Novas

El Colexio de Podólogos de Galicia organiza mañá unha xornada multidisciplinar centrada na dermatoloxía e as infiltracións de coláxeno

El Colexio de Podólogos de Galicia organiza mañá unha xornada multidisciplinar centrada na dermatoloxía e as infiltracións de coláxeno

Asistirán cincuenta podólogos para actualizar a súa formación

Celebrarase na sede de Santiago, a partir das 10:00 horas

El Colexio de Podólogos de Galicia (COPOGA) celebrará mañá sábado, día 8, unha xornada de actualización en podoloxía centrada na dermatoloxía e nas infiltracións con coláxeno. Impartirase na sede do colexio (avda. Quiroga Palacios, 65. Santiago) a partir das 10:00 horas. Esta actividade está patrocinada polos laboratorios Medea e ASAC Farma. Participarán, de maneira gratuíta previa inscripción, cincuenta podólogos.

A xornada de actualización en podoloxía preséntase como unha forma de profundizar en conceptos multidisciplinares, co obxecto de estreitar relacións con outras especialidades sanitarias. Nesta ocasión falarase de dermatoloxía e infiltracións con coláxeno.

A doutora Aquilina Ramírez, médico especialista en Dermatoloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS), comentará as diversas afeccións dermatolóxicas que poden aparecer nos pés, os posibles diagnósticos diferenciais e os seus tratamientos. As alteracións dermatolóxicas nos pies son unha das principais consultas dos podólogos, sempre derivadas dalgún problema grave de biomecánica ou apoio dos pés. No caso de que o paciente padeza unha afección sistémica, o podólogo terá que derivalo a un especialista en dermatoloxía.

O coláxeno, indicado para tratar artrose e artrite

O relatorio sobre infiltracións de coláxeno e a súa aplicación na podoloxía correrá a cargo da doutora en Medicina e Cirurxía e responsable do Servizo de Medicina do Deporte do Centro Médico de Asturias, Mª Luisa Ruiz. Presentará un novo tratamento, chamado MD-Colágeno, que é coláxeno tipo I moi efectivo para tratar patoloxías do aparato locomotor, tanto agudas como dexenerativas.

Durante a charla falará das bases biolóxicas do MD-Colágeno e as súas vías de aplicación. Nunha segunda parte, a doutora Ruiz comentará as patoloxías máis frecuentes en podoloxía, susceptibles de ser tratadas con coláxeno.

Mª Luisa Ruiz explica que o efecto esencial do coláxeno é ser rexenerador de tecidos, analxésico e por tanto, o seu obxecto é mellorar a súa función do tecido afecto. “Na aplicación do coláxeno todo son vantaxes, non presenta efectos secundarios, e pode tratarse a pacientes de calquera idade con patoloxías sistémicas asociadas” –explica–.

Ademais, a doutora indica que se trata dun tratamento local suministrado mediante unha inxección, que permite mesmo tratar a pacientes anticuagulados xa que o coláxeno pódese poñer vía subcutánea, periarticular ou intraarticular.

En relación ás patoloxías que se poden tratar con coláxeno atópanse as metatarsalxias, talalxias e sesamoiditis, un tratamento que ten un efecto analxésico sobre a lesión. Tamén indica a doutora que se poden tratar bursites con efecto antiinflamatorio e analxésico, un neuroma de Morton ou calquera tendinose, espolóns, disfuncións da fascia plantar, artrose e artrite, ademais de realizar infiltracións co compoñente como efecto reparador de tecido danado.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

🔸🗣¿Quieres actualizarte sobre pie plano y los estudios biomecánicos infantiles? Anótate YA en el curso que organiza… https://t.co/jryRjlssCz
¿Sabíais que el pie zambo se suele descubrir al nacer👶? Es una afección que se puede detectar desde edades bien tem… https://t.co/yYb6ubwSIE
🔶 🗣 No paramos nuestra actividad, y hoy se ha reunido la comisión de intrusismo, compuesta por el presidente Juan D… https://t.co/IJgn6ORGM4
Insisten en evitar los sabañones y que no se vuelvan crónicos, en @vozdesantiago https://t.co/kKUPVQ4Q0d
Los podólogos recomiendan evitar contrastes térmicos para prevenir sabañones https://t.co/6lZD2lyngB vía @laopinioncoruna
Usar calzado y calcetines aislantes y evitar los contrastes de frío-calor, claves para prevenir los sabañones en in… https://t.co/eNXaYXigIB
Los podólogos aconsejan "calzado y calcetines aislantes" y evitar contrastes térmicos para prevenir sabañones… https://t.co/FOTxDSI5Ic
Los podólogos gallegos aconsejan "calzado y calcetines aislantes" y evitar contrastes térmicos para prevenir sabaño… https://t.co/1V1sNNM80e
Os podólogos galegos aconsellan "calzado e calcetíns illantes" e evitar contrastes térmicos para previr frieiras… https://t.co/E67qxce1hF
Recomendaciones para el frío invernal ☃️❄️, usar calzado y calcetines aislantes, evitar los contrastes de frío-calo… https://t.co/BWQgyiolnv
Un diagnóstico precoz y un tratamiento adecuado, con hábitos de vida saludables, pueden evitar que el pie reumático… https://t.co/2jg0y3TILl
#formación Mañana sábado celebramos un curso sobre podología reumática en nuestra sede en Santiago 👣 La jefa de se… https://t.co/8Mi2UKv25B
🗞 🗣 ¡Extra, extra! Ya tenemos aquí el 1º boletín del año, con un resumen de la actividad y difusión en medios de la… https://t.co/UeU2Yna8QL
Para empezar el año con buen pie 👣, os recomendamos la lectura del último boletín de 2019 del @CGPodologoshttps://t.co/Z13Z8cvJww
Feliz Año a tod@s‼️ ¿Ya tenéis hecha vuestra lista de propósitos para este 2020? Os recordamos que no se os puede o… https://t.co/hgcGBRSM2j