Novas

As zapatillas con sola amortiguadora convértense nas mellores aliadas para os peregrinos do Camiño de Santiago

As zapatillas con sola amortiguadora convértense nas mellores aliadas para os peregrinos do Camiño de Santiago

O Colexio de Podólogos de Galicia indica que axudan a evitar sobrecargas na musculatura posterior das pernas

 

Aposta por levar bastón plegable para repartir a carga en tramos con pendente

 

As rutas de peregrinación do Camiño de Santiago alcanzan no verán o seu punto álxido cunha maior afluencia de peregrinos que colapsan os municipios de paso e a súa chegada á capital de Galicia. Durante o mes de xuño de 2015 na Oficina de Peregrinacións recibíronse 35.924 peregrinos que realizaron as rutas a pé, en bicicleta ou dacabalo. Para facer máis levadío a peregrinaxe, sobre todo coas altas temperaturas do verán, o Colexio de Podólogos de Galicia ofrece aos peregrinos unha serie de recomendacións para que poidan evitar as doenzas e lesións máis habituais nos pés durante a realización do Camiño de Santiago polas súas diferentes rutas de peregrinación.

As etapas xacobeas caracterízanse por atravesar camiños abruptos, cubertos de pedras e maleza e con moitas pendentes. Os profesionais da podoloxía aconsellan utilizar un calzado cómodo e, se é posible, levar máis dun par para poder alternar. Aconsellan o uso de zapatillas con sola amortiguadora con máis altura no talón que no antepé, para evitar “sobrecargas na musculatura posterior das pernas” –sinalan os podólogos–. Indican que estas zapatillas deben ter folgura e altura suficientes na zona do antepé para que os dedos móvanse libremente e evitar posibles hematomas baixo as uñas. Ademais, os podólogos destacan que non deben ser botas de montaña novas, senón algo usadas para que se poidan adaptar facilmente aos pés.

Os calcetíns deben ser 100% algodón e sen costuras para que os pés poidan transpirar e mantéñanse secos. “É moi importante que os calcetíns nunca estean húmidos para manter secos os pés –lembran os podólogos–, ademais estar ben colocados no calzado para evitar a formación de bochas”. Outro apoio importante será o bastón plegable. O Colexio de Podólogos recomenda o seu uso como axuda para repartir a carga nos tramos do camiño con pendentes acusadas.

Ao camiñar moitos quilómetros en días consecutivos poden aparecer as temidas bochas nos pés. E poden xurdir outras lesións que fagan máis complicada a peregrinación, como son as tendinites ou as dores musculares. Se ocorre, os podólogos explican que os peregrinos deben tentar adaptar a ruta ás súas capacidades físicas, percorrendo menos distancia e aumentando o ritmo diario de maneira paulatina. Se a lesión persiste recoméndase abandonar o camiño para evitar un agravamento e acudir ao podólogo para facer un estudo da marcha e buscar a orixe da lesión e poder tratalo.

Consellos podológicos antes da ruta

  • Hidratar convenientemente a pel (preferiblemente pola noite antes de deitarse).
  • Se se padece hiperhidrosis ou exceso de sudoración deben usarse produtos secantes específicos para os pés (tipo po), entre o pé-calcetín e o calcetín-calzado.
  • O corte de uñas debe facerse de forma recta.
  • En caso de helomas, hiperqueratosis, fungos ou papilomas débese acudir ao podólogo.

Recomendacións para o transcurso da ruta

  • Non experimentar. Usar calcetín e zapatilla habitual.
  • A zapatilla ideal é a que se adapta á estrutura do pé. Ás veces é preferible andar ou correr cunha zapatilla máis pesada pero con maior amortiguación e sujeción.
  • Humidade e calor posibilitan a aparición de bochas. Tentar que os calcetíns estean sempre secos. Se é necesario levar outro par de reposto.
  • Se se producen bochas ou rozaduras colocar apósito para evitar unha posible infección.

Consellos podológicos para despois da ruta

  • Lavar os pés con auga jabonosa tépeda.
  • Mergullar os pés en auga fresca con líquidos e xeles relaxantes, para aliviar o quecemento dos pés.
  • Estirar minuciosamente toda a musculatura do pé.
  • Mobilizar todas as articulacións do pé, masajeándolo sobre todo pola zona da planta.
  • Se aparecen lesións, tratalas adecuadamente acudindo ao podólogo.
Posted in Novas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Borja Pérez Serrano fixo recomendacións profesionais para o coidado dos pés peregrinos na @TVGalicia @RadioGalegahttps://t.co/gQiYl2b8IN
Borja Pérez Serramo asistió esta tarde a la graduación de los nuevos podólogos en el campus de Ferrol @vozferrolhttps://t.co/gfCvlN8HCe
La directora de comunicación de la Organización Médica Colegial de España, Teresa Alfageme, dirige un equipo de 5 p… https://t.co/cOWeyxoJY4
Os podólogos asesoran os penitentes para evitar doenzas, en Televisión de Galicia​ https://t.co/ZghubCy1Be" target="_blank">https://t.co/ZghubCy1Be https://t.co/ZghubCy1Be" target="_blank">https://t.co/ZghubCy1Be
Seguimos apoyando a los #deportistas. Ayer domingo en la carrera popular gandeira de Santa Comba en la asistencia… https://t.co/B3uqseFNjN
Los podólogos dan las pautas para la Semana Santa - Diario Sanitario https://t.co/XVuRiGpGbk
El domingo de Semana Santa estaremos en la “I Clásica Gandeira de Santa Comba” 🐮, asistiendo a los corredores con i… https://t.co/hRMZwvaw6d
El domingo-21 de Semana Santa estaremos en la “I Clásica Gandeira de Santa Comba” 🐮, asistiendo a los corredores co… https://t.co/DPUl6xcCqE
Consejos para los principiantes en el running y así evitar lesiones innecesarias https://t.co/7vktSb46Z3
Exploración biomecánica para evitar lesiones https://t.co/btxmgbUtKg
Recomendamos na exploración biomecánica previa a la práctica de running para prevenir lesiones Borja Pérez, presid… https://t.co/dKIUouSwG7
📸 Álbum de fotos de la jornada de asistencia podológica a los corredores del maratón Coruña42 , ayer domingo en la… https://t.co/vCr5IH6fAQ
🏃‍♂️🏃‍♀️Este domingo se celebra el VIII Maratón Atlántica @Coruna42 , y allí estaremos los podólogos‼️Asistiremos a… https://t.co/EanFoGTyEw
Nuestro presidente abrió ayer en el congreso de estudiantes en la facultad de FERROL. https://t.co/7ODHEggyWM