Colexiación

Quen pode colexiarse?

Teñen dereito a incorporarse ao Colexio e ser colexiados aquelas persoas que ostenten a titulación legalmente requirida para o exercicio en España da profesión de podólogo.

Ver apartado Acceso á actividade profesional.

Ver apartado Homologacións

Que documentación hai que presentar?

  1. Impreso de alta cuberto
  2. Dúas fotografías tamaño carné
  3. Fotocopia do DNI
  4. Fotocopia de Diplomada/o ou Grao en Podoloxía ou do deposito de título debidamente. Se aínda non se dispón do título, é necesario presentar o Certificado Supletorio do título expedido pola Universidade correspondente. Este documento debe estar cotexado ou dispoñer de Códigos Seguros de Verificación que permitan comprobar a súa autenticidade.
  5. Fotocopia ou documento bancario onde aparezan todos os díxitos da conta onde se desexe domiciliar o pago das cotas.

Como podo realizar a colexiación?

Podes iniciar a túa solicitude de colexiación vía online a través da páxina web do Colexio.

Acceder con certificado dixital

Colexiarse sen certificado dixital

Cotas de colexiación

O importe das cotas colexiais está determinado pola Asemblea Xeral do Colexio Oficial de Podólogos de Galicia.
As cotas vixentes no ano 2020 son:

  • Cota de alta: 225,38 €
  • Cota ordinaria: 90,00 €/trimestrais
  • Cota colexiados non exercentes: 45,00 €/trimestrais

Como podo darme de baixa do Colexio?

No caso de desexar darse de baixa, tan só hai que cumprimentar a solicitude de baixa e remitila o COPOGA ou vía online a través da nosa páxina web (ver apartado “baixa colexiación”).

Actualización de datos

Os colexiados deben actualizar os seus datos dende o seu perfil persoal da páxina web colexial.