Noticias

CAMPAÑA SAIAMOS DISTO CON SENTIDIÑO

CAMPAÑA SAIAMOS DISTO CON SENTIDIÑO

Adherímonos á campaña institucional de información á poboación sobre as medidas preventivas e normas básicas que todos debemos coñecer e respectar para facer fronte á pandemia provocada polo Covid-19.

CON SENTIDIÑO

Desde mediados do mes de marzo tivemos que cambiar as nosas rutinas vitais e adaptarnos a unha limitación dos nosos movementos, coa conseguinte paralización da vida social, cultural e de gran parte da actividade económica e comercial do país.

Sufrimos graves perdas en termos de vidas humanas e sufrimento persoal, o sistema sanitario e os nosos  profesionais estiveron sometidos a fortes tensións, e as repercusión en postos de traballo e económicas son cuantiosas.  Todos os días hai persoas que enferman, e tamén todos os días temos que lamentar a perda das vida das que falecen.

Con este confinamento conseguimos frear o ascenso da curva epidémica e que os novos casos comezaran a diminuír desde os primeiros día do mes de abril. Os profesionais do sistema sanitario, tras unha resposta extraordinaria, poden comezar a recuperar a normalidade. Puidemos así retomar algunha actividade laboral, que os menores comezaran a saír das nosas casas, e mais recentemente, desde o día 11, que acadaramos a denominada fase I.

Nesta nova fase aumentou a liberdade de movementos, e as posibilidades de ver a amigos próximos e familiares, coa posibilidade de sentarnos nunha terraza dun establecemento hostaleiro, de facer algunhas compras no pequeno comercio, de movernos pola nosa provincia.

Pero non podemos esquecer que a pandemia non rematou, que a transmisión do virus segue aí. Que non dispoñemos de tratamentos definitivos nin dunha vacina para facerlle fronte. O mais importante agora é mellorar o xa acadado, conter a transmisión, evitar un novo brote.

Para iso é imprescindible que todos e cada un sexamos responsables e solidarios. As forzas de orden público, e os propietarios de comercios e hostalería teñen un papel esencial, pero non poden ser os únicos que velen polo cumprimento das normas que protexen a  saúde pública, a de toda a sociedade.

Todos temos a obriga de cumprir as normas, e de contribuír á recuperación da normalización sanitaria, social e económica. Non podemos esquecer que somos susceptibles de infectarnos, de enfermar, e de transmitir a infección aos demais, con todas as consecuencias que xa vimos que implica.

Para evitalo, para continuar avanzando, teñamos sempre presente que:

  • Se temos febre, tos ou dificultade respiratoria: Non saiamos da casa, poñerse en contacto co centro de saúde ou co 900 400 116
  • Os virus pódense transmitir en ausencia de síntomas, polo que todos debemos manter a distancia de seguridade de 2 metros, e usar máscara cando isto non sexa posible.
  • Se toses ou esbirras e non levas máscara, utiliza un pano desbotable ou faino sobre o cóvado flexionado
  • Lavar frecuentemente as mans con auga e xabón ou solución desinfectante. Evitar tocar a boca, nariz ou ollos despois de estar en contacto con superficies potencialmente contaminadas.

Sexamos responsables e solidarios, coidemos dos demais e de nós mesmos. Saiamos disto con sentidiño.

🔶 ⚠️ Los callicidas que se distribuyen en farmacias, internet o supermercados incluyen un ácido en su composición q… https://t.co/W1uNWzIKmo
🔶📢Hoy, en el COPOGABLOG queremos alertar sobre el riesgo que supone el uso de los callicidas que se distribuyen en… https://t.co/g8CPVpdgUJ
🏃‍🤾‍⛹‍Este pasado sábado, 24 de octubre, organizamos una webinar gratuita sobre "Introducción al calzado deportivo.… https://t.co/0ZzSx3LYhz
🔶🆕 ‼️ Ya está disponible el nuevo número de nuestro Boletín Trimestral, en el que puedes consultar la actualidad de… https://t.co/0AiwOCnqog
🔷 El presidente del COPOGA, Juan Dios, intervino hoy en el programa Bos días de @TVGalicia para hablar sobre la cam… https://t.co/GMx2k7jUGi
⚽️🎾 Los podólogos recuerdan que un pie sano es clave en el rendimiento del deportista, en @elprogreso_Lugo y… https://t.co/JJdNlVX2OU
🔷Manifestamos o noso rexeitamento á proposta da subida do IVE ao 21% nos servizos sanitarios privados 🦶A podoloxía… https://t.co/AugyLFksVJ
Los podólogos inician una campaña sobre la salud de los pies de los deportistas, en @lavozdegalicia https://t.co/XpFPCQOALP
Podólogos alertan del cuidado del pie del deportista, vía @elcorreogallego https://t.co/hTG5sBddTr
🦶🏽👣 Los esguinces representan el 30% de las lesiones deportivas, pero también son frecuentes la fasciopatía plantar… https://t.co/aQZBUZQvEi
🤩 Faltan 24 horas para comenzar el I CONGRESO INTERNACIONAL VIRTUAL MONOGRÁFICO DE #PODOLOGÍA/PODIATRÍA, organizad… https://t.co/zt64c5iRGT