Novas

COMUNICADO OFICIAL DO COLEXIO DE PODÓLOGOS DE GALICIA EN RELACIÓN Á SITUACIÓN DOS ESTUDANTES DA FACULTADE DE FERROL

COMUNICADO OFICIAL DO COLEXIO DE PODÓLOGOS DE GALICIA EN RELACIÓN Á SITUACIÓN DOS ESTUDANTES DA FACULTADE DE FERROL

O Colexio de Podólogos de Galicia, como entidade reguladora da profesión, non é allea ás vicisitudes dos futuros profesionais. A calidade das prácticas clínicas é algo no que non deben escatimarse recursos. Somos conscientes tamén da situación económica actual, e lamentamos que exista unha notable redución da función pública, algo que afecta directamente á situación que estamos a tratar

É por iso que este Colexio mantivo conversacións con estudantes, co Decanato e co Departamento correspondente da Facultade de Podoloxía.

A conclusión que obtemos é que, aínda que existen dificultades económicas, o compromiso da Universidade é o de garantir as prácticas clínicas realizando achegas orzamentarias extraordinarias e mantendo un estrito control do gasto. A paralización das prácticas sería unha situación inaceptable que contaría coa oposición do Colexio, pero existe o compromiso da Universidade para que non sexa así.

Se realizamos unha análise da situación observamos que o sostemento da Clínica Universitaria prevese complicado tendo en conta que toda a asistencia que se presta é totalmente gratuíta. O coñecemento que temos do resto de clínicas Universitarias de España é que, aínda que teñen tarifas reducidas, si que se sosteñen co cobro aos pacientes polos servizos prestados, pois a podoloxía non está cuberta polo Sistema Público de Saúde. Por tanto realizamos esta reflexión, que conta co apoio dos profesionais de Galicia, e especialmente dos podólogos da contorna da Facultade, para que sexa considerado polos responsables da Universidade.  Sendo conscientes de que é unha cuestión complexa, pode ser un engadido que palie a difícil situación económica.

Por tanto,  e tendo en conta que a situación se normalizará e que a orixe do conflito parece temporalmente resolto, deixamos patente con este comunicado o apoio deste Colexio a toda a comunidade podolóxica, Facultade, estudantes, e profesionais, esperando que aqueles conflitos que poidan xurdir, soluciónense en prol da profesión e en beneficio da sociedade á que prestamos os nosos servizos.

Xunta de Goberno.
Colexio Oficial de Podólogos de Galicia.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Os podólogos asesoran os penitentes para evitar doenzas, en Televisión de Galicia​ https://t.co/ZghubCy1Be" target="_blank">https://t.co/ZghubCy1Be https://t.co/ZghubCy1Be" target="_blank">https://t.co/ZghubCy1Be
Seguimos apoyando a los #deportistas. Ayer domingo en la carrera popular gandeira de Santa Comba en la asistencia… https://t.co/B3uqseFNjN
Los podólogos dan las pautas para la Semana Santa - Diario Sanitario https://t.co/XVuRiGpGbk
El domingo de Semana Santa estaremos en la “I Clásica Gandeira de Santa Comba” 🐮, asistiendo a los corredores con i… https://t.co/hRMZwvaw6d
El domingo-21 de Semana Santa estaremos en la “I Clásica Gandeira de Santa Comba” 🐮, asistiendo a los corredores co… https://t.co/DPUl6xcCqE
Consejos para los principiantes en el running y así evitar lesiones innecesarias https://t.co/7vktSb46Z3
Exploración biomecánica para evitar lesiones https://t.co/btxmgbUtKg
Recomendamos na exploración biomecánica previa a la práctica de running para prevenir lesiones Borja Pérez, presid… https://t.co/dKIUouSwG7
📸 Álbum de fotos de la jornada de asistencia podológica a los corredores del maratón Coruña42 , ayer domingo en la… https://t.co/vCr5IH6fAQ
🏃‍♂️🏃‍♀️Este domingo se celebra el VIII Maratón Atlántica @Coruna42 , y allí estaremos los podólogos‼️Asistiremos a… https://t.co/EanFoGTyEw
Nuestro presidente abrió ayer en el congreso de estudiantes en la facultad de FERROL. https://t.co/7ODHEggyWM
Borja Pérez: “Las acciones de los intrusos pueden afectar a la seguridad e integridad de las personas". Ofreció una… https://t.co/6B1cc3Y3is
Nuestro presidente Borja Pérez inaugurará mañana el VIII Congreso de Estudiantes de Podología que se celebrará en e… https://t.co/IotKyEibDq
Abrimos ✍️ del curso exploración biomecánica y técnica de adaptación en directo, que celebremos el 4 de mayo en la… https://t.co/bRiHrkaNvu
Si estás embarazada, mírate los pies. Reportaje en el suplemento #YES de @lavozdegalicia https://t.co/6T7ffUoRc3
La World Health Organization (WHO) celebra cada siete de abril, desde 1950, el Día Mundial de la Salud. Este año l… https://t.co/yFxlePTTSM