Novas

Carta de Ángel, ex-presidente do COPOGA

Carta de Ángel, ex-presidente do COPOGA

Apreciadas compañeiras/os,

En primeiro lugar darvos as grazas a todos pola paciencia que demostrastes comigo durante estes últimos dous anos e dous meses, nos cales me honrastes co desempeño no cargo de presidente.

Son consciente de que non son o máis guapo, nin o máis listo, supoño que me elixistes por que son dos máis antigos, por iso, se a algún vos defraudei, pídovos de antemán desculpas.

As persoas da miña contorna saben que cando accedín ao cargo foi coa intención de que ao entrar o novo Estatuto en vigor, iría progresivamente delegando noutros membros da Xunta de Goberno; e, como son home de palabra, e creo que é tan importante saber tomar posesión dun cargo como darse conta de cando toca a substitución, así procedo.

Nestes dous últimos anos, desenvolveuse un Estatuto do que creo podemos estar orgullosos. Nel recóllense a limitación de tempo de permanencia nos cargos, a creación dunha Comisión Electoral, que garante que o proceso sexa independente, a obrigada adaptación á Lei Ómnibus e a nova posibilidade de intercambio entre membros da Xunta de Goberno, no desempeño das súas funcións, cousa que neste momento faise efectiva.

Durante este curto período de tempo desenvolvéronse multitude de actividades e xestións desde o Colexio; entre ela once cursos, dos cales 5 foron de balde; renegociar o aluguer do local, creouse un novo logo, desenvolveuse unha nova páxina web, fíxose campaña de publicidade en prensa, contratar unha Asesoría Xurídica para temas vinculados ao Colexio e á podoloxía; asesorouse a colexiados e colexiadas en asuntos de mala praxe, intrusismo, temas administrativos relacionados con Sanidade, Xunta e outros organismos; deuse ao Colexio de alta na Lei de protección de datos, contratouse unha administrativa, realizouse a primeira auditoría externa do Colexio… e, ao nivel do Consello Xeral, fomos o primeiro Colexio en manifestar a nosa desconformidade co Estatuto que teñen presentado no Ministerio, aprobado con anterioridade ao noso nomeamento como Xunta de Goberno, que cremos responde os intereses dos grandes Colexios.

Todo isto conseguiuse grazas ao apoio de moitas persoas, entre as cales me gustaría mencionar ás vogais Kuky e Lucía, á valente secretaría Montse, ao eficiente tesoureiro Borja, ao diplomático vicepresidente Alfonso, a traballadora administrativa Cristina, ao honrado Letrado Fernando e, unha mención especial á miña familia que padeceu a miña ausencia.

Despois do desempeño do meu cargo de Presidente gustaríame que os podólogos soubésemosnos valorar, en prol da podoloxía, tanto a nivel económico como a nivel social, igual que se fai noutras profesións.

Que no noso Colexio non se entre en guerras internas entre colexiados. Considero que debemos permanecer máis unidos que nunca, pois somos un pequeno colectivo, e nos tempos que corren os problemas veñen sós sen necesidade de ir buscalos.

Por todo iso,

Quérovos facer chegar o meu total agradecemento a todos vós en xeral, e aos anteriores en particular, e dicirvos que, aínda que non estarei xa como Presidente, desde a Vicepresidencia podedes contar co meu apoio, en todo o que vos faga falta e poida estar na miña man.

Un forte abrazo,

Ángel Domínguez Pérez

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Los podólogos alertan contra la tentación de estar mucho sentado, en @elprogreso_Lugo https://t.co/Nxnhw3CD2a
Recomendaciones del @CGPodologos para atender una urgencia en tiempos del COVID-19 https://t.co/NOWXB5eiSf
«No estar mucho tiempo sentado», nuestros consejos para el confinamiento en @Diario_Pontev https://t.co/KcAGJVCL7W
El @CGPodologos pide al Gobierno el cierre de las consultas. Los podólogos han aparcado su reinvidicación de formar… https://t.co/x7kG3doQXE
Evitar el sedentarismo en confinamiento,nuestros consejos en @elcorreogallego https://t.co/uCfuT4IR47
Los podólogos gallegos recomiendan evitar el sedentarismo por los problemas circulatorios https://t.co/WJAO60Mo9U vía @Farodevigo
Recomendaciones de los podólogos ante el confinamiento, @ABCenGalicia https://t.co/DQfAxv3l19
El Colegio de Podólogos de Galicia recomienda estar poco tiempo sentado https://t.co/80vKCNa9TF https://t.co/6zw6Zl4qhY
Los podólogos gallegos aconsejan "no estar mucho tiempo sentado" para "evitar problemas circulatorios" https://t.co/ivPeLmtof9
🔶 ¿Quieres reducir los efectos del confinamiento en los pies? Recomendaciones básicas para evitar problemas circul… https://t.co/bZZOBDK8QX
🔶 ¿Por qué pedimos el cierre de nuestras clínicas 🔑? Desde el @CGPodologos se han enviado al @sanidadgob los motiv… https://t.co/PxY9WyOtGm
🔶 Hoy conmemoramos el Día Mundial del Síndrome de Down 🎗👦🏼🧒🏽 Es recomendable que estas personas sean revisadas peri… https://t.co/kqaNNQGRhl
🔶Últimos protocolos de actuación frente a COVID-19 #QuedateEnCasaLeyendo .......... 🔷Derradeiros protocolos de act… https://t.co/kI7DqnDoFr
Rogamos a los colegiados prudencia en las redes sociales, nuestros pacientes las observan también. No realicemos ni… https://t.co/sZhUBc2d1A
Consejos sanitarios para el aislamiento domiciliario para personas con COVID-19 --- Consellos sanitarios para o ill… https://t.co/rBWaApI6oW