
Coidados básicos do pé
Nas rutas máis esixentes calquera alteración pode producir unha lesión de grande importancia, por iso, é conveniente que un podólogo che realice, con anterioridade, un estudo biomecánico para observar se a marcha é normal ou presenta alteracións..









CALZADO
Recomendámosche calzado de trekking xa usado con sola amortecedora de máis altura no talón que no antepé para evitar “sobrecargas” da musculatura posterior da perna.
DESCANSOS
Usa chancletas con suxeición para descansar os teus pés e que transpiren nas paradas que fagas, despois de todo o día camiñando.
NON USES CALZADO DEFORMADO NIN MOI DESGASTADO
O calzado debe manter a estabilidade dos nosos pés achegándolles suxeición e así evitar o risco de lesións.
CALCETÍNS
Non esquezas ter máis dun par de calcetíns a man. Se os teus pés súan moito ou se requentan coas altas temperaturas non dubides en cambiar de calcetíns en medio do traxecto. Deben de ser de algodón e sen costuras, que se adapten ao pé sen formar engurras ou dobreces.
Mantén os teus calcetíns secos e evitarás a aparición de fungos e ampolas!
CAIXA DE URXENCIAS
É imprescindible levar unha ante calquera posible risco de lesión ou ferida. Debe incluír:
- Crema hidratante.
- Vaselina Pura ou lubricante.
- Antiséptico cutáneo para evitar infeccións en feridas ou ampolas.
- Apósitos para cubrir feridas ou ampolas. (Gasas e esparadrapo)
- Pos astrinxentes para controlar a sudación.
Ante calquera problema de gravidade en pé ou nocello o mellor é acudir a un podólogo.
