Noticias

A estimulación precoz e as revisións continuas, as mellores armas para combater os problemas podolóxicos das persoas con Síndrome de Down

A estimulación precoz e as revisións continuas, as mellores armas para combater os problemas podolóxicos das persoas con Síndrome de Down

Revisiones personas con Síndrome de Down

 

O  Colexio de Podólogos de Galicia destaca que un 70 % ten o “pé en sandalia” e máis dun 90 % pé plano valgo.

Os seus aliados son as órteses plantares e un calzado ancho con sola flexible, especialmente o deportivo.

Con motivo do Día Mundial da Síndrome de Down, que se conmemora este sábado día 21, o Colexio de Podólogos de Galicia explica que uns dos marcadores menores desta alteración xenética é o chamado “pé en sandalia”, que ten un 70 % das persoas con Down.

O “pé en sandalia” é unha afección que se caracteriza por ter o primeiro dedo máis separado do habitual do resto, dando unha imaxe similar á que se ten cando levan sandalias ou chancletas de dedo.

Debido ao atraso no crecemento, o presidente do  Colexio de Podólogos de Galicia, Juan Dios, explica que os nenos con Síndrome de Down adoitan ter unhas  pernas con menos lonxitude en proporción có tronco superior e tamén uns pés pequenos e anchos, debido á presenza duns metatarsianos curtos.

O  Colexio profesional destaca que os nenos con Síndrome de Down teñen un desenvolvemento motor menor e comezan a andar máis tarde, entre os 19 meses e os tres anos, cunha base de sustentación moi ancha e con abalo. Ademais, o  Colexio de Podólogos de Galicia explica que, segundo os últimos datos, o 80 % dos pés dos nenos con síndrome de Down presentan  hipotonía (pouco ton muscular) e  hiperlaxitude dos ligamentos (son máis elásticos do que deberían). Indica tamén que máis dun 90 % dos casos teñen pé plano valgo, con diferenzas segundo a idade, e pola presenza de obesidade e as disfuncións xa nomeadas de  hiperlaxitude e  hipotonía. Ademais, poden sufrir  sindactilia (fusión dos dedos) entre o segundo e terceiro dedo, e ter un dedo máis curto debido a un  acurtamento do metatarsiano.

Todas estas complicacións podolóxicas, poden provocar, segundo o Colexio profesional, alteracións dixitais, como separación e un pregamento cutáneo plantar entre o primeiro e segundo dedo, ou  xoanetes na adolescencia, ademais de uñas engrosadas, curtas cravadas na carne.

Tratamento  podolóxico individualizado

En canto ao que se refire aos coidados dos seus pés, o  Colexio explica que o fundamental nas persoas con Síndrome de Down é “realizar revisións podolóxicas continuas” como a mellor forma de previr as posibles consecuencias, cun tratamento  podolóxico individualizado para tratar o pé plano valgo.

“Os nenos con Síndrome de Down requiren unha estimulación precoz para evitar consecuencias derivadas da súa particular fisioloxía do pé. Por este motivo, realizar revisións  podolóxicas desde idades moi temperás é clave para evitar futuras complicacións” –sinala o presidente, Juan Dios–.

O tratamento  podolóxico máis común neste tipo de pacientes vai encamiñado á realización dunha  órtese plantar (persoal), que segundo Juan Dios “axudara a previr danos no pé e membro inferior derivados do colapso do arco lonxitudinal interno e fomentar o seu correcto desenvolvemento”.

Con todo, nada disto funcionará se non se elixe un calzado adecuado ao pé do neno. O  Colexio de Podólogos de Galicia destaca que o zapato ideal debe ter solas que sexan moi flexibles na área dos dedos, de maneira que se requira unha forza mínima para poder  flexionalos, con contrafortes  mediais e de talón firmes, e o máis adecuado é un calzado cómodo deportivo que se axuste á anchura do pé pola súa propia fisioloxía de “pé en sandalia”.

 

🔶 ⚠️ Los callicidas que se distribuyen en farmacias, internet o supermercados incluyen un ácido en su composición q… https://t.co/W1uNWzIKmo
🔶📢Hoy, en el COPOGABLOG queremos alertar sobre el riesgo que supone el uso de los callicidas que se distribuyen en… https://t.co/g8CPVpdgUJ
🏃‍🤾‍⛹‍Este pasado sábado, 24 de octubre, organizamos una webinar gratuita sobre "Introducción al calzado deportivo.… https://t.co/0ZzSx3LYhz
🔶🆕 ‼️ Ya está disponible el nuevo número de nuestro Boletín Trimestral, en el que puedes consultar la actualidad de… https://t.co/0AiwOCnqog
🔷 El presidente del COPOGA, Juan Dios, intervino hoy en el programa Bos días de @TVGalicia para hablar sobre la cam… https://t.co/GMx2k7jUGi
⚽️🎾 Los podólogos recuerdan que un pie sano es clave en el rendimiento del deportista, en @elprogreso_Lugo y… https://t.co/JJdNlVX2OU
🔷Manifestamos o noso rexeitamento á proposta da subida do IVE ao 21% nos servizos sanitarios privados 🦶A podoloxía… https://t.co/AugyLFksVJ
Los podólogos inician una campaña sobre la salud de los pies de los deportistas, en @lavozdegalicia https://t.co/XpFPCQOALP
Podólogos alertan del cuidado del pie del deportista, vía @elcorreogallego https://t.co/hTG5sBddTr
🦶🏽👣 Los esguinces representan el 30% de las lesiones deportivas, pero también son frecuentes la fasciopatía plantar… https://t.co/aQZBUZQvEi
🤩 Faltan 24 horas para comenzar el I CONGRESO INTERNACIONAL VIRTUAL MONOGRÁFICO DE #PODOLOGÍA/PODIATRÍA, organizad… https://t.co/zt64c5iRGT