A podóloga Lucía Fernández ofrecerá unha conferencia en Ourense para concienciar aos cidadáns sobre a necesidade de coidar os seus pés

A podóloga Lucía Fernández ofrecerá unha conferencia en Ourense para concienciar aos cidadáns sobre a necesidade de coidar os seus pés

Forma parte da campaña Pé Saudable e as actividades programadas polo Colexio de Podólogos de Galicia para festexar o vindeiro sábado-24 o Día da Podoloxía

A charla celebrarase o venres-23 no Centro Cívico A Ponche, a partir das 19:00 horas

Con motivo do Día da Podoloxía e da Semana do Pé Saudable, o Colexio de Podólogos de Galicia celebrará unha charla informativa o vindeiro venres, día 23, no Centro Cívicon A Ponche de Ourense (rúa Eulogio Gómez Franqueira, 43) sobre os coidados xerais do pé e a evolución da profesión. O tesoureiro do Colexio de Podólogos de Galicia, o ourensán Alfonso Alonso, presentará a conferencia que impartirá a podóloga Lucía Fernández a partir das 19:00 horas. O proxecto Pé Saudable, patrocinado polo Consello Xeral de Colexios Oficiais de Podólogos, é unha campaña de concienciación a nivel nacional sobre a necesidade de ter uns pés saudables.

Así como a xente visita periodicamente ao odontólogo e ao oftalmólogo, o Colexio de Podólogos de Galicia pretende transmitir aos cidadáns a importancia de ter os pés saudables, xa que calquera molestia podería levar a maiores problemas de saúde a curto, mediano ou longo prazo, tanto a pacientes adultos como aos máis pequenos. A semana culminará coa celebración do Día da Podoloxía o vindeiro sábado, 24 de outubro. Podólogos de toda Galicia realizarán o último tramo do Camiño de Santiago a partir das 10:00 horas, camiñando desde o Monte do Gozo até a Praza do Toural. Repartirán información aos peregrinos do camiño, un folleto informativo no que se desenvolven as principais patoloxías podológicas e a necesidade de manter uns pés sans acudindo polo menos unha vez ao ano a unha clínica de podoloxía. A xornada pecharase cunha divertida acción social na Praza do Toural, onde ás 12:00 horas todos os presentes daranlle unha patada a un globo coa lema “pé saudable”.

O coidado dos pés mellora a calidade de vida

 

Lucía Fernández explica que é fundamental que todas as persoas vixíen a saúde dos seus pés porque un adecuado coidado pode previr afeccións no resto do organismo como as cadeiras, xeonllos ou columna e mellorar a calidade de vida. “Hai que examinar regularmente os pés, lavar e secar correctamente, hidratar a diario, cortar as uñas rectas, usar medias e calcetíns de fibras naturais, non andar descalzos, evitar o autotratamiento, e elixir un calzado que se axuste pero non comprima o pé,  fabricado con materiais naturais e de non máis de cinco centímetros de tacón” –destaca–.

Ademais, a especialista sinala que é moi importante realizar unha revisión anual co podólogo para recibir orientación sobre os coidados que necesita o pé especificamente, en función da actividade e do tipo de pé.

“Cos primeiros pasos, os nenos deben usar zapatos flexibles, que permitan a mobilidade do pé e o nocello, feitos de materiais que faciliten a transpiración e con cordóns, peche de velcro ou hebillas”

No caso dos nenos, Lucía Fernández comenta que moitos problemas de pés adultos teñen a súa orixe na infancia e mesmo xa desde nacemento, polo que se recomenda atención profesional periódica e o coidado regular dos pés para minimizar eses problemas na vida adulta. “Non se debe calzar ao bebé ata que non camiñe e moitos menos obrigarlle a andar, pero se fomentar o seu gateo. Cos primeiros pasos, os nenos deben usar zapatos flexibles, que permitan a mobilidade do pé e o nocello, feitos de materiais que faciliten a transpiración e con cordóns, peche de velcro ou hebillas” –concreta–.

Coidados hixiénico-sanitarios para o pé diabético

É moi importante tamén que as persoas diabéticas coñezan a súa enfermidade e colaboren no control da súa glicosa en sangue. Son un grupo de risco con respecto á saúde dos pés. Lucía Fernández  indica que para tratar o pé diabético, os pacientes deben extremar os coidados hixiénico-sanitarios dos seus pés no lavado, secado, hidratación e na elección de calzado e calcetíns sen costuras interiores. “Os diabéticos deben evitar o contacto dos seus pés con auga moi quente e as fontes de calor directas, ademais de andar descalzos e manipular pola súa conta as lesións” –apunta–. E é fundamental acudir ao podólogo para que faga unha exploración específica do pé e oriente ao paciente sobre os coidados que pode necesitar.

Posted in Sen categorizar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

📣🗣Os consellos dos podólogos á hora de marcar calzado para a volta ao cole. Así comentó el presidente del COPOGA, J… https://t.co/rYc3Ohf42A
El presidente Juan Dios estará mañana en directo en el programa A Revista Fin de Semana de @TVGalicia, a partir de… https://t.co/3sJczAoM1B
La secretaria del @ColexioPodologo, Cristina Fernández Espiño, habla sobre #lavueltaalcole y el cuidado de los 👣 de… https://t.co/51VnlaGKmg
📢 Abierto el plazo de inscripción del TALLER DE BIOMECÁNICA DEL CORREDOR que se celebrará el 26 de octubre en la se… https://t.co/mmYIDt94HB
Nuestros consejos para #lavueltaalcole en @TVGalicia . Os podólogos recomendan para o curso calzado de calidade e a… https://t.co/YbO1reJgP5
El vocal de la junta de gobierno del @ColexioPodologo, Gonzalo Barros, comenta en el programa A Tarde de… https://t.co/XNg4ogHmLP
Los podólogos aconsejan calzado específico para cada actividad escolar, en @vozdesantiago https://t.co/4StdIiiEDP
El Colegio de Podólogos de Galicia señala la importancia de elegir el calzado adecuado, en https://t.co/8rPqIyxSXX https://t.co/PkWtFN8Xxa
Nuestras recomendaciones para #lavueltaalcole​ 👏👏👏Vuelta al cole: Los errores más frecuentes en la elección de calz… https://t.co/ERK9jgo8Gt
#Lavueltaalcole2019 🧳🎒Recomendamos que los más pequeños usen un calzado específico según el tipo de actividad físic… https://t.co/RMaKPDMQuW
Nuestro presidente Juan Dios ha firmado la renovación del Seguro Colectivo de Responsabilidad Civil Profesional con… https://t.co/ZSPmMB1nVc
Consejos para que los pies sobrevivan al Camino de Santiago https://t.co/bKTmJA7au3
Todavía en verano y con calor ⛱☀️, nuestra junta directiva calienta motores para la recta final de año. Se han reun… https://t.co/pw5cKQR2UA
Cómo tratar los pies secos y agrietados en verano https://t.co/FKutPJIeWR vía @hola
La Audiencia de Valencia ratifica la primera condena por intrusismo en Podología https://t.co/GidthuDbHO vía @valenciaplaza
Juan Dios y Borja Pérez completaron el traspaso de poderes con una última sesión de trabajo presidencial y la consi… https://t.co/qtwvKl83Tg
Juan Dios: «Cuidar los pies es algo indispensable», entrevista en @VozBar y @vozcarballo https://t.co/Ee4O3VR5tQ
Nuestro presidente Juan Dios asistió a la entrega de las #MedallasdeGalicia en la @CidadedaCultura, a los expreside… https://t.co/nKDlsUdhWB