Novas

Carta Aberta da Xunta de Goberno do COPOGA

Carta Aberta da Xunta de Goberno do COPOGA

Apreciados compañeiros:

Con motivo dos recursos presentados polos colexios de País Vasco, Castela a Mancha e Galicia o Consello convoca unha Asemblea Xeral Extraordinaria o 18 de febreiro de 2011 para tratar os seguintes puntos na orde do día:

1.- Debate e votación dos recursos de reposición contra a elección da señora Novel i Martí como presidenta do consello.

2.- Estudo e votación da modificación dos estatutos no punto referente ao cómputo de votos, tal e como pedimos os seguintes colexios: Asturias, País Vasco, Canarias, Castela a Mancha e Galicia.

Dous días antes da celebración da Asemblea, recibimos un escrito do Consello con dous informes encargados pola presidenta a dous avogados externos ao Consello, un de 23 folios sobre a resolución dos recursos presentados e outro de 21 folios sobre a proposta de resolución dos devanditos recursos.

O día da asemblea, ademais do avogado do Consello, preséntase outro avogado externo ao mesmo (un dos que redactou o informe e a proposta de resolución) de nome Iván Bayo, especialista en colexios e colaborador da Universitat de Xirona. O mencionado letrado informa que eles entenden “impugnación” os recursos de País Vasco e Castela a Mancha e “consideración” o do colexio galego.

O presidente do Colexio de Galicia toma a palabra para facer as seguintes puntualizacións:

O recurso de Galicia enfocámolo como “consideración” e non como “impugnación” porque no correo-e que recibimos o 27 de decembro de 2010, onde nos comunica “a continuación no seu labor de Presidenta do Consello Xeral de Podólogos” da señora Novel i Martí, dánnos un prazo ridículo de 48 horas para presentar alegacións, coincidindo esta data coas vacacións do Nadal da nosa administrativa.

Continúa o letrado a súa exposición interpretando unha sentenza do Tribunal Supremo que di “todo colexiado ten dereito a presentarse para cargos na xunta de goberno dos consellos xerais”. Ao cal o presidente deste colexio contesta que se isto é así o Consello debería estar obrigado a informar a cada colexio para que estes á súa vez informen os seus colexiados por se algún quere presentar algunha candidatura. Manifesta así mesmo a súa desconformidade co informe e a proposta de resolución remitida ao Colexio polo Consello dous días antes xa que ao seu modo de ver son intencionadamente parciais.

A continuación procédese á votación dos recursos presentados por este tres colexios, na cal segundo informa o Consello, non poden participar os implicados, que son: País Vasco, Castela a Mancha e Galicia así como os membros da Xunta do Consello (Cataluña, Madrid, Cantabria, Estremadura e Andalucía). De nove votos posibles sete son contrarios aos recursos e dúas abstencións.

En referencia ao punto dous da orde do día, a xunta de goberno do consello deixa claro que o ministerio non acepta grandes modificacións dos estatutos, por tanto só valoraranse as propostas de modificación no punto referente ao cómputo de votos. Preséntanse dúas opcións:

a) a elaborada polo colexio de Asturias.
b) a elaborada por Estremadura e que resultou elixida o apoio de nove colexios máis o voto de calidade do consello.

Tamén se decide que, como propuxera o colexio galego, “mantéñase o cómputo dun voto por colexio para as eleccións da Xunta de Goberno, as mocións de confianza, reprobación e censura e para a reforma dos estatutos”.

CONCLUSIÓNS:

Consideramos positivo a reforma en canto á repartición de votos xa que a pesar de que non saíu a proposta que apoiamos nós, a distribución dos votos é máis equitativa.

No referente á designación da actual xunta de goberno do consello seguimos mantendo a nosa postura, ao considerar que non se axusta aos estatutos provisionais do consello por dous motivos: Virginia Novel non é presidenta en ningún colexio. Aínda que o Consello interpreta que o presidente dun colexio pode delegar nun colexiado, sendo o presidente actual do Colexio Oficial de Podólogos de Cataluña o secretario do Consello, é evidente que non delega en ningún dos seus colexiados, posto que está a ocupar un cargo.

As sentenzas utilizadas nos informes xurídicos encargados polo consello non se poden extrapolar á situación actual, posto que as sentenzas fan referencia a un colectivo cuxos estatutos non recollen limitacións en canto á presentación de candidaturas e o estatuto provisional do Consello si as recolle.

Na próxima Asemblea falaremos sobre este tema para coñecer a vosa opinión e poder así tomar entre todos unha decisión.

Atentamente,

Xunta de Goberno do COPOGA

Posted in Novas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

La podóloga y tesorera del COPOGA, Celia Sieiro, comenta en Radio Coruña​ los consejos para el cuidado de los pies… https://t.co/IWZ8MFyj32
👣 La salud de nuestros pies en verano a análisis por el presidente del COPOGA, Juan Dios, en el programa A Revista… https://t.co/pnWFqkHnoo
🔸 El presidente del COPOGA, Juan Dios, participará el próximo lunes en las XXIV Jornadas de Orientación en Podologí… https://t.co/hgdi5u3uwF
Sancionado con 10.500 euros un enfermero que ejercía como podólogo en Pontevedra, en las páginas de Galicia del per… https://t.co/g0z2fbXhQE
🔶 Sanidade sanciona con 10.500 euros a un enfermero que ejercía labores de podólogo tras la denuncia del COPOGA, qu… https://t.co/QtVzY6dMds
🤩 El vocal del COPOGA, Gonzalo Barros, habla en A Tarde de @RadioGalega sobre las chanclas en verano, solo recomend… https://t.co/aFSX3DO9QC
🔶 Organizamos con @Radiomedicasl el curso ecografía básica e intervencionismo ecográfico en tobillo y pie ℹ️ 18 y 1… https://t.co/0QaOkNLHyK
🔶 El presidente Juan Dios se ha reunido hoy con la subdirectora xeral de Inspección para analizar los casos de intr… https://t.co/vpVWeEBm36
🔶 Curemos el dolor de talón 🦶 #LosPiesImportan #FeetMatter #DíaInternacionalPodiatría @IntPodiatryDay #8Octubre https://t.co/AOvmyFQEjf
#Sentidiño Indicaciones para la ciudadanía, para nuestra protección y para los que nos rodean, además de cuidar el… https://t.co/OyI4Hn3FM6
Los podólogos recomiendanpara el verano las sandalias sujetas al pie. Las chanclas se deben usar en playas y piscin… https://t.co/NA1HJd3Kp9
🔶 #verano #sol #piscinas ☀️🏊‍♀️🏖Recomendamos el uso de chanclas en playas y piscinas para evitar el contagio de hon… https://t.co/KcoRLqq1Ef
📰 Aquí están las últimas noticias de la profesión, en el boletín número 59 del @CGPodologos 🔶 Si queréis leer la… https://t.co/hYc7p08Q6u
La Asamblea General del @CGPodologos reúne hoy y mañana a todos los presidentes de los Colegios Oficiales de Podolo… https://t.co/qpQEuyF3cq
Homenaje de los colegios sanitarios de Galicia https://t.co/02sfKyIgZH a través de @Farodevigo