Noticias

O Colexio de Podólogos de Galicia asegura que os pés son a parte do corpo que máis sofre no verán e aconsella non camiñar con chancletas para evitar dedos en garra e fascite plantar

O Colexio de Podólogos de Galicia asegura que os pés son a parte do corpo que máis sofre no verán e aconsella non camiñar con chancletas para evitar dedos en garra e fascite plantar

Borja Pérez Serrano, presidente: “Gran parte do calzado usado nesta época estival non reúne as características adecuadas para os pés: falta de suxeición ou solas demasiado finas”

Os expertos explican que o calzado máis aconsellable é o que permite transpirar o pé, está fabricado con fibras naturais, é flexible e suxéitao adecuadamente

 

Coa chegada do verán os pés, afeitos levar calcetíns e calzado pechado durante tanto tempo, experimentan un cambio drástico. Ante esta situación, o Colexio de Podólogos de Galicia lembra que son unha das extremidades que máis sofren nos días de praia e recomenda prestar especial coidado nos meses de verán.

Os profesionais recomendan usar calzado con suxeición no nocello e ben ventilado e indican que o mellor calzado para esta estación serían as sandalias suxeitas ao pé. “Gran parte do calzado usado nesta época estival non reúne as características adecuadas para os pés: falta de suxeición ou solas demasiado finas” –sinala o presidente do Colexio de Podólogos de Galicia, Borja Pérez Serrano–.

Como imos deixar as chancletas na casa cando axexa a calor? Os podólogos tamén avisan de que hai distintos tipos de calzado, e hai que fixarse sempre no máis seguro. En aparencia, as chancletas son inofensivas, pero poden causar diversos tipos de patoloxías nos pés:

Inestabilidade: as chancletas fan que a marcha sexa moito máis inestable, con moitas máis posibilidades de sufrir unha torcedura ou escordadura.

Dedos en garra: o xesto de camiñar consiste en alternar un pé no chan con outro que voa en cada paso. Este tipo de calzado obriga a realizar “garra” cos dedos en cada fase de voo para non perder a chancleta. Este xesto non é fisiolóxico e xera unha maior tensión tanto en dedos como na planta do pé.

Fascite plantar: a fascite plantar é a inflamación da fascia plantar, que é o tecido que vai desde a base dos dedos ata o talón na planta do pé. A dor é bastante aguda e adóitase localizar na zona do talón. O uso de chancletas favorece a aparición da fascite plantar por dous motivos: o feito de ter que forzar a “garra” nos dedos aumenta a tensión que se xera na fascia plantar; e ao tratarse dun calzado moi plano favorece o aumento de tensión na fascia e nas estruturas musculares posteriores da perna como o tendón de Aquiles, xemelgos ou isquiotibiais.

Modifícase o patrón da marcha: a forma de camiñar modifícase co uso das chancletas ao dar pasos máis curtos. Desta forma altérase o funcionamento normal da musculatura da perna.

Dores de xeonllo, costas e cadeira: utilizando chancletas o apoio á ponte do pé é limitado, o que co seu uso frecuente lle pode producir a quen as utiliza molestas dores de costas, cadeira ou xeonllo.

Lesións: o uso prolongado de chancletas pode, ademais da fascite, producir lesións como, por exemplo, escordadura de nocello, pola nula suxeición que achegan.

Rozaduras ou bochas: excederse no uso de chancletas no verán pode causar abrasións nos pés e nos dedos. Estas feridas abertas fan que a persoa afectada sexa máis susceptible ás infeccións e aos xermes.

Dano solar: ao utilizar chancletas o pé está exposto ao sol un gran número de horas, o que fai que se poidan queimar con moita facilidade. Débese prestar especial atención ao dorso do pé, xa que é unha zona que adoita deixarse desprotexida e pode precisar protección mediante cremas protectoras solares.

Xoanetes: cando se utilizan chancletas non se pisa da maneira adecuada, polo que un distribúe o peso do pé de maneira distinta, sobrecargando zonas que poden terminar crecendo por sobrecarga de esforzo.

Hai que procurar non abusar das chancletas, non utilizalas de forma continuada e durante tempos prolongados pola inestabilidade que xera ao ter o pé menor suxeición. Non é un calzado deseñado para camiñar, e moito menos para correr, e pode xerar problemas co paso do tempo, como desenvolvemento de dedos en garra ou fascite plantar” –afirma o presidente–. Ademais, os profesionais da saúde do pé indican que, na medida do posible, non hai que camiñar descalzo en piscinas nin baños públicos, porque son lugares de contaxio potencial de fungos ou outras afeccións, e nestes casos si recomendan usar chancletas. Para erradicar aínda máis a posibilidade de contaxio, recoméndase non compartir o calzado nin a toalla, nin camiñar descalzo sobre moquetas de hoteis ou espazos públicos.

NON á sola plana

Tamén apuntan os expertos que se debe evitar a sola plana e fina porque os zapatos baixos carecen de elementos que permitan a amortecemento dos golpes que se producen ao camiñar, de maneira que o pé recibe impactos continuamente. E aconsellan optar por tacóns de entre 2 e 5 centímetros, xa que desta forma reduciranse os impactos e mellórase a posición do pé e do corpo tanto ao andar como ao permanecer de pé.

Tampouco hai que abusar das bailarinas e de deportivas. Os podólogos consideran que as bailarinas son tamén demasiado planas e adoitan ter puntas estreitas que apertan os dedos e poden provocar a aparición de dolorosos callos. No caso das deportivas, sinalan que se debe limitar o seu uso e non utilizalas de forma habitual porque poderían provocar sudación excesiva e aparición de fungos. Explican que o calzado máis aconsellable é o que permite transpirar o pé, está fabricado con fibras naturais, é flexible e suxéiteo adecuadamente evitando engarramento dos dedos e posibles torceduras.

Rozaduras polo cambio de calzado entre estacións

Momentos incómodos de empezar a levar sandalias tras o inverno ou ao estrealas, son as molestas rozaduras que poden producir a fricción. O Colexio de Podólogos de Galicia aconsella que antes de volver poñer unha sandalia do ano pasado ou estrear unhas novas, impregnes as tiras destas ou as zonas máis sensibles de facer dano, como a área dos laterais do pé e os talóns, de crema hidratante corporal e que as poñas con calcetíns durante polo menos media hora. Desta forma conseguirás que as tiras cedan un pouco e que os materiais se abranden.

 

chanclas web

Cómo tratar los pies secos y agrietados en verano https://t.co/FKutPJIeWR vía @hola
La Audiencia de Valencia ratifica la primera condena por intrusismo en Podología https://t.co/GidthuDbHO vía @valenciaplaza
Juan Dios y Borja Pérez completaron el traspaso de poderes con una última sesión de trabajo presidencial y la consi… https://t.co/qtwvKl83Tg
Juan Dios: «Cuidar los pies es algo indispensable», entrevista en @VozBar y @vozcarballo https://t.co/Ee4O3VR5tQ
Nuestro presidente Juan Dios asistió a la entrega de las #MedallasdeGalicia en la @CidadedaCultura, a los expreside… https://t.co/nKDlsUdhWB
Los consejos para el cuidado de los pies en verano, en el programa A Tarde @RadioGalega https://t.co/8I4JY9emLE
Los podólogos de Galicia recomienda proteger los pies de sus principales enemigos en verano, el sol y los hongos… https://t.co/HwzWfHD3EE
📌Las personas mayores son uno de los colectivos más propensos a sufrir dolencias en los #pies. ¿Cómo afectan estas… https://t.co/1vmgbSYKpf
Dale al ▶️ y escucha los comentarios de nuestro presidente, Juan Dios, en el programa Convivir de @RadioGalega en r… https://t.co/wulGw0HMib
📢📢‼️ Abierto el plazo de inscripción para el CURSO DE INICIACIÓN A LA CIRURGÍA DE MÍNIMA INCISIÓN que se celebra el… https://t.co/cxwnXNLUkf
Asistencia podológica en el medio rural de Galicia, artículo de opinión del presidente Juan Dios en @lavozdegalicia https://t.co/fBiNAFhggT
Podólogos galegos recomendan protexer os pés dos "seus principais inimigos" no verán, como o sol e fungos… https://t.co/zveuHDnqZR
Podólogos gallegos recomiendan proteger los pies de "sus principales enemigos" en verano, como el sol y hongos https://t.co/Gz3YNCJOZ0
Atención para verano‼️ Recomendamos proteger los pies 👣de sus principales enemigos, el sol 🌞 y los hongos 🦶… https://t.co/4RPbVqmRTr
Evitar las ampollas y lesiones en el Camino de Santiago, nuestros consejos en la revista @diezminutos_eshttps://t.co/XxL9ioZk1z
Rocío Dono: «Podemos facer todos os tratamentos que precise o pé, incluída a cirurxía». La nueva vicepresidenta del… https://t.co/wkipib8rae