Verificación CVE

Verificación de documentos asinados

Os documentos electrónicos xerados dende o Colexio Oficial de Podólogos de Galicia inclúen un código de verificación electrónica (CVE) que permite contrastar a autenticidade do documento mediante o acceso aos arquivos electrónicos do COPOGA

Que é o CVE?

O CVE son as iniciais do Código de Verificación Electrónica, que consiste nun conxunto de caracteres (números e letras) que identifican de forma única calquera dos documentos publicados polo Colexio Oficial de Podólogos de Galicia. Este código atópase impreso nas páxinas do documento para facilitar o acceso a dito documento.

Para comprobar a sinatura electrónica e a integridade e autenticidade dun documento ten que introducir o CVE (composto por unha secuencia de números e letras) que aparece impreso no documento que desexa verificar.