé é a fascite plantar, unha afección que consiste na inflamación dun ligamento que atravesa toda a planta do pé e que sofre unha alta porcentaxe da poboación. “A pesar de que a fascite plantar presenta unha cronicidade moi elevada, o correcto diagnóstico é a base do seu tratamento” –destacou–.

Nesta liña, o podólogo experto en tratamentos de deportistas de elite, Bernardino Baseas, indicou que actualmente existe un tratamento cirúrxico “pouco invasivo” para tratar a fascite plantar. Trátase da cirurxía endoscópica que permite ao paciente realizar vida normal e camiñar desde o primeiro día.

Outra das alteracións da parte traseira é o pé plano dos nenos. Bernardino Baseas resaltou que existe a día de hoxe unha cirurxía menos traumática para eliminar o pé plano, a través dunha mínima incisión e un pequeno implante.

Incidencia do pé diabético

No Día Mundial da Diabetes (14 de novembro), Borja Pérez lembrou que entre o 15 e o 25% dos diabéticos españois desenvolven unha úlcera no pé e máis dun 30% sofren amputacións. Para minimizar as consecuencias do pé diabético, os podólogos galegos recomendan unha boa hixiene e coidado dos pés, revisalos de maneira visual cun espello, vixiar a pel, asegurarse de levar un calzado cómodo de pel, reparalo e cambialo de maneira regular e usar calcetíns que non opriman e que sexan de fibras naturais. Ademais, aconsellan que os pacientes acudan regularmente ao podólogo para realizar unha revisión a modo de actuación preventiva.

Esta tarde comezan as xornadas de podoloxía de 15:00 a 20:00 horas

As xornadas iniciaranse esta tarde ás 15:00 horas e estenderanse até as 20:00 horas. O acto de inauguración oficial, que se celebrará ás 17:30 horas, estará presidido polo presidente do Colexio de Podólogos de Galicia, Alfonso Alonso; a subdirectora Xeral de Avaliación Asistencial e Garantías da Consellería de Sanidade, Susana Cerqueiro; e o vicedecano da Facultade de Podoloxía de Ferrol, Pedro Gil. As conferencias e talleres continuarán mañá sábado, de 9:30 a 20:30 horas.

As xornadas están patrocinadas polo laboratorio Herbitas e a aseguradora A.M.A. O congreso disporá dunha zona comercial na que doce firmas mostrarán os seus produtos e servizos: A.M.A., Herbitas, Laboratorios Medea, Convatec, Podoibérica, Isdin, Vectem, Ferrer, Tecnoinsoles, Namrol, Podimed e Difefac Pharma.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Hoy hemos celebrado, en el Gran Hotel Los Abetos de Santiago, un curso monográfico sobre valoraciones... https://t.co/8Y4ymS1zKS
#Formación. Analizamos las causas de la #dismetría, alteración que surge por la diferencia de longitud entre los... https://t.co/wJLlPBAwtm
Desde el Colegio de Podólogos de Galicia nos adherimos al Día Mundial del Alzheimer, con ánimo de senbilizar a la... https://t.co/rYK6Viv2YW
Hay que compartirlo todo, menos los zapatos https://t.co/YFbsv0TpNL
ESTUDOS DE INVESTIGACIÓN https://t.co/nAvmv7IlVo
#Formación. Organizamos un curso de #dismetrías: exploración clínica el próximo 23 de septiembre en el Gran Hotel... https://t.co/TxbKuTxijA
Javier Moro entrevista en RadioVoz Ourense a Borja Pérez, presidente del Colexio Podólogos Galicia https://t.co/IRrTWARsnV
es Radio entrevista a Borja Pérez Serrano, presidente del Colexio de Podólogos de Galicia https://t.co/RTX9bVWVFa
Juan Maceiras y Amelia González entrevistan en Cope Ourense a Borja Pérez, presidente del Colexio Podólogos Galicia https://t.co/hI2Mc17AOu
Retweeted Vía Láctea (@vialacteaINFO): Inauguración Expo #SelPie galería Sargadelos Ourense @vozourense... https://t.co/oxleoKnXbc
Nuestro presidente, Borja Pérez, invita a la concurrencia a visitar la exposición https://t.co/3vB8td4hO0
Inauguración de la exposición en la galería Sargadelos de Ourense. Interviene la concejala de sanidad, Sofía Godoy https://t.co/04xZbAZ6Rz
La exposición Pensando cos pes llega a Ourense https://t.co/lqzGx2ClCx
Borja Pérez: «Es necesario recordar a los ciudadanos la importancia que tiene la salud de los pies» https://t.co/0nqUKengRy
La Galería Sargadelos ofrece la exposición "Pensando con los pies" de Noemí Lorenzo https://t.co/uAhsLdHbLQ
#Exposición. Inauguramos el jueves la exposición “Pensando cos pés” en la Galería Sargadelos de Ourense/... https://t.co/9H1wlztso1