Noticias

As mulleres con fibromialxia sofren máis problemas nos pés, segundo un estudo no que participa a Universidade da Coruña

As mulleres con fibromialxia sofren máis problemas nos pés, segundo un estudo no que participa a Universidade da Coruña

Daniel López, doutor en podoloxía e investigador galego do estudo: “Todas as enquisadas presentan peor saúde e calidade de vida, cústalles atopar un calzado adecuado e teñen patoloxías como xoanetes, esporón calcáneo, problemas músculo-esqueléticos ou deformidades nos dedos”

O Colexio de Podólogos de Galicia faise eco dun estudo sobre a vinculación da fibromialxia coa saúde do pé, liderado pola Universidade de Estremadura (UEX) e no que participou a Universidade da Coruña (UDC). A fibromialxia afecta a un 2,10 % da poboación mundial, na súa maioría mulleres.

Neste traballo estudouse a máis de 200 mulleres con idades comprendidas entre os 26 e os 83 anos (a metade delas sas e a outra metade diagnosticadas por un reumatólogo, pero sen outras patoloxías asociadas de índole reumática, neoplásicas, neurolóxicas ou endócrinas), nas que se puido apreciar como os valores máis significativos se dan entre quen presenta fibromialxia. O 100 % das enquisadas con fibromialxia presentan un incremento de problemas nos pés.

No estudo, liderado pola Clínica Podolóxica da Universidade de Estremadura (UEX), tamén participaron a Universidade Complutense de Madrid, Universidade Rey Juan Carlos, Universidade de León, Universidade Europea de Madrid e a Universidade da Coruña.

Neste estudo, ademais dos síntomas máis típicos que caracterizan a fibromialxia presenza dunha intensa dor xeneralizada crónica, fatiga, insomnio, formigo nas extremidades, trastornos abdominais, necesidade de ouriñar con frecuencia, ansiedade, depresión ou dificultade para facer determinadas tarefas apréciase que a calidade de vida e a saúde dos pés tamén se ven minguados, con especial transcendencia no que respecta á función do pé que ten unha especial repercusión na perda de equilibrio, dificultade para calzarse a consecuencia dos cambios na forma dos pés, peor saúde dos pés e menor tolerancia á dor destes.

Ademais, a nivel xeral as persoas con fibromialxia presentan diminución de vitalidade, o que pode provocar unha maior propensión á tristeza, ansiedade e depresión; perda da capacidade de socialización, o que comporta perda de autonomía e benestar; dificultade para realizar actividade física, o que contribúe a un incremento de dependencia e diminución da súa saúde xeral incrementando o número de visitas en atención primaria e especializada e un repuntamento no incremento do gasto sanitario das persoas que padecen esta enfermidade crónica.

O deseño de soportes plantares específicos pode axudar as pacientes con fibromialxia

Segundo explica o podólogo, colexiado do Colexio de Podólogos de Galicia, profesor e investigador da UDC participante no estudo, o doutor Daniel López López, os resultados do traballo indican que todas as mulleres enquisadas e diagnosticadas con fibromialxia teñen peor saúde e calidade de vida, e cústalles moito máis traballo que ás pacientes sas atopar un calzado adecuado. “Se observamos os parámetros obtidos podemos ver, por exemplo, que o 100 % das enquisadas con fibromialxia presentan un incremento de problemas nos pés con patoloxías como Hallux Valgus ou máis coñecida como xoanetes, esporón calcáneo, problemas músculo-esqueléticos ou deformidades nos dedos, entre outros” –sinala–.

Visita periódica ao podólogo

A visita regular ao podólogo para controlar e reducir a presenza dos problemas nos pés nas persoas con fibromialxia reduciría substancialmente a carga de malestar dos pacientes. O podólogo, por medio de tratamentos podolóxicos conservadores –como son os persoais a medida–, contribúe a mellorar a postura, o equilibrio e facilitar a autonomía. Ademais, as orteses de silicona, elaboradas polo podólogo, axudan a controlar a posición das deformidades dos dedos e a perda de tecido graxo. Nos casos severos, a cirurxía podolóxica con tratamentos cirúrxicos con anestesia local contribúe a corrixir as deformidades dos pés, mellorando a calidade de vida e reducindo o custo sanitario vinculado a esta enfermidade crónica que ten unha relación directa cos pés cun impacto substancial nas persoas que a padecen. Ademais, segundo o investigador esta situación leva as pacientes a aumentar a inxestión de analxésicos, algo que se podería evitar en moitos casos a través do deseño de soportes plantares específicos para estas persoas.

Daniel López asegura que se trata do primeiro estudo onde se analiza a saúde do pé en pacientes, neste caso mulleres, con fibromialxia. “Coñecendo agora estes parámetros pódense ter en conta para referencia clínica no deseño e prescricións ortésicas ou en tratamentos cirúrxicos para corrixir os problemas do pé” –indica–.

🔶 ⚠️ Los callicidas que se distribuyen en farmacias, internet o supermercados incluyen un ácido en su composición q… https://t.co/W1uNWzIKmo
🔶📢Hoy, en el COPOGABLOG queremos alertar sobre el riesgo que supone el uso de los callicidas que se distribuyen en… https://t.co/g8CPVpdgUJ
🏃‍🤾‍⛹‍Este pasado sábado, 24 de octubre, organizamos una webinar gratuita sobre "Introducción al calzado deportivo.… https://t.co/0ZzSx3LYhz
🔶🆕 ‼️ Ya está disponible el nuevo número de nuestro Boletín Trimestral, en el que puedes consultar la actualidad de… https://t.co/0AiwOCnqog
🔷 El presidente del COPOGA, Juan Dios, intervino hoy en el programa Bos días de @TVGalicia para hablar sobre la cam… https://t.co/GMx2k7jUGi
⚽️🎾 Los podólogos recuerdan que un pie sano es clave en el rendimiento del deportista, en @elprogreso_Lugo y… https://t.co/JJdNlVX2OU
🔷Manifestamos o noso rexeitamento á proposta da subida do IVE ao 21% nos servizos sanitarios privados 🦶A podoloxía… https://t.co/AugyLFksVJ
Los podólogos inician una campaña sobre la salud de los pies de los deportistas, en @lavozdegalicia https://t.co/XpFPCQOALP
Podólogos alertan del cuidado del pie del deportista, vía @elcorreogallego https://t.co/hTG5sBddTr
🦶🏽👣 Los esguinces representan el 30% de las lesiones deportivas, pero también son frecuentes la fasciopatía plantar… https://t.co/aQZBUZQvEi
🤩 Faltan 24 horas para comenzar el I CONGRESO INTERNACIONAL VIRTUAL MONOGRÁFICO DE #PODOLOGÍA/PODIATRÍA, organizad… https://t.co/zt64c5iRGT