Cursos

II Simposio Internacional de Biomecánica e Podoloxía Deportiva

II Simposio Internacional de Biomecánica e Podoloxía Deportiva

A Asociación Española de Podoloxía Deportiva (AEPODE) xunto á Sociedade Española de Biomecánica e Ortopodoloxía (SEBIOR) queremos presentar o segundo Symposium Internacional de Biomecánica e Podoloxía Deportiva que se celebrará na cidade de Madrid nas datas 10 e 11 de xuño de 2011.

Este encontro ten como obxectivo principal desenvolver relatorios, comunicacións e debates de carácter exclusivamente científico-técnico sobre as disciplinas da Biomecánica, Ortopodoloxía e Podoloxía Deportiva.

Contaremos con relatores de recoñecido prestixio tanto nacionais como internacionais e está dirixido especialmente aos socios de ambas as sociedades científicas, aínda que se abrirá tamén aos colegas que desexen participar e aos colectivos de alumnos de grao e posgrao, especialmente aos de biomecánica e deportiva así como a outras disciplinas.

Aproveitando o encontro realizaranse as asembleas anuais das citadas sociedades científicas.

A cota de congresista establécese en:

– 200 euros congresistas
– 120 euros socios de AEPODE e SEBIOR
– 120 euros estudantes
– A cota inclúe dúas coffee break
– Para os non socios respectarase a orde de inscrición dado que o número é limitado.

INSTRUCIÓNS PARA A PRESENTACIÓN DOS RESUMOS DE COMUNICACIÓNS

Para a edición do libro de actas pretendemos que os resumos dos traballos presenten unha certa homoxeneidade.

O idioma dos mesmos poderá ser castelán ou inglés, no idioma que se presente será publicado o resumo.

Non excederá de 6 páxinas A4 incluídas figuras e táboas, letra Arial 11. Espazo sinxelo.

As figuras e táboas inseriranse no texto no parágrafo que corresponda, numeradas de forma correlativa e cun pequeno parágrafo explicativo ou pé de páxina.

O resumo será imprescindible para a admisión do traballo e posterior valoración polo comité científico. En ningún caso supón a aceptación para a súa exposición e posterior publicación no libro de actas (soporte electrónico). Remitirase antes do 5 de maio, por correo electrónico á dirección glafuente@us.es. en arquivo adxunto. Unha vez recibido o traballo comunicaráselle ao autor por correo electrónico, se é ou non admitido.

POSTER. Admitiranse traballos orixinais ou de investigación. A presentación dos resumos seguirá o mesmo proceso que os traballos de investigación ou revisión no seu caso.

CONTIDOS ORIENTATIVOS DOS RESUMOS.

TÍTULO DO TRABALLO. Será o mesmo que aparecerá no programa do symposium

AUTORES. Nome e apelidos, procedencia profesional (departamento universitario, centro podológico…), correo electrónico de todos os autores e un teléfono de contacto. O primeiro autor será o relator.

ESTRUTURA DUN TRABALLO DE INVESTIGACIÓN.

1. INTRODUCIÓN. Orientará acerca dos contidos do traballo.
2. MARCO TEÓRICO.
3. OBXECTIVOS. Breves e ben definidos.
4. HIPOTESIS. Se procede.
5. RESULTADOS. Tratándose dun resumo só constarán os máis relevantes.
6. DISCUSIÓN. Brevemente se defenderá a utilidade do traballo de investigación.
7. CONCLUSIÓNS. Responderán os obxectivos expostos no traballo de investigación.
8. BIBLIOGRAFÍA. Seguirá as normas de Vancouver na súa última revisión (2006), para o resumo só as referencias máis importantes e que consten numeradas no texto.

ESTRUTURA DUN TRABALLO DE REVISIÓN.

1. INTRODUCIÓN. Orientará acerca dos contidos do traballo. Tamén inclúe un breve marco teórico do mesmo, no que se desenvolverán aqueles conceptos que o autor entenda de interese para mellor entendemento do traballo.
2. METODOLOXÍA. Cita dos documentos e bases de datos consultados.
3. RESUMO. Exposición dos resultados obtidos da revisión bibliográfica realizada. Non se trata de recoller resultados de análises estatísticas, senón de plasmar as investigacións que se fixeron sobre o tema investigado. O autor poderá desenvolver os apartados que considere oportunos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Hoy nos llegan las últimas noticias de la profesión, de mano del boletín informativo del @CGPodologos. Lectura obli… https://t.co/itr907xXDq
El trabajo nos expone durante un largo período temporal a diversas circunstancias que pueden repercutir en la salud… https://t.co/RuaNz7FEqO
El @ColexioPodologo reivindica, en el #DíaInternacionaldelaDiversidadFuncional, el derecho a una inclusión social p… https://t.co/w6LpSXZVpv
El podólogo y profesor de la Universidad de Sevilla, Salomón Benhamú, guía a los participantes en el curso de hoy s… https://t.co/TK8NrAysz3
Mañana sábado celebraremos en nuestra sede en Santiago un curso sobre #ortesis para tratar dedos en garra, juanetes… https://t.co/Tw5U4hqYVN
El 14 de diciembre celebraremos la Asamblea General Ordinaria del 2º semestre. La jornada se completará con un semi… https://t.co/uiy5MBhEyS
Antes de que nos opere un podólogo/a u otros/as profesionales sanitarios 👩🏽‍⚕👨🏼‍⚕, deben explicarnos nuestra situac… https://t.co/BwTJL7VDzy
La vicepresidenta Rocío Dono, participó ayer en la VII andaina contra la violencia de género "Camiño ao respecto",… https://t.co/OHO2Gk3Htz
Este pasado sábado se celebró en Boiro una charla por el Día Mundial de la Diabetes de concienciación a la població… https://t.co/EaF4SSYzNy
👋Nos gustaría ayudarte a cuidar tus pies. ¿Conoces todas las especialidades de la podología? Toma nota de ellas y d… https://t.co/uZGoPFg6aS
Nuestro concurso de postales navideñas🎄en el suplemento Xornal Escolar de @LaRegion, para animar a los más peques a… https://t.co/CWLK3xda2j
Concurso de postales de Navidad ☃️🎄 para niñ@s de 3 a 6 años👧👦. Podrán presentar sus dibujos 🎨, con el pie como pro… https://t.co/7A2MPCef2m
#DíaMundialDiabetes La tesorera del Colexio profesional, Celia Sieiro, ha participado esta mañana en la jornada org… https://t.co/qn6tY9jDeY
#DíaMundialdelaDiabetes #14N Alrededor de un 15% de las personas con diabetes desarrollan alguna úlcera en el pie a… https://t.co/tnTLLK5nAF
#DíaMundialdelaDiabetes #14N La creación de Unidades de Pie Diabético en hospitales gallegos, con podólogos en sus… https://t.co/Utju3ns9IL
¿No habéis podido ir al 50 Congreso Nacional de Cantabria? Os dejamos aquí 👇 el Boletín informativo-Monográfico 50… https://t.co/o0Bya9blqq
Seguimos trabajando para ofrecer los mejores servicios a nuestro colegiados y colegiadas‼️ Hoy se ha reunido la Jun… https://t.co/mJLKdr8TNo
Llega #Samaín #Halloween. Hoy las brujas y los muertos nos acompañarán para vivir una noche terrorífica. Vivamos es… https://t.co/6Y6Z6j505g
Taller de biomecánica del corredor en el Colexio de Podólogos de Galicia, en @elcorreogallego https://t.co/Y1KYl8oEOO
Hoy actualizamos nuestra formación en un taller de biomecánica del corredor, con Luis Enrique Roche en el hotel TRY… https://t.co/iaioTL6BPB