Noticias

O Colexio de Podólogos de Galicia recomenda protexer os pés do sol cunha crema de alta protección para evitar queimaduras nas plantas

O Colexio de Podólogos de Galicia recomenda protexer os pés do sol cunha crema de alta protección para evitar queimaduras nas plantas

Borja Pérez Serrano, presidente: “Se notas que queimaches os pés o primeiro é metelos en auga”

Correr sobre a area mollada fortalece nocellos, xemelgos e cuádriceps

Cos primeiros días de praia e piscina convén protexer os pés do sol e das superficies quentes. En contra do que pode parecer, o Colexio de Podólogos de Galicia sinala que adoita haber máis queimaduras nos pés por falta de crema que por pisar area ou chans requentados. “Non é fácil que un se queime soamente pola temperatura da area, porque é moi pouco tempo de exposición. É máis fácil que se queimen polo sol porque os levaches todo o ano escondidos. Na cara e nos brazos máis ou menos dáche o sol ao longo do ano, pero na planta do pé non che deu nada. É entón cando te pos boca abaixo e poder queimar a planta do pé” –indica o presidente do Colexio, Borja Pérez Serrano–.

Os podólogos explican que se unha persoa nota que queimou os pés o que ten que facer é tratalo como unha queimadura, é dicir, arrefriándoa canto antes. “Se notas que queimaches os pés o primeiro é metelos en auga” –destaca o presidente–. Para a protección dos pés hai que usar crema solar. Normalmente, os pés deben levar unha protección máis alta que o resto do corpo xa que non están afeitos a que lles dea o sol.

Correr sobre a area descalzo esixe ata 2,5 veces máis enerxía

O verán é a época preferida por moitos para correr pola praia, xa que permite realizar un adestramento distinto, fuxindo do asfalto. O Colexio de Podólogos de Galicia sinala que non resulta nada sinxelo adestrar pola praia, e é que correr sobre a area descalzo esixe ata 2,5 veces máis enerxía e o movemento que se fai ao levantar os pés da area implica que o corpo traballe moito máis.

A diferenza dunha superficie dura, os músculos realizan un traballo máis mecánico ao correr ou camiñar sobre a area, posto que o talón non se apoia no chan da mesma forma que sobre o asfalto, e o corpo debe adaptarse e ceder a responsabilidade do equilibrio aos músculos que están ao redor do nocello, que debe facer un esforzo extra por manter o pé firme” –destaca o presidente–. Explica que con cada zancada os dedos dos pés se introducen na area e ao sacalos de novo provocan que entren en escena os músculos da parte posteroinferior da perna (xemelgos), que deberán exercitarse máis.

Así, Pérez Serrano advirte que este tipo de traballo sen calzado está máis pensado para atletas con experiencia, que teñan ben reforzados os músculos. Para o resto de deportistas aconsella empregar unhas zapatillas, salvo no caso de que decidan correr pola area mollada, onde a superficie é máis lisa e compacta.

A area, un exfoliante natural

Os especialistas do pé indican que correr sobre a area mollada resulta perfecto para traballar a propiocepción, que actúa como método de defensa ante movementos que poden lesionar as articulacións, e tamén conta con outros beneficios moi interesantes co fortalecemento de nocellos, xemelgos e cuádriceps.

Outras vantaxes desta práctica, segundo os expertos, é que a area é un perfecto exfoliante natural, e ao correr increméntase a fricción da pel da planta do pé coa area polo que se conseguirá unha pel máis suave, aínda que lembran que se se corre descalzo córrese o risco de cravarse calquera corpo estraño.

Ademais, os podólogos apuntan que hai que ter coidado coa pisada, porque cos desniveis e irregularidades do terreo a pisada é antinatural e poden xurdir lesións. “Este tipo de adestramento desaconséllase no caso das persoas con problemas nos tendóns ou nas articulacións” –suxire o presidente–.

 

Pies verano

Mitos y verdades sobre el pie infantil, #prevenciónenlosmáspequeños Faro de Vigo https://t.co/tzifAUr9NZ
¿Sabes qué las personas con cáncer de mama deben extremar los cuidados de sus pies? 🎗En el… https://t.co/huBKtppVYE
Inaugurado el @CongrePodologia en Santander, al que asiste nuestro presidente Juan Dios #formación #podoogíahttps://t.co/S0wrG7Z88u
A debate: el uso de tacones en la oficina. El presidente del @ColexioPodologo, Juan Dios, ha participado hoy en est… https://t.co/qgdkZemxPc
Os pés dos pequenos centran unha xornada en Ferrol con motivo do Día da Podoloxía, en @G24Noticias de Televisión de… https://t.co/VXevL2LVeg
Inciden en la prevención y atención temprana para evitar trastornos en el pie adulto, en @diarioferrol https://t.co/yojsuB02wF
Jornada sobre el pie infantil en @vozferrol https://t.co/8Lrr2aUXy4
La pedagoga Yolanda Rial presentó su cuento dedicado a los pies. @vozferrol @diarioferrol @RadioGalega @Radio_Vozhttps://t.co/GwuFD1a6xu
Un 46% de los niños presenta morfología de pie plano en la huella plantar, según un estudio https://t.co/zeDHvbZOgK
Coidar os pés dende pequenos , en @ecodixital https://t.co/84o8OXAFo5 https://t.co/gNtNyBcC5m
Celebramos una jornada de pie infantil en el Día de la Podología, para incidir en la prevención y atención temprana… https://t.co/pNMTw0IOUn
Hoy, en el @IntPodiatryDay, nuestra vicepresidenta Rocío Dono, se anima con un selfie para apoyar a la profesión… https://t.co/CX7fbSwdXT
Iniciamos o Día da Podoloxía na Facultade de Ferrol @RadioGalega @TVGalicia @diarioferrol @CopeGalicia @Radio_Vozhttps://t.co/Ai0ZwQlQhT