Novas

As exploracións biomecánicas axudan aos podólogos a comprender o funcionamento e resolver doenzas dos pés

As exploracións biomecánicas axudan aos podólogos a comprender o funcionamento e resolver doenzas dos pés

O estudo da marcha realízase con cintas de carreira, gravacións de vídeo de alta velocidade ou plataformas de presións

Fran Monzó, relator:
“A maioría de lesións están asociadas á presenza de pés planos, cavos ou valgos ou mesmo a factores externos como a vida laboral, o calzado ou a actividade deportiva”

O Colexio de Podólogos de Galicia organiza un curso de actualización en Santiago no que participan máis de 35 podólogos

O Colexio de Podólogos de Galicia celebra hoxe e mañá sábado un curso de actualización en podoloxía clínica, cirúrxica e biomecánica na súa sede de Santiago de Compostela (rúa Quiroga Palacios, 65). O curso, que se impartirá entre os meses de febreiro e xuño en tres módulos temáticos, contará coa participación de máis de 35 podólogos.

O primeiro módulo, sobre biomecánica e ortopodología, comeza coa intervención do podólogo Fran Monzó, especialista en biomecánia e ortopedia do pé e profesor do Grao de Podoloxía da Universidade Miguel Hernández de Alacante. A sesión impártese hoxe venres en horario de 16:30 a 20:30 horas e o sábado de 9:30 a 13:30 horas e de 16:00 a 20:00 horas.

O experto explica que a exploración biomecánica do nocello e pé é unha ferramenta clínica composta por diferentes técnicas e manobras de exploración para conseguir a maior cantidade de datos morfolóxicos e funcionais. Así poderase compreder de forma precisa “como funciona e se comporta o pé durante a súa actividade diaria, social ou deportiva co fin de resolver as súas doenzas podológicas”.

Monzó indica que durante as actividades de carga –camiñar, correr ou saltar–, os pés soportan grandes cantidades de forzas provenientes do peso corporal e irregularidades do chan. Neste punto, o podólogo sinala que os diversos tecidos, sexan músculos, tendóns, ligamentos ou ósos teñen que adaptarse a estas situacións para que os pés se comporten como “unidades funcionais capaces de facer calquera actividade sen dano algún”.

Actualmente, Monzó destaca que existen diversas metodoloxías de exploración biomecánica para observar o funcionamento do pé e a orixe das doenzas do paciente. Un dos métodos máis eficaces é a exploración “Tissue Stress Model”. Este mecanismo proporciona información válida para detectar as estruturas musculares, tendinosas e óseas sometidas a demasiada tensión deformante ou daniña. “Esta técnica permítenos realizar un diagnóstico da alteración podológica do paciente e aplicar procedementos preventivos e predictivos ortopédicos, rehabilitadores ou cirúrxicos” –explica–.

Unha vez finalizada a exploración biomecánica os podólogos obteñen a información necesaria para coñecer a causa médica e implantar un tratamento de mellora da doenza do paciente. Monzó di que as patoloxías máis frecuentes que se observan co estudo da pisada son a dor no talón ou fascites plantares, molestias na planta do pé asociadas a durezas, inestabilidade lateral de nocello ou escordaduras de repetición, tendinite aquíleas ou outras alteracións en articulacións como o xeonllo. “A maioría de lesións están asociadas á presenza de pés planos, cavos ou valgos ou mesmo a factores externos como a vida laboral, o calzado ou a actividade deportiva” –indica–.

Exploración en carga e descarga

O protocolo de exploración biomecánica inclúe unha entrevista previa co paciente. En primeiro lugar, Fran Monzó explica que se fai unha exploración “en descarga” co paciente na padiola para unha valoración articular do pé, unha análise da forza muscular e posibles diferenzas de lonxitude entre as extremidades. A continuación, o podólogo indica que se realiza unha exploración “en carga” para ver o comportamento e morfoloxía do pé en estática por medio de test clínicos e medicións angulares, ademais dun estudo da marcha ou carreira. “Na valoración dinámica podemos utilizar cinta de marcha, gravacións con cámaras de vídeo de alta velocidade, plataformas de presións e forzas, patróns de normalidade ou zonas de máxima carga ou presión na planta do pé” –engade–.

Para mellorar a calidade de vida dos pacientes, Monzó subliña que os podólogos tamén prescriben tratamentos ortopédicos con plantilas totalmente personalizadas, feitas cun molde real do pé. O podólogo explica que esta especialidade evolucionou rapidamente nos últimos anos, pasando de confeccionar pantillas con pegadas plantares de tinta ou moldes de escaiola á implantación de métodos informáticos para obter unha imaxe en 3D do pé e o uso de sistemas CAD-CAM ou impresoras tridimensionais.

O curso continuará os días 13 e 14 de marzo co segundo bloque do módulo de biomecánica. Trátase dun curso práctico de podoloxía deportiva e plataforma de presións. Estará impartido polo podólogo do Elxe CF SAD e do Pozo Murcia Fútbol sala, José Antonio Berná; e os podólogos e profesores do Máster de Podoloxía Deportiva na Universidade Católica San Vicente Mártir de Valencia Miguel Blanco e Manuel Mosqueira.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

La Junta de Gobierno se reunió ayer para tratar cuestiones de interés para la profesión y colegiad@s: temas con la… https://t.co/RBQcIPMtcb
#conlosmedicamentosnohayexcusas Muchas veces los pacientes no son conscientes de los efectos que puede conllevar la… https://t.co/ZI0u5qGfxg
«Pero... ¿para esto hace falta receta?» https://t.co/dnXss6iQXB
Intervención de nuestro presidente, Juan Dios, en la rueda de prensa del Colegio de Farmacéuticos presentando la ca… https://t.co/xJRCILilVB
El 90 de los farmacéuticos gallegos reciben cada día peticiones de medicamentos sin receta https://t.co/VEgIce7QLC
🔹El presidente Juan Dios ha asistido hoy al IX Congreso de Estudiantes de Podología, organizado por la Asociación d… https://t.co/PUIwUEcBty
La farmacia coruñesa liderará una campaña contra la automedicación promovida junto a los prescriptores… https://t.co/veRiyZaQ31
La campaña “Siempre con receta” en el Telexornal Galicia, con declaraciones de nuestro presidente Juan Dios… https://t.co/i21AzrK2xm
El presidente del Colexio de Podólogos de Galicia, Juan Dios, participó ayer en la presentación de la campaña sobre… https://t.co/jOtWlzTDgA
"Pero ¿para esto hace falta receta?" https://t.co/wFYp04fe2f vía @laopinioncoruna
Las farmacias de A Coruña inician una campaña informativa sobre la importancia de la receta médica https://t.co/Hn6QUa9xcx
Inicia unha campaña informativa sobre a importancia da receita médica na Coruña https://t.co/UdmJKD0erx vía @Gconfidencial
Las farmacias de A Coruña inician una campaña informativa sobre la importancia de la #recetamédica Médicos, odontó… https://t.co/R86QhZwFxS