Noticias

ELECCIÓNS Á XUNTA DE GOBERNO 2019

ELECCIÓNS Á XUNTA DE GOBERNO 2019

ELECCIÓNS Á XUNTA DE GOBERNO 2019

Estimado compañeiro:

Poñémonos en contacto contigo a fin de comunicar a convocatoria de eleccións da Xunta de Goberno do Colexio Oficial de Podólogos de Galicia debido ao transcurso de catro anos desde a última elección, en maio de 2015. A data sinalada para a celebración de eleccións á Xunta de Goberno é o sábado 13 de xullo no horario comprendido entre as 11:30 horas e as 18:30 horas na sede do Colexio, na Rúa Manuel Vázquez Cacharrón, 8 baixo de Santiago de Compostela.

De conformidade ao artigo 46 dos Estatutos do Colexio, aprobados mediante Decreto 115/2011 de 3 de xuño, a Xunta de Goberno constituíu a Comisión Electoral, a cal está composta polo seguintes catro membros:

1.- Un presidente, que é o podólogo de máis idade, que cumpre ademais o requisito de levar colexiado máis de cinco anos, D. Rafael García Folgar

2.- Un secretario, que é o podólogo máis novo ou, en caso de imposibilidade, o seguinte correlativamente, Dna. Irene Estévez Villanueva.

3.- Un vogal, o asesor xurídico do Colexio, Dª Paloma Sánchez Martínez-Zárate.

4.- Un vogal, un representante do persoal administrativo do Colexio, Dª Cristina Rosario Orosa Puente.

De conformidade ao artigo 44 dos Estatutos, sobre as Condicións para ser elector e elexible:

“Terán dereito a ser elixido todos os colexiados exercentes que estean ao día nas súas obrigacións corporativas colexiais excepto aqueles que estean afectados por unha sanción que comporte a suspensión de actividades colexiais en xeral ou a limitación destes dereitos e que teñan, como mínimo un ano de antigüidade na colexiación.

Así mesmo, terán dereito a ser electores todos os colexiados, exercentes ou non exercentes en facultade de uso dos seus dereitos colexiais que non teñan ningúns impedimentos anteriores. A condición de colexiados exercentes e non exercentes determínaa a cota anterior ao día da convocatoria”

Informámoslle ademais que están publicados no taboleiro de anuncios da Secretaría do Colexio así como na páxina web, a listaxe de colexiados con dereito a elixir, é dicir, con dereito a votar. Esta listaxe poderá ser reclamado no prazo máximo de seis días desde a súa publicación, é dicir, até o luns 3 de xuño de 2019.

Así mesmo, informámoslle que o artigo 35 dos Estatutos Colexiais regulan a composición da Xunta de Goberno e que, segundo o artigo 45:

Só poderán concorrer ás eleccións as candidaturas completas en que estean todos os membros da Xunta de Goberno que se vaian a elixir. As candidaturas deberán formarse indicando o cargo ao que opta cada candidato. Ningún colexiado poderá presentarse a candidato a máis dun cargo e candidatura. (..)”

No artigo 46 dos Estatutos, regúlase o procedemento electivo. En canto aos prazos e requisitos das candidaturas o procedemento recóllese nos apartados d) a i) ambos inclusive. No entanto, os aspectos de maior relevancia son:

– As candidaturas deberán presentarse na Secretaría do Colexio persoalmente ou por medio evidente dentro do dez días hábiles seguintes á comunicación da data de eleccións por parte da Comisión Electoral. Neste caso, o prazo máximo para presentar candidaturas é até o venres 7 de xuño de 2019.

– Como prazo máximo, o luns 17 de xuño, a Comisión Electoral fará públicas a relación de candidaturas presentadas. No caso de que só se presente unha candidatura ás eleccións esta quedará automaticamente elixida, sen necesidade de celebrar eleccións.

– No caso de que existan candidaturas rexeitadas o presidente da Comisión Electoral notificarallo á candidatura rexeitada deixando constancia da súa recepción. Á súa vez estas candidaturas rexeitadas disporán dun prazo de catro días para corrixir os erros e a Comisión Electoral, no seguintes catro días laborais contestará a estas correccións.

– A Comisión electoral, se hai máis dunha candidatura, publicaraas na páxina web, en listas individuais por candidatura e imprimibles.

– Haberá un prazo mínimo de cinco días de campaña electoral. As candidaturas que o queiran poderán expor en zona pública da web do Colexio a súa candidatura e programa electoral. Cada candidatura poderá designar un interventor por mesa electoral.

Votarase utilizando o material exclusivo cos nomes das candidaturas que nos facilitará o Colexio na sede ou na páxina web.

O voto presencial ten preferencia, pero tamén se poderá votar por correo certificado enviando o material electoral que previamente se deberá solicitar ao Colexio ou da páxina web nun sobre pechado que se entregará ao presidente da mesa. Este sobre irá dentro doutro que conterá unha fotocopia do DNI onde constarán claramente os datos do remitente. Os votos por correo enviaranse á Secretaría do Colexio dirixido ao Presidente e deberán chegar polo menos dous días hábiles antes da data sinalada para as eleccións.

Esperando a túa participación nas eleccións á Xunta de Goberno do Colexio Oficial de *Podólogos de Galicia, quedamos á túa disposición para o que precises, recibe un cordial saúdo,

A Comisión Electoral

 

DOCUMENTO CE

Borja Pérez Serrano fixo recomendacións profesionais para o coidado dos pés peregrinos na @TVGalicia @RadioGalegahttps://t.co/gQiYl2b8IN
Borja Pérez Serramo asistió esta tarde a la graduación de los nuevos podólogos en el campus de Ferrol @vozferrolhttps://t.co/gfCvlN8HCe
La directora de comunicación de la Organización Médica Colegial de España, Teresa Alfageme, dirige un equipo de 5 p… https://t.co/cOWeyxoJY4
Os podólogos asesoran os penitentes para evitar doenzas, en Televisión de Galicia​ https://t.co/ZghubCy1Be" target="_blank">https://t.co/ZghubCy1Be https://t.co/ZghubCy1Be" target="_blank">https://t.co/ZghubCy1Be
Seguimos apoyando a los #deportistas. Ayer domingo en la carrera popular gandeira de Santa Comba en la asistencia… https://t.co/B3uqseFNjN
Los podólogos dan las pautas para la Semana Santa - Diario Sanitario https://t.co/XVuRiGpGbk
El domingo de Semana Santa estaremos en la “I Clásica Gandeira de Santa Comba” 🐮, asistiendo a los corredores con i… https://t.co/hRMZwvaw6d
El domingo-21 de Semana Santa estaremos en la “I Clásica Gandeira de Santa Comba” 🐮, asistiendo a los corredores co… https://t.co/DPUl6xcCqE
Consejos para los principiantes en el running y así evitar lesiones innecesarias https://t.co/7vktSb46Z3
Exploración biomecánica para evitar lesiones https://t.co/btxmgbUtKg
Recomendamos na exploración biomecánica previa a la práctica de running para prevenir lesiones Borja Pérez, presid… https://t.co/dKIUouSwG7
📸 Álbum de fotos de la jornada de asistencia podológica a los corredores del maratón Coruña42 , ayer domingo en la… https://t.co/vCr5IH6fAQ
🏃‍♂️🏃‍♀️Este domingo se celebra el VIII Maratón Atlántica @Coruna42 , y allí estaremos los podólogos‼️Asistiremos a… https://t.co/EanFoGTyEw
Nuestro presidente abrió ayer en el congreso de estudiantes en la facultad de FERROL. https://t.co/7ODHEggyWM